|
|
|
|
|
Convocatoria de reunión telemática do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG |
|
|
| Logo de ter convocada a inscrición na bolsa de profesionais do COAG para estruturar o despliegue territorial do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG que servirá como interlocutor técnico oficial ante as diferentes administracións ou colectivos de persoas afectadas no territorio galego, asi como para formar parte do Grupo de Arquitectos Voluntarios de Emerxencias a nivel estatal, comprácenos convocar unha primeira reunión telemática coas persoas inscritas, mediante Google Meet. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso_”Instalacións térmicas nos edificios” |
|
|
| Desde o COAG organizáronse dous cursos relacionados coas instalacións nos edificios que teñen particularmente relación cos seus requisitos de habitabilidade e salubridade. Divídense estas dúas formacións en "Instalacións térmicas nos edificios" e "Instalacións de ventilación nos edificios". Nesta ocasión ábrese a matrícula para o primeiro deles, estando o segundo programado para iniciarse a principios de decembro. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: “Radón en vivendas e lugares de traballo. Resultados e implicacións.” Alberto Ruano Raviña. |
|
|
| O mércores 28 de outubro, ás 12:00, Alberto Ruano Raviña falaranos sobre o radon en vivendas e lugares de traballo, analizando diferentes cuestións. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Faladoiro de arquitectura + magosto colexial |
|
|
| O mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arqutictos de Galicia, terá lugar un fabuloso Faladoiro de Arquitectura ao que seguirá un rico Magosto colexial!!! Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pulpada de San Froilán do COAG Lugo 30 outubro |
|
|
| ¡Vémonos na Pulpada de San Froilán do COAG Lugo! 🐙✨ Estimados compañeiros e compañeiras: Queremos que este San Froilán sexa un punto de encontro para todos e todas, unha oportunidade perfecta para reencontrarnos, poñernos ao día e compartir un bo momento arredor dunha boa mesa. Prezo especial: 22 € por colexiado/a (Menú valorado en 42 € | O COAG Lugo subvenciona 20 €). Prezo acompañante non colexiado/a 42 €. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Isabel Izquierdo Peraile, «Museo Arqueológico Nacional: Tras la reforma integral, presente y futuro». |
|
|
| A Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acolle un encontro con Isabel Izquierdo Peraile, directora do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN), baixo o título «Museo Arqueológico Nacional: Tras la reforma integral, presente y futuro» Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visita técnica ao Centro Tecnolóxico do Granito |
|
|
| O vindeiro xoves 29 de outubro, ás 10:00 horas, terá lugar unha visita técnica ao Centro Tecnolóxico do Granito, con visita á canteira e visita á fábrica. Esta actividade é gratuíta. Os interesados en asistir á mesma, deben indicalo a través da seguinte LIGAZÓN DE INSCRICIÓN. En canto ao transporte, finalmente os desprazamentos realizaranse nos vehículos particulares dos asistentes, co fin de facilitar a organización da xornada. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de proxectos para a rehabilitación do Edificio Claustral do Pazo de Arenaza, en Oleiros |
|
|
| O presente concurso ten como finalidade seleccionar a mellor proposta de rehabilitación do edificio claustral do Pazo de Arenaza para a ampliación do seu espazo de traballo colaborativo. A Deputación provincial da Coruña busca, a través deste anteproxecto, dispor de novos de espazos de coworking de calidade, cun deseño contemporáneo, que se integren de maneira harmoniosa no edificio claustral do Pazo de Arenaza e establezan unha correcta relación coa edificación principal do devandito pazo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fallado o Concurso de Ames |
|
|
| Esta semana fallouse o primeiro concurso de ideas convocado pola Consellería de Vivenda para a construción de inmobles de promoción pública, neste caso para 140 vivendas no Milladoiro (Ames). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Tomiño – Unha praza de Arquitecto/a |
|
|
| No DOG de 16 de outubro, publícase o Anuncio de aprobación da oferta de emprego público do ano 2026 do Concello de Tomiño, onde figura, entre outras, unha praza de arquitecto/a, grupo A, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, por quenda libre. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Chandrexa de Queixa – Unha praza de Arquitecto/a |
|
|
| No BOP-Ourense de 16 de outubro de 2026, publícanse as Bases e convocatoria para a selección dunha praza de arquitecto/a por concurso-oposición para a súa cobertura como funcionario/a interino/a por programas do concello de Chandrexa de Queixa. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro de 2026 |
|
|
| No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|