Axenda
Boletín de Información 33 - 2022

Colexio| Emprego | Eventos


Colexio

Convocatoria de candidaturas recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2022”

Publicación: 31 de agosto  
Sendo conscientes do valor aportado por outros membros da nosa Sociedade na defensa dos valores que queremos representar para construír dende arquitectura e o urbanismo un mundo mellor, dende a Xunta Directiva da Delegación de Santiago quérese facer un recoñecemento explícito a aqueles que nos acompañan no proceso de xeito excepcional.
Enlace á noticia

Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2022

Publicación: 23 de agosto  
Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2022», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 22 de setembro.
Enlace á noticia

ProxectoTERRA – Aberta a convocatoria de Sementeiras – Obradoiros Transdisciplinares 2022 para Educación Infantil, Primaria e Secundaria – Chamada a axentes

Publicación: 22 de agosto  
Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Obradoiros transdisciplinares 2022 para Educación Infantil e Primaria e Secundaria, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2022, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.
Enlace á noticia
 

Aviso de peche da delegación de Ferrol

Publicación: 22 de agosto  
Infórmase que, por motivos de funcionamento interno, as oficinas da Delegación de Ferrol permanecerán pechadas ate novo aviso.  Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Enlace á noticia
 

Convocatoria para a configuración dun listado de colexiados interesados en recibir encargos de afectados polo incendio ocorrido no mes de xullo no concello de O Barco de Valdeorras

Publicación: 3 de agosto  
Tal e como se anuncia na Circular 17 2022, anúnciase a convocatoria para a elaboración dun listado no que figuren os colexiados interesados en recibir encargos dos veciños afectados polos incendios no concello de O Barco de Valdeorras, con dispoñibilidade inmediata, para realizar os trámites de solicitudes de axuda, memorias, proxectos de reconstrucción, xustificación de subvencións…
Enlace á noticia

Emprego

Concello de Ribeira – Bolsa de emprego para nomeamento de funcionario/a interino/a na categoría de arquitecto/a

Publicación: 30 de agosto  
No BOP A Coruña de 30 de agosto, aparece o anuncio do Concello de Ribeira coas Bases reguladoras do proceso selectivo para a constitución dunha BOLSA DE EMPREGO para o nomeamento de funcionario/a interino/a na categoría de ARQUITECTO/A.
Enlace á noticia

Eventos

14ª Conferencia Española Passivhaus en Santiago de Compostela

Publicación: 30 de agosto  
Do 21 ao 24 de setembro. 09:00 a 20:00 horas

O mercores 21 de setembro comenza a conferencia Española Passivhaus máis importante a nivel nacional que reúne os maiores expertos en edificios de consumo casi nulo baixo o estándar.
Enlace a la noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400