Colexio | Emprego
Colexio
Convocatoria de Xunta Xeral extraordinaria a celebrar o 19 de decembro
| Publicación: 13 de decembro |
|
 |
Tal e como se anuncia na Circular 27/2023, a Xunta de Goberno adoptou o acordo de convocar unha Xunta Xeral extraordinaria para aprobar, se procede, o Regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas Urbanistas” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Na mesma circular figura o acordo de Aprobar o Presuposto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o exercicio 2024 que recolle a proposta de cotas colexiais e de servizos voluntarios e proceder á súa elevación á Xunta Xeral para a súa aprobación definitiva.
Enlace á noticia. |
Curso de Seguridade e saúde nas obras de construción. Criterios prácticos para a elaboración de EBSS e desenvolvemento da CSS
| Publicación: 5 de decembro |
|
 |
O obxectivo do curso é acadar unha visión xeral da xestión da Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, pero centrándose especialmente naquelas actuacións que non requiren a designación expresa dun Coordinador de Seguridade e Saúde (en cumprimento do RD 1627/1997), cando o director da obra asume estas tarefas de forma implícita e non intervén un especialista en prevención de riscos.
Enlace á noticia. |
Exposición Heritagers + Magosto colexial
| Publicación: 13 de decembro |
|
 |
O venres 15 de decembro, a partir das 19:00 h. e coincidindo coa inauguración da exposición HERITAGERS terá lugar, na Delegación de A Coruña do COAG, un MAGOSTO COLEXIAL, con castañas recén asadas polos castañeiros da Praza de Lugo da Coruña e tortas de castaña recén chegadas dos soutos do Courel; unha forma de celebrar estas datas cun froito que forma parte dunha cultura e dunha paisaxe milenarias.
Enlace á noticia. |
Xornada de casos de éxito: Edificio para sede de Norvento
| Publicación: 11 de decembro |
|
 |
O xoves 14 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible con este edificio para sede de Norvento de Patxi Mangado Beloqui en Lugo.
Enlace á noticia. |
Gravación da Xornada Novxs Arquitectxs da Delegación de Santiago
| Publicación: 11 de decembro |
|
 |
Está dispoñible no CanalCOAG a gravación da xornada que tivo lugar o pasado 27 de setembro, con motivo da celebración dos cincuenta anos do COAG.
Enlace á noticia. |
EXPOSICIÓN HERITAGERS Unha reflexión sobre o patrimonio arquitectónico e o turismo
| Publicación: 7 de decembro |
|
 |
O venres 15 de decembro, ás 19 horas, inaugúrase a exposición Heritagers que terá lugar na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Unha mostra ideada e comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar (col. COAG nº1394), cun equipo integrado por Laura del Monte, Beatriz Ascanio, Aldara García e Cecilia Martínez –estudantes do Máster Universitario de Arquitectura–, a partir do proxecto realizado nos IV Encontros Residencia Artística no Pazo de Mariñán, do verán de 2023.
Enlace á noticia. |
REHABILITAR, PASO A PASO
| Publicación: 11 de diciembre |
|
 |
Un tríptico resume os 10 pasos que hai que dar para rehabilitar un edificio con garantías e os beneficios para a saúde dos seus habitantes.
Enlace a la noticia. |
IX edición de la Convocatoria Arquia/Próxima
| Publicación: 11 de diciembre |
|
 |
La Fundación Arquia tiene abierta la IX edición de la Convocatoria Arquia/Próxima para la catalogación y selección de obras arquitectónicas realizadas en los primeros 10 años de profesión de sus autores.
Enlace a la noticia. |
Emprego
Oferta de emprego
| Publicación: 13 de decembro |
|
 |
UVE VALORACIONES S.A. selecciona varios postos de arquitecto/a autónomo como taxador externo para a zona de Ourense.
Enlace á noticia. |
|
|