 |
|
|
|
|
Exposición de la XVI BEAU en el Mercado de San Agustín, A Coruña |
| La exposición Me—dio Pla—zo estará en el Mercado de San Agustín de A Coruña, del 2 de mayo al 1 de junio. La muestra, que se inaugura hoy 30 de abril, incluirá en esta ocasión los veinte proyectos premiados en la categoría de “Obras”, junto con los paneles de las propuestas finalistas seleccionadas por el jurado. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria da Xunta Xeral ordinaria do mes de maio de 2024 |
| Tal e como se anuncia na Circular 7 2024, convócase a Xunta Xeral ordinaria do mes de maio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que terá lugar o 28 de maio nas oficinas centrais de Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mesa redonda _ “Richard Serra” |
| Con motivo do recente falecemento de Richard Serra, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza o venres, 3 de maio, no CGAC de Santiago de Compostela, unha mesa redonda para lembrar a vida e obra do gran escultor, recoñecido pola súa pezas monumentais de inspiración minimalista. Nela participarán; Santiago Olmo, director do CGAC; Juan Tallón, autor da novela "Obra Maestra", que narra a improbable pero verdadeira historia da desaparición dunha das obras de Richard Serra, ¡de trinta e oito toneladas de peso!; e Luis G. Pita, como vogal de cultura do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Delegación de Vigo – Pecha Kucha 20 x 20 [imágenes x segundos] |
| O vindeiro xoves 9 de maio, ás 20:00 h, na Delegación do COAG en Vigo, terá lugar un Pecha Kucha no que contaremos coa participación de seis estudos de arquitectura: Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”. |
| Desde a área de formación e innovación do COAG, está a poñerse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas divulgativas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias. Así, o vindeiro luns, día 6 de maio, terá lugar unha xornada en liña “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos“. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados |
| Están dispoñibles, para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, as memorias para xustificar o cumprimento das condicións básicas de accesibilidade dos espazos públicos urbanizados, actualizadas á Orde TMA/851/2021, do 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e uso dos espazos públicos urbanizados, coa súa correlación co establecido no Decreto 35/2000, de xaneiro 28, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e aplicación da lei 10/2014, de accesibilidade en Galicia, así como aquelas cuestións que afecten ao DB SUA do CTE. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a gravación da lectura de Carlos Puente “Cuatro cuentos finlandeses” |
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da lectura dos “Cuatro cuentos finlandeses” que o arquitecto Carlos Puente, Medalla de Oro de la Arquitectura Española en 2022, escribíu durante unha estancia recente en Finlandia. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: HS 6 Protección fronte á exposición ao radón |
| O mércores 8 de maio ás 12:00 horas, Pilar Linares Alemparte e Sonia García Ortega -IETcc-CSIC- desenvolverán esta esixencia básica de Protección fronte á exposición ao radon, incluíndo o Documento Básico HS6, así como Guía Rehabilitación fronte ao radon do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo, S.A. (EVISLUSA) – Unha praza de arquitecto/a |
| No BOP-Lugo de 29 de abril, publícase o Extracto das bases da convocatoria para a contratación dunha/dun arquitecta/o Superior na Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), como persoal laboral indefinido e mediante o sistema de Concurso-Oposición. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ofertas de emprego |
30/04/2024 Estudo de arquitectura con sede en FERROL selecciona arquitecto/a para formación por beca FUAC Enlace á noticia. |
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|