Axenda
Boletín de Información 51 - 2023

Colexio | Emprego | Normativa


Colexio

Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024 2025

Publicación: 20 de decembro  
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Nos próximos días publicaremos a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula.
Enlace á noticia.

Nadal 2023: Atención presencial nas oficinas colexiais e reorganización de servizos

Publicación: 20 de decembro  
Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2023 de 19 de decembro, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2023-2024. Conforme ao devandito acordo, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o venres 22 de decembro e o venres 29 de decembro, así mesmo, entre o 22 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, establecese reordenación temporal de determinados servizos colexiais.
Enlace á noticia.

Convocatoria para a selección de participantes na “Mostra Nova Arquitectura Galega”

Publicación: 18 de decembro  
O Colexio de Arquitectos de Galicia quere facer visible a alta capacidade de arquitectas e arquitectos de Galicia con menos de 40 anos. Somos conscientes da disparidade de actuacións, emprazamentos e circunstancias que acompañan o inicio da actividade profesional polo que a Xunta de Goberno do COAG decidiu lanzar unha Convocatoria aberta para visilibilizar as accións, proxectos e intervencións mais relevantes elaborados en Galicia ou por persoas nacidas en Galicia aínda que estean traballando fóra.
Enlace á noticia.

Últimas actuacións en defensa da profesión

COAGActua  



Informe sobre as axudas á vivenda

Publicación: 18 de decembro  
Actualizado 18 | 12 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia.

Inauguración de la ‘Casa de la Arquitectura’

Publicación: 18 de diciembre  
El 18 de diciembre el Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana inaugura La Casa de la Arquitectura. Fruto de la Ley de Calidad de la Arquitectura, se trata de un espacio dedicado a celebrar la creatividad, la innovación y el legado arquitectónico de nuestro país, acercando los valores de la arquitectura a la sociedad. El evento comienza a las 19:00 horas y tendrá lugar en La Arquería de Nuevos Ministerios.
Enlace a la noticia.

Emprego

Oferta de formación por beca FEUGA o FUAC

Publicación: 15 de decembro  
Estudo de arquitectura KNF Arquitetura&Ingenieria con sede en Vigo, seleccióna arquitecto/a para formación por beca.
Enlace á noticia.

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de decembro de 2023

Publicación: 20 de decembro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de decembro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial. Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube
Ivoox

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400