coag-logo11.jpg
coag-logo11.jpg
axenda
Boletín de Información 51 - 2019


Colexio | Concursos| Emprego| Normativa


Colexio

Horarios das oficinas colexiais e de Delegacións no periodo do Nadal

Horario Coag Navidad

Peche das oficinas colexiais os días 24 e o 31 de decembro. Atención colexial durante o Nadal

Infórmase que, como en anos anteriores, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas a véspera dos días de Nadal e Aninovo. os días 24 e 31 de decembro.
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.. Enlace á noticia.

Aviso de peches das Delegacións Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol por vacacións de persoal

Delegación de Vigo: pecha o 20 de decembro.
Delegación de Ferrol: pecha do 23 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos inclusive).
Delegación de Ourense: pecha do 30 de decembro ao 3 de xaneiro (ambos inclusive).
Delegación de Pontevedra: pecha do 30 de decembro ao 3 de xaneiro (ambos inclusive).
Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar. Enlace á noticia.

Presentación do libro «Arquitectura Popular en Galicia» de Pedro de Llano Cabado

Publicación: 16 de decembro  
Presentacion Libro Pedro de llano O vindeiro xoves 19 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Delegación do COAG na Coruña a presentación da a edición revisada 2019 do libro «Arquitectura popular en Galicia» de Pedro de Llano Cabado. Enlace á noticia.

Convocatoria urxente para configurar unha lista de peritos para a Audiencia Nacional no exercicio 2020

Publicación: 16 de decembro  
Peritos Audiencia Nacional A instancias do CSCAE, infórmase da apertura urxente dun prazo para configurar unha lista de peritos para a Audiencia Nacional no exercicio 2020.
As solicitudes de inscrición nesta lista deberán realizarse ata as 23:59 horas do día 22 de decembro de 2019 exclusivamente a través do enlace indicado na Circular 24 2019. Enlace á noticia.

Dispoñible a edición revisada 2019 do libro «Arquitectura popular en Galicia»

Publicación: 13 de decembro  
Libro Pedro de Llano Atópase dispoñible a edición revisada 2019 do libro «Arquitectura popular en Galicia» de Pedro de Llano Cabado. 

Nesta edición revisada 2019, agrúpanse nun único volume os dous libros de Arquitectura Popular en Galicia, publicados por primeira vez en 1981 e 1983. A revisión lingüística dos textos, para a súa adecuación á normativa vixente, supón a máis significativa variación con respecto ás edicións orixinais, así como o tratamento dixital de todas as imaxes e a puntual substitución dalgunha delas.

Enlace á noticia.

Asinado un convenio coa Xunta para impulsar o uso da madeira na construción

Publicación: 13 de decembro  
Convenio Xera O pasado 12 de decembro, tivo lugar a sinatura dun Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o COAG para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.. Enlace á noticia.

Concursos

Concurso de ideas (anteproxectos) con intervención de xurado, para o deseño do Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia

Publicación: 12 de decembro  
Concurso Xunta No DOG de 11 de decembro, anúnciase o concurso de ideas (anteproxectos) con intervención de xurado,  para o deseño do Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia, baixo a denominación de Galicia Calidade, no predio de Sergude..

Enlace á noticia.

Emprego

Ofertas de emprego

Ofertas de emprego
Publicación: 17 de decembro EQUALTECNIA, Ingeniería y Consultoría con sede en Lugo selecciona arquitecto/a para elaboración de 2 proxectos. Enlace á noticia.

Publicación: 17 de diciembre Drogo Montajes Integrales S.L. Empresa constructora con sede en VIGO, selecciona un puesto para arquitecto/a. Enlace a la noticia.

Normativa

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns na primeira quincena do mes de decembro de 2019

Publicación: 17 de diciembro  
Normativa quincena decembro Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de decembro de 2019. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial..

Enlace á noticia.

Planeamento urbanístico – primeira quincena decembro 2019

Publicación: 17 de decembro  
Planeamento quincena decembro Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de decembro de 2019 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.

Enlace á noticia.

xov

19

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020

xov

19

20:00

[xor CO] Presentación do libro "Arquitectura popular en Galicia" de Pedro de Llano Cabado

dom

22

23:58

Remate prazo inscrición Listas peritos Audiencia Nacional

xov

09

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020

xov

09

23:45

Remate prazo inscrición Listas de Peritos COAG

xov

16

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020


Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720