 |
|
|
|
|
Resultado do concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista “Obradoiro” do COAG, números 35-36-37. |
|
| A Xunta de Goberno, na súa sesión 1/2025, con data 16 de xaneiro, acordou aprobar da proposta de resolución elaborada polo xurado designado para a valoración das candidaturas presentadas ao concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista “Obradoiro” do COAG, números 35-36-37. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Eleccións AGAAP 2025: Censo electoral |
|
| Conforme ao previsto na circular 28/2024, lémbrase que o vindeiro 13 de marzo de 2025 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ponencia “ÁNCORA OU TRAMPOLÍN” |
|
| Co título de “Áncora ou Trampolín”, os arquitectos María González e Juanjo López de la Cruz, fundadores do estudio de arquitectura Sol89, impartirán unha ponencia o vindeiro venres 24 de xaneiro. A ponencia, organizada pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, terá lugar as 17:30 horas no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acto de entrega dos Premios Próximos 2024 |
|
| O vindeiro venres 24 de xaneiro, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2024 dos Premios PRÓXIMOS, organizado pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos. Os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás indicacións que se relacionan. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acto de entrega dos Premios Gran de Area 2024 |
|
| O vindeiro sábado 25 de xaneiro, terá lugar no Espazo Socio Cultural Tui o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2024 dos Premios Gran de Area, organizados polas Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectos. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Memorias de actividade |
|
| O mércores 29 de xaneiro ás 12:00 horas, Ignacio Soto González falaranos sobre as memorias de actividade, normativa, tramitación, prazos, control, cambios de titularidade, contido etc. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberto prazo de matrícula para o Curso “Renovación urbana e rexeneración urbanística: Cidades, Aldeas, Aldeas e Lugares. Territorio Cooperativo e Decrecemento. Escenarios e proxección dunha proposta de xestión do sistema rural galego”_COAG-EGAP |
|
| Segundo dos cursos coorganizados. polo COAG e a EGAP, que forman parte do itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio Este curso ten como obxectivo poñero o foco nos municipios e núcleos de menor escala da nosa contorna inmediata, analizando as características propias da rexeneración en lugares onde as problemáticas xerais tamén son de aplicación pero que se manifestan de xeito diferente. Búscase estimular unha reflexión sobre estratexias e ferramentas para a xestión e rexeneración dos núcleos habitados de Galicia, que non poden ser nin as do urbanismo tradicional, nin as de sistemas urbanos de maior escala. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de práctica profesional 2025 |
|
| Un ano máis, o COAG desenvolverá durante as próximas semanas unha nova edición do curso de Práctica Profesional. Este curso ten como obxectivo facilitar aos arquitectos unha ferramenta de axuda no coñecemento dos aspectos esenciais relacionados co exercicio da nosa profesión nos seus diferentes ámbitos, servindo ademais como iniciación aos profesionais máis recentes. Así, o curso está dirixido a: Arquitectos con experiencia que desexen actualizar os seus coñecementos nos distintos aspectos e ámbitos relacionados coa práctica profesional. Arquitectos que se están iniciando na práctica profesional da arquitectura. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda |
|
| Actualizado 16 | 01 | 25 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas |
|
| RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A). Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de formación por Beca FUAC_FEUGA |
|
| Estudo de arquitectura con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para formación por beca FUAC / FEUGA Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2025 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|