 |
|
|
|
|
Convocatoria dun proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dunha persoa colexiada para apoio ás tarefas desenvolvidas no marco do convenio de ProxectoTERRA |
|
| A Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou aprobar a formalización dun contrato de arrendamento de servizos para apoio ás tarefas desenvolvidas no marco do convenio do Proxecto Terra, conforme ao perfil definido polo seu coordinador. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas económicas para asistentes ao XIII Congreso Docomomo Ibérico a celebrar en A Coruña |
|
| Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou o establecemento de axudas económicas para as persoas colexiadas interesadas en asistir ao XIII Congreso Docomomo Ibérico que terá lugar en Coruña do 22 e 25 de outubro terá lugar en A Coruña. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aviso de peche os días 24 e 28 de xullo da Delegación de Lugo |
|
| Infórmase que, debido a motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada os días 24 e 28 de xullo. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aviso de atención presencial do 28 de xullo ao 22 de agosto na Delegación de Ferrol |
|
| Infórmase que, debido a motivos de organización interna, do 28 de xullo ao 22 de agosto a Delegación de Ferrol ofrecerá atención presencial exclusivamente os seguintes días: 31 de xullo, 7 de agosto, 14 de agosto e 21 de agosto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria de ANMARQ para a manifestación o 27 de setembro en Madrid |
|
| Por parte de todos os movementos, agrupacións e asociacións implicados na loita pola PASARELA Ao RETA, que agrupa entre outros fundamentalmente aos colectivos de Avogados e Procuradores xunto aos Arquitectos, Arquitectos Técnicos, Aparelladores e Químicos, convocouse unha Manifestación o próximo 27 de setembro de 2025 en Madrid. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Criterio interpretativo da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie esixible da parcela á construción e uso autorizado |
|
| Circular interpretativa ditada pola Dirección Xeral de Urbanismo en colaboración co Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie da parcela á construción e uso autorizados esixida no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, relativo ás condicións xerais das edificacións no solo rústico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas do programa Fogar Vivo para 2025 |
|
| O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufructuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de aluguer a través dunha renda asequible. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ligazóns de interese en materia de urbanismo e contratación en Galicia |
|
| Ligazóns de interese de ditames, recomendacións, instrucións e acordos emitidos pola Xunta Consultiva en materia de Urbanismo e de Contratación da Xunta de Galicia, así como ligazón ao buscador de Textos Consolidados da Lexislación aprobada polo goberno de Galicia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2025 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Cambados – 1 praza de arquitecto interino |
|
| No BOP-Pontevedra de 22 de xullo publícase o anuncio do Concello de Cambados da convocatoria do proceso de selección de 1 praza de funcionario interino arquitecto por sustitución transitoria do titular e configuración de lista de reserva. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA |
|
| Estudio de arquitectura con sede en A Coruña selecciona 2 arquitectos/as para formación por beca FUAC/FEUGA Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA |
|
| Estudio de arquitectura con sede en Milladoiro (Ames) selecciona 2 arquitectos/as para formación por beca FUAC/FEUGA Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|