|
|
|
|
|
Valoración da reforma da Lei da Seguridade Social relativa ás mutualidades alternativas. |
|
|
| O COAG valora positivamente a Lei de reforma das mutualidades aprobada no Congreso de xeito definitivo. Máis de dous anos de loita e un ano de presión para a súa tramitación parlamentaria despois, o Congreso aprobou a reforma da Lei xeral da Seguridade Social relativa ás mutualidades alternativas, despois de validar as emendas do Senado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo” ata o 27 de setembro |
|
|
| Entre o 14 de xullo e o 27 de setembro estará dispoñíble no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, a exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo” organizada polo Colexio e a Delegación de Santiago, o Museo do Pobo Galego e a Escola de Arquitectura da Coruña, coa colaboración da Xunta de Galicia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sentenza do Tribunal Supremo que fixa doutrina sobre a competencia profesional para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda. |
|
|
| A circular 12/2026 informa sobre a sentenza ditada ao amparo da Lei de Ordenación da Edificación (LOE) establece que os proxectos de intervención en edificios existentes para o cambio de uso de comercial a residencial deberán ser redactados por arquitecto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Natalia Mora |
|
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Natalia Mora Priego, de Cachivache Atelier. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Teresa Táboas, nova vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) |
|
|
| A nosa ex-Decana Teresa Taboas ven de ser nomeada Secretaria da Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Dende o COAG queremos trasmitirlle a nosa máis sincera noraboa e desexarlle grandes éxitos nesta nova etapa. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ampliación do prazo_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca |
|
|
| O Concello convocante acordou ampliar o prazo de presentación de ofertas do Concurso de proxectos, fixando como nova data límite para a presentación das ofertas o 4 de setembro de 2026, ás 23:59 horas. Do mesmo xeito a data límite para formular dúbidas a través da Plataforma de Contratación fíxase no 28 de agosto de 2026 ás 23:59 cumprindo coa cláusula 6 das bases que rexen o procedemento. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rexistro técnico competente CEE |
|
|
| A partir do xoves 23 de xullo de 2026 será obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder subscribir Certificados de Eficiencia Enerxética. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas XERA construción en madeira. Apertura de prazo |
|
|
| RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|