|
|
|
|
|
Xunta Xeral ordinaria 19 de maio de 2026: acordos e difusión datos participantes |
|
|
| Infórmase da publicación da circular nº 10/2026 na que se recollen os acordos adoptados na Xunta Xeral ordinaria do 19 de maio de 2026, así como os datos dos participantes na mesma. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas |
|
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a desenvolver diferentes liñas de traballo para axilizar a xestión das licenzas. Por unha banda púxose en marcha hai meses unha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e o propio COAG para definir de xeito claro qué cuestións deben ser obxecto de revisión por parte dos técnicos municipais e cales son responsabilidade exclusiva dos proxectistas e polo tanto non requiren de control no proceso de outorgamento da licenza. a mesa estase tamén a traballar para regular o contido do informe técnico municipal no proceso de outorgamento das licenzas de obra. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acto de entrega dos Premios Próximos 2026 |
|
|
| O vindeiro sábado 6 de xuño, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2026 dos Premios PRÓXIMOS, organizados pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás seguintes indicacións. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo. Inscrición |
|
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai. Apertura de matrícula. |
|
|
| O obxectivo do exercicio práctico é que o alumnado se familiarice coa metodoloxía e a estratexia empregadas no proceso de modelización (comezando a pensar en BIM), que é transversal a calquera ferramenta de software empregada para este fin. Proponse como exercício práctico a elaboración dun modelo arquitectónico básico da casa Farnsworth de Mies Van der Rohe. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Camilla Mileto do estudio Mileto e Vegas |
|
|
| O mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Restaurar a arquitectura tradicional no século XXI que será impartida pola arquitecta italiana Camilla Mileto, do estudio Mileto e Vegas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia “A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura” |
|
|
| O vindeiro venres 5 de xuño terá lugar unha conferencia organizada pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos. Co título de “A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura”, os arquitectos Mariano Pemán Gavín e Sergio Sebastián Franco impartirán un relatorio centrado nas actuacións realizadas no Real Mosteiro de Santa María de Sijena. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ábrese o prazo de inscrición no Programa de Mentoring da Delegación de Santiago |
|
|
| A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia abre un novo prazo de inscrición para participar no Programa de Mentoring, unha iniciativa en marcha dende hai máis de dous anos que busca xerar espazos de encontro, aprendizaxe compartida e acompañamento profesional entre persoas colexiadas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito de vivenda con perspectiva de xénero: A comunidade habitacional |
|
|
| REPROGRAMADO O mércores 17 de xuño, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito con perspectiva de xénero co proxecto de A comunidade habitacional, de Cierto Estudio. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Prazo ordinario de preinscrición do Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica da ETSAC |
|
|
| O Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica da ETSAC abre o seu prazo de inscrición. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|