Colexio
Colexio
Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023
| Publicación: 30 de agosto |
|
 |
Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.
Enlace á noticia. |
Curso de Xestor Integral da Rehabilitación. CSCAE
| Publicación: 30 de agosto |
|
 |
Actualización 30 | 08 | 23. Para reforzar os coñecementos das arquitectas e arquitectos como profesionais de referencia na xestión integral das subvencións para rehabilitación de vivendas con cargo aos fondos Next Generation, o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) elaborou este curso de Xestor Integral da Rehabilitación (GIR) que aúna a formación do Libro do Edificio Existente e actualiza o curso de “Xestión dos Programas de Axudas á Rehabilitación”, que se lanzou o ano pasado, completándoo cun novo bloque de contidos no que se aborda a xestión dun proceso de rehabilitación en dez pasos desde catro perspectivas complementarias: técnica, xurídico-administrativa, social e financeira.
Enlace á noticia. |
Aviso. A Policía Nacional alerta dunha campaña de distribución dun sofisticado ransomware a estudos de arquitectura
| Publicación: 25 de agosto |
|
 |
Tal e como se comunica a través da web do Ministerio do Interior, a Policía Nacional alerta dunha campaña de distribución dun sofisticado ransomware, dirixido a empresas de arquitectura, que encripta os equipos informáticos.
Enlace á noticia. |
Informe sobre as axudas á vivenda
| Publicación: 21 de agosto |
|
 |
Actualizado 21 | 08 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia. |
|
|