Colexio | Emprego | Eventos
Colexio
Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2024
| Publicación: 8 de xaneiro |
|
 |
Infórmase que, segundo se indica na Circular 1 2024, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2024, que rematará o 31 de xaneiro.
Enlace á noticia. |
Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024 2025
| Publicación: 20 de decembro |
|
 |
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Nos próximos días publicaremos a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula.
Enlace á noticia. |
Ampliación de prazo para dedución no IRPF por obras de mellora de eficiencia enerxética en vivendas
| Publicación: 10 de xaneiro |
|
 |
Coa finalidade de mellorar a eficiencia enerxética de vivendas amplíase un ano máis o ámbito temporal de aplicación da dedución prevista para o efecto no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Desta forma, disponse dun maior prazo para poder acometer tales obras que permiten reducir o consumo de enerxía primaria non renovable ou a demanda de calefacción ou de refrixeración das mesmas.
Enlace á noticia. |
Informe sobre as axudas á vivenda
| Publicación: 8 de xaneiro |
|
 |
Actualizado 08 | 01 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia. |
Emprego
Oferta de emprego
| Publicación: 10 de xaneiro |
|
 |
NORVENTO ENERXÍA con sede en LUGO, selecciona arquitecto/a para implantación de imaxen corporativa.
Enlace á noticia. |
Concello de Cee – Unha praza de Arquitecto/a
| Publicación: 9 de xaneiro |
|
 |
No Boletín Oficial del Estado de 3 de xaneiro de 2024, publicouse a resolución do Concello de Cee referente á convocatoria para proveer unha praza de arquitecto/a, a cubrir mediante sistema de concurso-oposición en turno libre.
Enlace á noticia. |
Eventos
Serie scalae Trazas Trazos Trozos · encuentro profesional
| Publicación: 8 de enero |
|
 |
Sesión Profesional; Presentación y debate crítico de tres episodios de la serie scalae “Trazas, trazos, trozos… de arquitectura”, con María Fandiño, Abalo Alonso y Arturo Franco Díaz”. Fundación Luis Seoane, 12 de enero 2024, 19h00.
Enlace a la noticia. |
|
|