 |
|
|
|
|
Asinada a renovación do convenio do ProxectoTerra para 2024-2026 |
|
| O pasado 7 de setembro, a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia renovaron a colaboración para desenvolver nos centros escolares o ‘Proxecto Terra’ co fin de concienciar sobre o respecto ao territorio e á paisaxe. O Goberno galego financia nun 90% as actuacións previstas neste convenio, que suporán un investimento de 360.000€. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2024 – Últimos días |
|
| Lémbrase que as propostas deberán presentarse no formulario indicado na circular, o máis axiña posible, e, en todo caso, antes das 23:59 horas do día 15 de setembro. Tal e como se indica na Circular 12 2024, a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2024 de 19 de xuño, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Criterios de accesibilidade |
|
| O xoves 12 de setembro ás 12:00 horas, Eduardo Alonso Lois explicará algunhas das dúbidas máis recorrentes, tras os cambios da versión comentada do DB-SUA, da Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores» e da UNE-EN 81-70:2022+A1:2022 “Accesibilidade de ascensores de persoas, incluíndo persoas con discapacidade”. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días de presentación de candidaturas ao III Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á Arquitectura |
|
| Lémbrase que o prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 13 de setembro de 2024. Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias do Premio “Arquitectura para un mundo mellor” impulsadas pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, esta nova, amplíase a todo o ámbito de Galicia en colaboración coa Comisión de Cultura do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FIN DE PRAZO PARA MATRÍCULA BONIFICADA Curso “Produtividade para arquitectos. Claves para ser mais eficientes no día a día do arquitecto” |
|
| LEMBRÁMOSVOS QUE ESTE DOMINGO 15 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO DE MATRICULACIÓN CON PREZOS REDUCIDOS. Podedes acceder neste enlace un pequeno vídeo de presentación realizado por Lorenzo Barnó no que resume ós futuros alumnos o que poden obter do curso. Este curso/taller, principalmente destinado a profesionais vencellados co mundo da arquitectura, construción e sustentabilidade, ten como obxectivo presentar as claves para mellorar a nosa produtividade e rendemento laboral, centrándose nun emprego eficiente do tempo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Remate do prazo de presentación de candidaturas ás eleccións AGAU 2024 |
|
| Lémbrase que o prazo de presentación de candidaturas a estas eleccións remata ás 14,00 horas do vindeiro 17 de setembro. Conforme ao previsto na circular 11/2024, lémbrase que o vindeiro 17 de outubro de 2024 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Información sobre a Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ) |
|
| Tal e como se indica na Circular 14 2024, ofrécese información sobre a Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ) e sobre o posicionamento do CSCAE respecto da eventual reforma do Réxime Xurídico das Mutualidades de Previsión Social. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Involucrar a la próxima generación: encuesta para estudiantes y jóvenes arquitectos/as de la UIA |
|
| Involucrar a la próxima generación: encuesta para estudiantes y jóvenes arquitectos/as de la Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Fecha límite: 15 de septiembre de 2024. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios GDA 2024 |
|
| As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a arquitectos e promotores, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade. Ate as 14,00 h. do 26/09/2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios Próximos 2024 |
|
| A Delegación de Santiago do COAG convoca os Premios de Arquitectura "Próximos 2024”, que supoñen un recoñecemento a arquitectos e promotores, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade. Ate as 14,00 h. do 26/09/2024 Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gravación da conferencia de Cristina García Fontán “Recompoñendo lugares” – Ciclo Próximos 2024 |
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de Cristina García Fontán “Recompoñendo lugares”, celebrada o pasado 19 de xuño, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Trámite de exposición pública e prazo de alegacións ao Convenio Urbanístico das Xubias de Arriba e Xubias de Abaixo da Ría do Burgo |
|
| Pola relevancia que posúe para a cidade da Coruña, lembrámoste que, até o día 19 de setembro, está aberto o prazo de alegacións ao Convenio urbanístico mixto de planeamiento y ejecución urbanística para la renovación urbana y puesta en valor del espacio litoral de los polígonos RB1, RB2 y RB3 de los núcleos Xubias de Arriba y Xubias de Abaixo de la Ría del Burgo, para que calquera persoa poida examinar o contido do mesmo e formular as alegacións que procedan. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso “Acústica na arquitectura” |
|
| O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos e criterios prácticos necesarios para o acondicionamento acústico das edificacións. Para iso, desenvolverase tanto a definición proyectual, as solucións construtivas e o cumprimento das esixencias normativas como a execución das solucións e o control da obra executada, tanto en obra nova como en intervencións sobre edificacións existentes, rehabilitación acústica e actividades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acta previa do xurado do Concurso para la rehabilitación del edificio del antiguo Mercado para una Bibliotecta Pública Municipal en el Ayuntamiento de Ponteareas |
|
| Publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a acta previa do xurado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ampliación de plazos de la XIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo: CLIMAS Acciones para el buen vivir |
|
| Ampliado el plazo de presentación de propuestas hasta las 16:00 h (hora local desde donde se haga la inscripción) de los siguientes días: Obras: 10 de septiembre: Publicaciones: 11 de septiembre: Pedagogías: 12 de septiembre: Nuevas Reglas, Otras coordenadas y Trayectoria: 13 de septiembre Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro Internacional sobre Graneiros Elevados (hórreos) |
|
| Os vindeiros días 27, 28 e 29 de setembro, terá lugar na Estrada (Pontevedra) este encontro. Asistencia gratuita previa inscrición. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada Profesional de Infoconstrucción e DPArquitectura _ VIGO |
|
| Infoconstrucción e DPArquitectura organizan unha nova edición das súas Xornadas Profesionais 09 de outubro en VIGO Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|