|
|
|
|
|
Xornada “A Pegada do SIAC” - 23 de setembro |
|
|
| Hai 50 anos, en setembro de 1976, Santiago acollía o I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela. Dirixido por Aldo Rossi baixo o lema «Proxecto e cidade histórica», o SIAC reuniu na cidade a unha xeración de arquitectos que viña discutir como intervir nos centros históricos e qué forma debía tomar a cidade que se estaba a construír. Aquel encontro deixou marca: nos que participaron, na maneira de mirar Compostela e na cultura arquitectónica galega das décadas seguintes. Como acto final da exposición sobre Rafael Baltar, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca «A Pegada do SIAC», unha xornada de lembranza daquel Seminario que supuxo tamén unha aposta pola modernidade, polo diálogo e por poñer en contacto a realidade galega co mundo internacional, nun momento histórico marcado pola ilusión da chegada de tempos novos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicado listado de admitidos_Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP |
|
|
| O pasado domingo, día 20 de setembro de 2026, finalizou o prazo de matriculación establecido na convocatoria oficial do curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura que o Colexio de Arquitectos organiza en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días de presentación de candidaturas aos Premios “Gran de Area 2026” |
|
|
| O prazo de presentación de candidaturas da edición 2026 dos premios Gran de Area de Arquitectura rematará ás 23:59 horas do venres 25 de setembro de 2026. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos |
|
|
| O mércores 23 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos que será impartida polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, do estudio Salgado e Liñares. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia Nuno Melo Sousa – Ciclo Próximos 2026 – 25 de setembro |
|
|
| Dende a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia comprácenos anunciar o derradeiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que celebra este ano a súa sexta edición. A última conferencia terá lugar o vindeiro venres 25 de setembro. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visita ás instalacións de Paudepedra |
|
|
| No marco da colaboración de Paudepedra como entidade patrocinadora dos Premios PRÓXIMOS e do ciclo homónimo de conferencias, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza unha visita ás instalacións da empresa, que terá lugar o vindeiro 30 de setembro, no Polígono Industrial do Ceao, en Lugo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Monforte de Lemos - Unha praza de Arquitecto/a |
|
|
| No BOP-Lugo de 19 de setembro, publícase a modificación da Oferta de Emprego do 2026 do Concello de Monforte de Lemos, onde figura unha praza de Arquitecto/a. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de colaboración profesional |
|
|
| Estudo Gandoy Arquitectura con sede en Lugo, selecciona arquitecto/a colaborador autónomo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas “Oficio, arquitectura e territorio”. Os Casares (San Cristovo de Mouricios, Chantada – Lugo) |
|
|
| As xornadas Oficio, arquitectura e territorio buscan crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, así como incidir na relación das culturas construtivas locais co carácter propio de cada paisaxe e de cada territorio: dende as texturas e as cores achegadas polos materiais e sistemas vernáculos ata a propia forma de configuralos para diversos usos por medio de estruturas e edificacións de todo tipo: muros, edificios, bancais, pontes, canles, etc. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de setembro de 2026 |
|
|
| No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de setembro de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|