DIA DAS ARTES GALEGAS |
2020 |
O DIA 1 DE ABRIL DE CADA ANO, DENDE 2015, CELEBRASE O DIA DAS ARTES, HOXE SABADO DÍA 4 DE ABRIL DE 2020 ESTARIAMOS EN SANTIAGO HOMENAXEANDO A DOMINGO DE ANDRADE, MAIS A COVID 19 OBRIGANOS A FACELO DE FORMA VIRTUAL.
VELAQUI A NOSA PEQUENA HOMENAXE DENDE O COLEXIO DE ARQUITECTOS A ESTA INICIATIVA DA ACADEMIA DE BELAS ARTES DE GALICIA, APOIADA POLA XUNTA DE GALICIA, A FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO E O CONCELLO DE SANTIAGO
As sombras do arquitecto Domingo de Andrade
O arqueólogo e museólogo Felipe-Senén aproxímase á figura do arquitecto Domingo de Andrade (1639-1712) con motivo do Día das Artes Galegas, que se conmemora mañá, 1 de abril. É o artista escollido pola Academia Galega de Belas Artes para protagonizar unha xornada que empezou a celebrarse hai cinco anos.
 |
NOS DIARIO por FELIPE SENÉN
Desde 2015 a Academia Galega de Belas Artes propuxo e vén celebrando cada 1 de abril como Día das Artes Galegas. Data escollida en memoria daquel día do ano 1188, cando o mestre Mateo ultima a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na catedral compostelá, tal como consta en epígrafe sobre os mesmos.
Desde entón e nesa ansia de consolidar esta nova advocación no calendario civil, varios creadores das diferentes artes da Galiza tiveron a súa homenaxe: Mateo, Castelao, Maruxa Mallo, De la Sota, Seoane... e nesta longa coresma e confinada primavera de 2020, o celebrado será un arquitecto que entendeu a estética dun confín do mundo, de pedra, de bosques, de labirintos, mestre construtor capaz de erguer torres e escaleiras do caos ao cosmos, que abriu solemnes pórticos ao todo, fachadas e balcóns, enmarcadas entre sartas de froitos e volutas labrados nas súas pedras... Referímonos ao mestre de obras Domingo de Andrade, singular onde os haxa, cargado pois de esencias propias, comúns e do seu tempo, un estilo barroco con marca de terra, o barroco galego.
|
O Día das Artes Galegas celebra a quen pasou o barroco pola peneira da identidade galega e dende Composla espallou polo país un xeito único e espledoroso de construción
 |
Foto: Paco Rodríguez. |
La Voz de Galicia
Domingo Antonio de Andrade foi un arquitecto incrible.
Fronte aos arquitectos da mesma época, Antonio Domingo de Andrade foi un arquitecto moi exquisito, porque entra no espazo e concibe moi ben as formas espaciais. Ao mesmo tempo, ten unha técnica extraordinaria de traballo da pedra e de busca de economía nas formas. O barroco, a súa época, caracterízase por unha explosión de ornamento, pero el era un home que lograba enganchar ese ornamento cunha peza de pedra que funciona perfectamente dende o punto de vista construtivo. Iso paréceme extraordinario.
La Voz de Galicia
|
CARTEL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020
A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do “Día das Artes Galegas” en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución.
Vídeo do Conselleiro de Cultura e Turismo en Facebook
|
|