 |
|
|
|
|
Xunta Xeral ordinaria a celebrar o 17 de decembro de 2025: documentación dos asuntos a tratar |
|
|
| Tal e como se indica na Circular 18 2025, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 25/2025 de 9 de decembro, en relación coa Xunta Xeral ordinaria a celebrar o vindeiro 17 de decembro adoptou os seguintes ACORDOS. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2026 |
|
|
| Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2026, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación. Ata as 13:59 horas do día 14 de xaneiro de 2026 Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do documental “O primeiro Siza” |
|
|
| O vindeiro xoves 11 de decembro, ás 18,00 horas, terá lugar no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (Rúa Ramón del Valle-Inclán, 2.) en Santiago de Compostela, a presentación do documental "O primeiro Siza", promovido pola Comisión de Cultura do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Viaxe a Finlandia xuño 2026 - Últimas tres prazas |
|
|
| Comprácenos informarvos de que, desde a Delegación de Pontevedra, estamos a organizar unha viaxe a Finlandia en colaboración con Artchitectours, co obxectivo de coñecer de primeira man a obra de Alvar, Aino e Elissa Aalto. O prazo de inscrición remata o venres 12 de decembro ou cando se cubran as prazas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro-coloquio: Patrimonio Moderno en Galicia. Conversas |
|
|
| O luns 15 de decembro, ás 19.00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar o encontro-coloquio: PATRIMONIO MODERNO EN GALICIA. CONVERSAS, onde estudantes e profesorado da ETSAC falarán sobre o valor e o futuro deste legado arquitectónico, a partir dos traballos expostos na mostra ARQUITECTURAS EN CURSO. MODERNIDADE NA ETSAC. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aplicación obrigatoria das modificacións no DBSI 2025 [10 de novembro] |
|
|
| O 10 de novembro finalizou o período transitorio na aplicación do Documento Básico de Seguridade en caso de Incendio (DB-SI), polo que os proxectos que soliciten licenza a partir desta data, deberán adecuarse ás modificacións introducidas neste Documento Básico polo RD 164/2025, do 4 de marzo. Entre outras importantes modificacións, esta nova versión introduce cambios significativos nos usos considerados e na definición de "saída de planta" das versións anteriores do DB-SE. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudio de Arquitectura López y Noya Arquitectura y Urbanismo SLP con sede en Ourense selecciona arquitecto/a. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de novembro de 2025 |
|
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de novembro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de programas para COAG – progeCAD Professional e ICADMAC |
|
|
| DSC Tandem e o COAG acaban de asinar un acordo de colaboración que establece os seguintes descontos na compra de software profesional para os colexiados. 10 % progeCAD 10 % iCADMac Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta 2025 PREOC + PREMETI |
|
|
| ATAYO S.A. nos comunica la aparición de la versión 2025 base de precios de construcción PREOC y del programa de Mediciones y Presupuestos PREMETI (v.18.0), ofreciendo como todos los años un importante descuento (50%) al realizar la compra a través del Colegio, hasta el 16 de febrero de 2026. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MP Software Técnico: oferta ZWCAD e ARCHLINE |
|
|
| A Xunta de Goberno, na súa sesión 4/2025 do 13 de marzo, acordou aceptar a proposta de MP Software Técnico, S.L., distribuidor oficial de Cadline Ltd-Archline en España e de ZWSoft en España, de ofrecer aos socios do COAG un desconto na adquisición de licenzas dos programas ARCHLINE e ZWCAD. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|