 |
|
|
|
|
Trámite de consulta pública sobre a nova ordenanza de regulación das actuacións de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do Concello da Coruña - Último día |
|
| O 17 de xullo, o Concello da Coruña abriu o trámite de consulta pública, dispoñible durante 15 días (até hoxe, 7 de agosto), para que as persoas e entidades puidesen achegar as súas ideas, notificando á Delegación da Coruña do COAG a apertura deste proceso consultivo, polo interese da mesma para os colexiados/as. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a gravación da Conferencia Müller Feijoo – Ciclo Próximos 2024 |
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de “Muller-Feijoo” celebrada o pasado 5 de xuño, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atención exclusiva por medios telemáticos o 16 de agosto |
|
| Infórmase que o venres 16 de agosto, con motivos das pontes pola festividade do Día da Asunción, a atención colexial será exclusivamente telefónica e telematicamente, conforme ás seguintes indicacións |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atención presencial na delegación de Pontevedra na semana do 5 ao 9 de agosto |
|
| Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da delegación de Pontevedra na semana do 5 ao 9 de agosto, só terán atención presencial o martes 6 de agosto e o xoves 8 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atención presencial na delegación de Ferrol do 29 de xullo ao 23 de agosto (ambos inclusive) |
|
| Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da delegación de Ferrol entre o 29 de xullo e o 23 de agosto, ambos días inclusive, só terán atención presencial os seguintes días: martes 30 de xullo, mércores 7 agosto, mércores 14 de agosto e mércores 21 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Ribadumia – Unha praza de Técnico/a de Urbanismo |
|
| No BOE de 6 de agosto, publícase a Resolución de 23 de xullo de 2024, do concello de Ribadumia (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de Técnico/a de Urbanismo. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte a esta publicación. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2024 |
|
| Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2024. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|