Axenda
Boletín de Información 3 - 2024

Colexio | Emprego | Normativa | Premios


Colexio

Convocatoria de selección dun equipo que redacte e execute un proxecto de reparación da Casa da Conga

Publicación: 15 de xaneiro  
Tal e como se indica na Circular 2 2024, procédese á convocatoria dun proceso de selección dun equipo para a realización, en réxime de arrendamento de servizos, das obras requiridas polo Departamento de Inspección e Disciplina Urbanística do Concello de Santiago en relación cos inmobles en Praza da Quintana, 1 e 3.
Enlace á noticia.

Curso de práctica profesional 2024

Publicación: 16 de xaneiro  
Un ano máis, o COAG desenvolverá durante as próximas semanas unha nova edición do curso de Práctica Profesional. Este curso ten como obxectivo facilitar aos arquitectos unha ferramenta de axuda no coñecemento dos aspectos esenciais relacionados co exercicio da nosa profesión nos seus diferentes ámbitos, servindo ademais como iniciación aos profesionais máis recentes. Así, o curso está dirixido a:
  • Arquitectos con experiencia que desexen actualizar os seus coñecementos nos distintos aspectos e ámbitos relacionados coa práctica profesional.
  • Arquitectos que se están iniciando na práctica profesional da arquitectura.

Enlace á noticia.

Fichas de inspección para a redacción do Libro do Edificio Existente

Publicación: 17 de xaneiro  
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia elaborou as presentes fichas co fin de proporcionar aos seus colexiados un protocolo de inspección visual que facilite a toma de datos in situ para a redacción do libro do edificio existente -LE-, en función do esixido nos programas de axuda ás actuacións de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Enlace á noticia.

Convocatoria para la confección de la base de datos de Arquitectos Peritos de la Audiencia Nacional 2024

Publicación: 16 de enero  
Se informa de la apertura del plazo hasta las 24,00 horas del día 24 de enero de 2024, de inscripción para formar parte de la base de datos de Arquitectos Peritos dispuestos a actuar ante la sala de lo Contencioso Administrativo de la Audiencia Nacional para el 2024.
Enlace a la noticia.

O COAG e as eleccións galegas do 18 de febreiro

Publicación: 15 de xaneiro  
O Colexio de Arquitectos de Galicia comezou a recepción das diferentes forzas políticas con representación no parlamento galego. Previamente, elaborou un documento que condensa dezaoito medidas prioritarias para solicitar que sexan tidas en conta polo próximo goberno da Xunta de Galicia.
Enlace á noticia.

Ciclo de Conferencias EMER_GENTES / FLU-OR Arquitectura

Publicación: 12 de xaneiro  
O vindeiro día 25 de xaneiro, ás 19.00 horas, iniciamos a 1ª edición do CICLO DE CONFERENCIAS EMER_GENTES, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e que se levará a cabo en dúas xornadas ao longo dos meses de xaneiro e xuño de 2024.
Enlace á noticia.

Ampliación de prazo EXPOSICIÓN HERITAGERS Unha reflexión sobre o patrimonio arquitectónico e o turismo

Publicación: 15 de xaneiro  
Ampliada ate o 19 de febreiro a exposición Heritagers na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Unha mostra ideada e comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar (col. COAG nº1394), cun equipo integrado por Laura del Monte, Beatriz Ascanio, Aldara García e Cecilia Martínez –estudantes do Máster Universitario de Arquitectura–, a partir do proxecto realizado nos IV Encontros Residencia Artística no Pazo de Mariñán, do verán de 2023.
Enlace á noticia.

Obrigación de demolición selectiva

Publicación: 15 de xaneiro  
Dende o 1 de xaneiro de 2024, a demolición débese levar a cabo de forma selectiva, garantindo a retirada de, polo menos, estas fraccións de materiais: madeira, fraccións de minerais (formigón, ladrillos, azulexos, cerámica e pedra), metais, vidro, plástico e xeso.
Enlace á noticia.

Aplicación obrigatoria das Normas de Habitabilidade de Vivendas en Galicia

Publicación: 14 de xaneiro  
A partir do luns 15 de xaneiro, será de aplicación obrigatoria a recente modificación das Normas de Habitabilidade de Vivendas -NHV- publicada no Decreto 128/2023.
Enlace á noticia.

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas

Publicación: 15 de xaneiro  
RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e establécese a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT402A).
Enlace á noticia.

Ampliación de prazo para dedución no IRPF por obras de mellora de eficiencia enerxética en vivendas

Publicación: 13 de xaneiro  
Coa finalidade de mellorar a eficiencia enerxética de vivendas amplíase un ano máis o ámbito temporal de aplicación da dedución prevista para o efecto no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Desta forma, disponse dun maior prazo para poder acometer tales obras que permiten reducir o consumo de enerxía primaria non renovable ou a demanda de calefacción ou de refrixeración das mesmas.
Enlace á noticia.

Axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia – 2024

Publicación: 8 de xaneiro  
Publicadas as bases reguladoras e a convocatoria de duas liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.
Enlace á noticia.

Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2024

Publicación: 8 de xaneiro  
Infórmase que, segundo se indica na Circular 1 2024, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2024, que rematará o 31 de xaneiro.
Enlace á noticia.

Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024 2025

Publicación: 20 de decembro  
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Nos próximos días publicaremos a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula.
Enlace á noticia.

Emprego

Oferta de emprego

Publicación: 15 de xaneiro  
Estudio de arquitectura DOSESMAS ARQUITECTOS, con sede en Santiago seleciona arquitecto/a.
Enlace á noticia.

Concello de Chantada – Unha praza de Arquitecto/a

Publicación: 12 de xaneiro  
No DOG de 12 de xaneiro de 2024 publícase a Oferta de Emprego Público 2023 do Concello de Chantada, na que figura unha praza de arquitecto/a polo sistema libre.
Enlace á noticia.

Normativa

Informe Técnico ley 10/2023, de medidas fiscales y administrativas de Galicia

Publicación: 17 de enero  
En el DO de Galicia núm. 246 de 29 de diciembre de 2023, se ha publicado la Ley 10/2023, de 28 de diciembre, de medidas fiscales y administrativas de Galicia. En el Area de Normativa está incorporado el informe técnico sobre las novedades de esta ley, en sus aspectos técnicos y urbanísticos.
Enlace a la noticia.

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2024

Publicación: 17 de xaneiro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2024. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia.

Premios

Premio UIA 2023 – Segundo Ciclo – Profesional

Publicación: 12 de enero  
La Unión Internacional de Arquitectos (UIA), en colaboración con ONU-Hábitat, ha anunciado el lanzamiento del segundo ciclo del Premio UIA 2030. Este premio bienal promueve el trabajo de los/as arquitectos/as que contribuyen al cumplimiento de la Agenda 2030 de las Naciones Unidas para el Desarrollo Sostenible junto con la Nueva Agenda Urbana.
Enlace a la noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube
Ivoox

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400