Nadal 2023: Atención presencial nas oficinas colexiais e reorganización de servizos
Publicación: 20 de decembro
Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2023 de 19 de decembro, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2023-2024. Conforme ao devandito acordo, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o venres 22 de decembro e o venres 29 de decembro, así mesmo, entre o 22 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, establecese reordenación temporal de determinados servizos colexiais. Enlace á noticia.
Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024 2025
Publicación: 20 de decembro
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Nos próximos días publicaremos a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula. Enlace á noticia.
Convocatoria para a selección de participantes na “Mostra Nova Arquitectura Galega”
Publicación: 18 de decembro
O Colexio de Arquitectos de Galicia quere facer visible a alta capacidade de arquitectas e arquitectos de Galicia con menos de 40 anos. Somos conscientes da disparidade de actuacións, emprazamentos e circunstancias que acompañan o inicio da actividade profesional polo que a Xunta de Goberno do COAG decidiu lanzar unha Convocatoria aberta para visilibilizar as accións, proxectos e intervencións mais relevantes elaborados en Galicia ou por persoas nacidas en Galicia aínda que estean traballando fóra. Enlace á noticia.
Emprego
Oferta de emprego público 2023 do Concello de Chantada | 1 praza de arquitecto/a
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados en decembro de 2023
Publicación: 3 de xaneiro
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de decembro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400