Xuntas Xerais ordinaria e extraodinaria de 19 de decembro de 2023: acordos adoptados e difusión de datos de participantes
Publicación: 27 de decembro
Infórmase da publicación da circular nº 29/2023 na que se recollen os acordos adoptados nas Xuntas Xerais ordinaria e extraordinaria do 19 de decembro de 2023, así como os datos dos participantes nas mesmas. Enlace á noticia.
Nadal 2023: Atención presencial nas oficinas colexiais e reorganización de servizos
Publicación: 20 de decembro
Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2023 de 19 de decembro, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2023-2024. Conforme ao devandito acordo, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o venres 22 de decembro e o venres 29 de decembro, así mesmo, entre o 22 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, establecese reordenación temporal de determinados servizos colexiais. Enlace á noticia.
Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024 2025
Publicación: 20 de decembro
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Nos próximos días publicaremos a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula. Enlace á noticia.
Convocatoria para a selección de participantes na “Mostra Nova Arquitectura Galega”
Publicación: 18 de decembro
O Colexio de Arquitectos de Galicia quere facer visible a alta capacidade de arquitectas e arquitectos de Galicia con menos de 40 anos. Somos conscientes da disparidade de actuacións, emprazamentos e circunstancias que acompañan o inicio da actividade profesional polo que a Xunta de Goberno do COAG decidiu lanzar unha Convocatoria aberta para visilibilizar as accións, proxectos e intervencións mais relevantes elaborados en Galicia ou por persoas nacidas en Galicia aínda que estean traballando fóra. Enlace á noticia.
Informe sobre as axudas á vivenda
Publicación: 18 de decembro
Actualizado 18 | 12 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400