 |
|
|
|
|
Alegacións do COAG ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de Greenfiber en Palas de Rei |
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), por acordo da Xunta de Goberno do 17 de Abril de 2024, ven de presentar alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto industrial que a firma Greenfiber (Altri e Greenalia) ten intención de instalar no municipio lucense de Palas de Rei, desde a súa responsabilidade como axente fundamental na definición das directrices de ordenamento urbanístico e territorial de Galicia. Esencialmente, reclamamos máis información acerca dunha iniciativa que, entendemos, non se acomoda ao modelo de desenvolvemento territorial que Galicia precisa e que, desde o COAG, vimos defendendo nos 50 anos da nosa historia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatorias de Xuntas ordinarias de Delegación do mes de abril |
| Informase da convocatoria das Xuntas ordinarias de Delegacións do Colexio, a celebrar no mes de abril, que se indican a continuación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Próximos Cursos de Revit e ArchiCAD_ nivel iniciación |
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a organizar dous cursos relacionados ca metodoloxía BIM, o Curso Revit_ nivel iniciación e o Curso ArchiCAD_ nivel iniciación. A metodoloxía destes cursos está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que permite adaptar a duración e adicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñiblidade. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada de asesoramento “BIM e Desenvolvemento de proxectos colaborativos”. Roberto Molinos | Modelical |
| O vindeiro martes, día 7 de maio, terá lugar unha xornada en liña sobre o uso do Building Information Modeling (BIM) como catalizador para fomentar a colaboración en proxectos de arquitectura e construción, a cargo de Roberto Molinos, arquitecto e Director Xeral de Modelical. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de José Mª Ezquiaga: “La ciudad que queremos. Los planes que necesitamos” |
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de 6 conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fora de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial. Xoves 25 de abril. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hangar Indra no Aeródromo das Rozas. Lugo |
| A Delegación de Pontevedra do COAG organiza o vindeiro luns 29 de abril a presentación do Hangar Indra no Aeródromo das Rozas en Lugo, do arquitecto César Portela, que terá lugar na sala de conferencias da Casa das Campás, situada na rúa Don Filiberto nº 9, en Pontevedra, ás 19:00 horas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mesa redonda _ “Richard Serra” |
| Con motivo do recente falecemento de Richard Serra, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza o venres, 3 de maio, no CGAC de Santiago de Compostela, unha mesa redonda para lembrar a vida e obra do gran escultor, recoñecido pola súa pezas monumentais de inspiración minimalista. Nela participarán; Santiago Olmo, director do CGAC; Juan Tallón, autor da novela "Obra Maestra", que narra a improbable pero verdadeira historia da desaparición dunha das obras de Richard Serra, ¡de trinta e oito toneladas de peso!; e Luis G. Pita, como vogal de cultura do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a gravación da Conferencia de Juan Requejo – Planificación territorial de las energías renovables |
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación desta conferencia do ciclo “Territorios Análogos”, celebrada o pasado 7 de marzo, a cargo de Juan Requejo Liberal, consultor de planificación, economista e xeógrafo, ademais de fundador e director de At Clave e Arenal Gc. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gravación #COAGconta: Exemplo práctico de elaboración e tramitación de CAE con Ce3x |
| Xa está dispoñible a gravación do #COAGconta sobre o exemplo práctico de elaboración de fichas de CAE e tramitación con Ce3x. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación en prevención y erradicación de la violencia contra las mujeres |
| Oferta formativa de la Unión Profesional, de carácter gratuito, con el ánimo de dotar al amplio espectro de profesionales de las herramientas necesarias para contribuir a la erradicación de las violencias contra las mujeres. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Ortigueira – Unha praza de arquitecto/a |
| No BOP A Coruña de 22 de abril, se publica o anuncio das Bases reguladoras para a cobertura mediante funcionario/a de carreira dunha praza de Técnico/a Superior en Arquitectura e formación de listaxe de agarda (OEP 2023) no concelllo de Ortigueira. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ofertas de emprego |
18/04/2024 Estudo de arquitectura López y Noya Arquitectura y Urbanismo SLP, con sede en Ourense selecciona arquitecto/a para formación por beca FEUGA Enlace á noticia. |
18/04/2024 Estudo de arquitectura con sede en REDONDELA selecciona arquitecto/a para formar parte do equipo. Enlace á noticia. |
|
Publicada corrección de erros á modificación das Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia, NHV |
| Publicada no DOG de 18 de abril a CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia, que non modifica os criterios establecidos pola citada modificación das NHV. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|