|
|
|
|
|
Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2026 – Últimos días |
|
|
| Tal e como se indica na Circular 14 2026, a Xunta de Goberno, na súa sesión 18/2026 de 24 de setembro, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados. Prazo: ata as 13:00 horas do día 10 de novembro de 2026. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: IA e BIM aplicados á normativa de Edificación |
|
|
| O mércores 4 de novembro, ás 12:00, o COAG celebra unha nova xornada na que Ricardo Prieto Antúnez e José Miguel Benítez Rebollo, de Normatia, abordarán as posibilidades e limitacións da intelixencia artificial aplicada á consulta e verificación da normativa de edificación. Analizaranse os principais riscos destas ferramentas, como as respostas erróneas, as referencias normativas inexistentes ou desactualizadas, e exporanse boas prácticas para garantir a fiabilidade, trazabilidade e adecuada verificación da información. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito “MODULUS MATRIX – 85 Social housing in Cornellà” _ PERIS+TORAL ARQUITECTES |
|
|
| O mércores 18 de novembro, ás 12:00, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito en rehabilitación, coa exposición do proxecto “MODULUS MATRIX - 85 Social housing in Cornellà” do estudo PERIS+TORAL ARQUITECTES. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso_”Comunicar a arquitectura. Estratexias e ferramentas para posicionar o teu estudo de arquitectura” |
|
|
| Este curso ofrece unha visión integral da comunicación aplicada á arquitectura, entendida como unha ferramenta estratéxica que acompaña o proxecto desde a súa concepción ata a súa difusión. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Programación novembro 2026 |
|
|
| #COAGconta é unha canle a través da cal os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Apoio á actividade profesional. Dispoñibilidade de sala para colexiados/as na Delegación da Coruña. Experiencia piloto de oficina aberta |
|
|
| En resposta á demanda dos nosos colexiados/as, unha das salas da Delegación da Coruña, a especificada no plano como box EPB1, estará dispoñible para que, en horario de apertura da Delegación, poidades reunirvos nela, para colaboracións profesionais ou académicas, así como para manter reunións puntuais cos vosos clientes, cuestións especialmente demandadas polos colexiados/as que traballades en rede. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Isabel Izquierdo Peraile, «Museo Arqueológico Nacional: Tras la reforma integral, presente y futuro». |
|
|
| A Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acolle un encontro con Isabel Izquierdo Peraile, directora do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN), baixo o título «Museo Arqueológico Nacional: Tras la reforma integral, presente y futuro» Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LER COMPOSTELA. A cidade como palimpsesto |
|
|
| Compostela é unha cidade composta. A súa arquitectura, as súas rúas, os seus espazos e as súas relacións co territorio conservan as pegadas de sucesivas transformacións históricas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación especializada UAPFE/CSCAE ‘El arquitecto perito en situaciones de emergencia: Tierra, Agua, Fuego’ |
|
|
| La UAPFE/CSCAE presenta un nuevo programa de formación especializada. La propuesta de esta formación es consecuencia de muchos de los acontecimientos de emergencia que observamos en los últimos años. Lo que en un momento podía parecer una circunstancia excepcional, cada día observamos que son casos más cotidianos y recurrentes. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IX Jornadas de Rehabilitación y entrega de premios CMD de Arquitectura en Madera |
|
|
| Informamos de la celebración de las IX Jornadas de Rehabilitación y entrega de premios CMD de Arquitectura en Madera que celebraremos el próximo 12 de noviembre en la Ciudad de la Cultura. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2026 |
|
|
| No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de outubro no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|