Colexio | Eventos
Colexio
Convocatoria da Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro de 2023
| Publicación: 8 de novembro |
|
 |
Tal e como se anuncia na Circular 24 2023, convócase a Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que terá lugar o 19 de decembro nas oficinas centrais de Santiago de Compostela.
Enlace á noticia. |
Últimos días para a inscrición na Guía de Peritos da Unión Profesional
| Publicación: 18 de outubro |
|
 |
Lémbrase que o prazo para solicitar formar parte da Guía de Peritos da Unión Profesional rematará ás 23:59 horas do 12 de novembro, debido aos prazos de organización da edición que establece a Unión Profesional.
Enlace á noticia. |
Suspensión da vixencia dos artigos 10 e 11 e da disposición transitoria primeira da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia
| Publicación: 8 de novembro |
|
 |
O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 24 de outubro de 2023, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 6243-2023, promovido polo presidente do Goberno, contra os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. O Presidente do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución,polo que, ao ser admitido a trámite o seu recurso, produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso -28 de setembro de 2023-, para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado (30 de outubro de 2023) para os terceiros.
Enlace á noticia. |
Xornada de casos de éxito: Edificio de 36 vivendas M-13
| Publicación: 7 de novembro |
|
 |
O xoves 23 de novembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible con este edificio de 36 vivendas de Fernando Arteaga Ros en Santiago.
Enlace á noticia. |
//CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE //CREUSeCARRASCO
| Publicación: 6 de novembro |
|
 |
Iniciamos a 2ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do COAG. Neste ciclo de conferencias queremos compartir o traballo que están a realizar os compañeiros tanto ao longo da nosa xeografía como noutras comunidades, analizando distintos proxectos de diversas escalas de actuación. .
Enlace á noticia. |
El I Encuentro de la Red OAR reúne, en Zaragoza, a responsables de las Oficinas de Apoyo a la Rehabilitación de los Colegios de Arquitectos para analizar retos presentes y futuros
| Publicación: 7 de noviembre |
|
 |
Dos años y medio después de que arrancara su andadura para contribuir a impulsar la “ola de renovación” de viviendas con cargo a los fondos europeos Next Generation, la Red de Oficinas de Apoyo a la Rehabilitación de los Colegios de Arquitectos (Red OAR) ha celebrado, en Zaragoza, su primer encuentro de carácter presencial.
Enlace a la noticia. |
Informe sobre as axudas á vivenda
| Publicación: 8 de novembro |
|
 |
Actualizado 08 | 11 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia. |
Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2024
| Publicación: 18 de outubro |
|
 |
Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2024, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación.
Enlace á noticia. |
Eventos
Conferencia-coloquio con David Chipperfield, Premio Pritzker 2023
| Publicación: 2 de novembro |
|
 |
O arquitecto David Chipperfield, gañador do Premio Pritzker de Arquitectura 2023, manterá un encontro aberto coa cidadanía que se desenvolverá no Centro Galego de Arte Contemporánea, o 8 de novembro ás 19.00 horas. O evento é de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
Enlace á noticia. |
Construción do Benestar e Sistemas de Reforzo Estrutural_KERAKOLL
| Publicación: 25 de outubro |
|
 |
KERAKOLL organiza unha xornada técnica presencial co fin de reforzar a formación sobre a construción do benestar e os sitemas de reforzo estrutural en proximas datas:
08 de novembro – Coruña
09 de novembro – Vigo.
Enlace á noticia. |
|
|