 |
|
|
|
|
Convocatoria aberta de procura de proxectos para o nº 35 de Obradoiro_ Prospectiva 1: PAISAXES |
|
| Prospectivas é o proxecto editorial gañador do concurso publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para dirixir a revista Obradoiro durante os próximos tres números. Esta iniciativa articúlanse en tres eixos temáticos que comparten un propósito: abordar os desafíos espaciais e sociais aos que Galicia se enfronta nos próximos anos. A data límite de envío de propostas remata o día 15 de abril de 2025. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberto o prazo de suxerencias ao documento inicial das Bases estratéxicas para o desenvolvemento do Proxecto Coruña Marítima |
|
| Informámoste de que está aberto o prazo de suxerencias que durará un mes, até o 7 de abril, ao documento inicial das “BASES ESTRATÉGICAS PARA EL DESARROLLO DEL PROYECTO CORUÑA MARÍTIMA” que pode consultarse no enlace indicado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito de rehabilitación. Centro Cultural Forges |
|
| O mércores 9 de abril, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de rehabilitación sostible co Centro cultural Forges en A Fonsagrada, obra de Daniel Gómez Magide e Adrián López Rancaño. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Desvelar e revelar: Arquitectura e fotografía. Encontro con Jesús Granada |
|
| A Delegación de Lugo do COAG ten o pracer de recibir ao arquitecto e fotógrafo Jesús Granada, colaborador da revista El Croquis, nunha charla onde exploraremos a relación entre arquitectura e fotografía. Día 8 de abril ás 19:30 h. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda |
|
| Actualizado 01 | 04 | 25 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello da Estrada – Bolsa de emprego de Arquitecto/a |
|
| No BOP-Pontevedra de 1 de abril publícase o anuncio do Concello da Estrada de Bases xerais da convocatoria de elaboración dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo A, subgrupo A1, escala A.E. (técnica) de arquitecto/a para o Departamento de Urbanismo e Obras. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deputación de Lugo – Unha praza de arquitecto/a |
|
| No BOP-Lugo de 1 de abril publícase a Oferta de Emprego Público da Deputación Provincial de Lugo para o ano 2025, entre as que figura unha praza de arquitecto/a. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudo de arquitectura con sede en A Coruña, selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para desenvolvemento de proxectos de obra nova e rehabilitación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Los días 8 y 9 de abril tendrá lugar en la sede de Afundación en Vigo Feelant Impact Summit, un evento sin ánimo de lucro cuya misión principal es fomentar la Responsabilidad Social Corporativa (RSC) y construir puentes entre el tercer sector, el comercio, el deporte y la sociedad en general. Inscripción gratuita. Más información e inscripción en este siguiente: Enlace. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada Profesional de PROJAR |
|
| Innovación e sustentabilidade en cubertas verdes, SUDS e compostaxe para un futuro urbano responsable. PROJAR en colaboración coas empresas Pintega Xardins, Siháho consulting e o Concello de Santiago de Compostela ten o gusto de invitar a celebración da xornada técnica en Santiago de Compostela o próximo 10 de abril na que se tratarán temas de actualidade no sector para a correcta execución e prescrición de cubertas verdes e Sistemas Urbanos de Drenaxe Sustentable. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada Profesional de Infoconstrucción e DPArquitectura |
|
| Infoconstrucción e DPArquitectura organizan unha nova edición das súas xornadas profesionais. Os profesionais da construción teñen unha importante cita en Santiago de Compostela. Arquitectos, arquitectos técnicos, construtores e instaladores poderán coñecer de maneira presencial as características de interesantes e novos produtos e servizos para a arquitectura e a construción en xeral. A cita comeza ás 9:00 horas e terá lugar no Hotel Santiago Praza Coruña (Rúa do Restollal, 24) 29 de abril - Santiago de Compostela Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de marzo de 2025 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de marzo de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MP Software Técnico: oferta ZWCAD e ARCHLINE |
|
| A Xunta de Goberno, na súa sesión 4/2025 do 13 de marzo, acordou aceptar a proposta de MP Software Técnico, S.L., distribuidor oficial de Cadline Ltd-Archline en España e de ZWSoft en España, de ofrecer aos socios do COAG un desconto na adquisición de licenzas dos programas ARCHLINE e ZWCAD. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|