 |
|
|
|
|
Convocatorias de Xuntas ordinarias de Delegación do mes de abril |
|
| Informase da convocatoria das Xuntas ordinarias de Delegacións do Colexio, a celebrar no mes de abril, que se indican a continuación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TEXTO CONSOLIDADO DA LEI DO SOLO DE GALICIA |
|
| Arquivo cedido pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia para a súa difusión. Contén o texto consolidado da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e inclúe diferenciadas por cor as quince modificacións que experimentou a norma desde a súa entrada en vigor. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualización de Utilidades COAG. Normativa de Obrigado Cumprimento |
|
| Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, o listado de Normativa de Obrigado Cumprimento actualizado a 15 de abril de 2025, recollendo todas as novidades lexislativas publicadas desde a actualización anterior de 15 de febreiro de 2024 Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas “Xentes, espazos e lugares” 2025 “Arte, Arquitectura e Natureza nas paisaxes que habitamos” |
|
| SANTIAGO _ “A arquitectura como instrumento de relación coa Natureza” Xoves, 24 de abril ás 17:00 h. no Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, 2, 15704 Santiago de Compostela) A asistencia é gratuíta, sendo precisa a inscrición. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mostra “MI LABERINTO… Desde el interior a lo efímero” de Daniel Rivoira Zecca |
|
| O vindeiro xoves 24 de abril, ás 19:00 h., terá lugar na sala da Delegación colexial en Vigo (Dr. Cadaval, 5) a inauguración da mostra do compañeiro Daniel Rivoira Zecca "MI LABERINTO... Desde el interior a lo efímero", dentro das Axudas a actividades culturais 2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do libro de banda deseñada «Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume» |
|
| O mércores 30 de abril, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a presentación do libro «Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume» editado pola Deputación da Coruña, na que participarán os autores desta banda deseñada xunto cos arquitectos/as responsables da rehabilitación do monumento. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mostra de Arquitectura Rural MARCO |
|
| M.A.R.C.O. ...é M.OSTRA, e propón EXPOSICIÓNS, ACTUACIÓNS, OBRADOIROS e CONVERSAS nos eidos da ARQUITECTURA, ESCULTURA, PINTURA, DANZA, MÚSICA, LITERATURA, CINE, FOTOGRAFÍA, ILUSTRACIÓN; ...é A.RQUITECTURA, e expón exemplos de arquitectura a través da ruta de visitas a vivendas de Vedra “O MELLOR DE CADA CASA”; ...é R.URAL , e está presente e mostrando o seu xeito de vida a través de todas as accións do festival; ...é CO.BERTOS, construcións de aldea por excelencia, que acollerán as actividades;... é CO.PERACIÓN, como xeito de vida que se basea na participación comunitaria da veciñanza, visitantes, profesionais, curiosos,...; é CO.RELACIÓN, e intégrase dentro do PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL do Concello de VEDRA. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada “Arquitectura, construcción e pizarra en Valdeorras: un diálogo cara o futuro de Ourense” |
|
| O Clúster da Pizarra organiza no Centro Cultural Marcos Valcárcel unha xornada sobre arquitectura, tradición e futuro para Ourense. Un encontro con raíces e visión. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Delegación de Lugo – Visita ás instalacións de Xilonor en Coirós, A Coruña o 13 de maio |
|
| Coa proposta de seguir coñecendo os procesos industriais na transformación da madeira, a delegación en Lugo do COAG organiza outra xornada para as súas colexiadas e colexiados coa visita ás instalacións da planta de XILONOR, empresa galega pioneira na produción de taboleiros CLT en Galicia, e situada no Polígono Industrial de Coirós; Km. 565 da N VI, en Pedrapartida de Coirós, A Coruña; o próximo día martes 13 de maio ás 11:30 h. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Taller de arquitectura “En la orilla” |
|
| O taller está coordinado por Juan Creus e Covadonga Carrasco e contará coa participación de Emilio Tuñón + Andrés Regueiro (TUÑÓN + ALBORNOZ Arquitectos) / Mireia Luzárraga + Alejandro Muiñou (TAKK Architecture) / Ángela García de Paredes + Ignacio Pedrosa + Luis G. Pachón (PAREDES PEDROSA Arquitectos) / Mariña Otero + Ippolito Pestellini / Juan Creus + Covadonga Carrasco (CREUSeCARRASCO Arquitectos). O obxectivo é indagar sobre o paradigma sostible utilizando como campo de traballo e residencia a illa de San Simón na ría de Vigo. Do venres 11 ao sábado 19 de xullo de 2025 Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada Profesional de Infoconstrucción e DPArquitectura |
|
| Infoconstrucción e DPArquitectura organizan unha nova edición das súas xornadas profesionais. Os profesionais da construción teñen unha importante cita en Santiago de Compostela. Arquitectos, arquitectos técnicos, construtores e instaladores poderán coñecer de maneira presencial as características de interesantes e novos produtos e servizos para a arquitectura e a construción en xeral. A cita comeza ás 9:00 horas e terá lugar no Hotel Santiago Praza Coruña (Rúa do Restollal, 24) 29 de abril - Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|