NÚMERO 54 | 30 / SETEMBRO / 1997 |
CONCURSO DE IDEAS PARA O DESEÑO DA IMAXE CORPORATIVA DO CASCO ANTIGO DE CANGAS |
1.- ANTECEDENTES
O presente Concurso enmárcase dentro do recente Convenio de Colaboración asinado entre a Subdelegación do COAG en Vigo e mailo Concello de Cangas. Convoca o Concurso o Concello de Cangas. A Subdelegación do COAG en Vigo, a través da súa Comisión de Planeamento e Medio Ambiente, o xestiona e desenvolve.
2.- OBXECTIVO
É obxecto do presente Concurso a aportación de ideas para a creación da imaxe corporativa do Casco Antiguo de Cangas, para o cal haberán de deseñarse como mínimo os seguintes elementos, con independencia daqueles outros de mobiliario urbano que os concursantes estimen oportunos para os fins que se pretenden:
• Pavimento tipo
• Farol de pé
• Farol mural
• Banco
• Fonte bebedeiro
• Colectores de lixo
• Papeleiras
• Placas sinalización:
– Rúas
– Monumentos (elementos catalogados)
– Equipamentos
– Comercio en entrada a rúa
3.- AMBITO DO CONCURSO
O ámbito do Concurso será o Casco Antigo de Cangas delimitado como ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior, en tramitación.
4.- CONCURSANTES
Poderán presentarse, individualmente ou formando equipo, tódolos Arquitectos colexiados no C.O.A.G., que non se encontren incursos en ningún suposto de incompatibilidade dos contemplados na lei e que estean ó corrente das súas aportacións colexiais.
Cada concursante ou equipo, poderá presentar unha ou máis solucións; no caso de seren varias, farase baixo lemas diferentes.
Os equipos participantes poderán estar integrados, ademáis de por un/unha arquitecto/a obrigatoriamente, por outros profesionais.
5.- CALENDARIO
INSCRICION
Ata o 10 de outubro nas oficinas da Subdelegación en Vigo do COAG, R/ Marqués de Valladares, 27 - baixo, 36201 VIGO.
A inscripción efectuarase mediante o envío da instancia que se acompaña ás presentes Bases, xunto cun cheque nominativo (a favor do COAG, Subdelegación Vigo) por valor de tres mil pesetas (3.000 ptas.), ou copia do ingreso do mesmo importe na conta corrente 50/04234/58 da oficina principal en Vigo do Banco de Galicia (no documento de ingreso ou transferencia debe especificarse: Concurso de Ideas Cangas, así como o nome da/s persoa/s que concursa/n).
Remitirase ós concursantes inscritos a documentación que, máis adiante, se citará.
ENTREGA DA DOCUMENTACION
Ata ás 13,00 horas do día 31 de outubro, no Rexistro Xeral do Concello de Cangas, en man ou por certificado administrativo.
REUNION DO XURADO
O Xurado reunirase dentro dos quince días seguintes ó día límite da recepción das propostas.
CONSULTAS
Durante os primeiros dez días, a partir da publicación da Lista de Admitidos, contestaranse por escrito tódalas dúbidas suscitadas polos concursantes. Preguntas e respostas serán remitidas a tódolos inscritos.
6.- LISTA DE ADMITIDOS
A Subdelegación en Vigo do COAG, enviará a cada concursante a Lista de Admitidos, antes de finaliza-lo prazo de entrega das propostas.
7.- DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR ÓS CONCURSANTES
Enviarase ou entregarase ós concursantes, ó día seguinte á finalización da inscrición a seguinte documentación:
PLANO TOPOGRÁFICO E DESLINDE. ESC.: 1:2.000
8.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Os concursantes entregarán a seguinte documentación:
1- MEMORIA DESCRITIVA DA SOLUCIÓN PROPOSTA
2- DESEÑO DE CADA ELEMENTO CON ESPECIFICACIÓN DE ROTULACIÓN, CORES, DIMENSIÓNS, ETC.
3- AVALIACIÓN TOTAL APROXIMADA DA PROPOSTA E POR FASES QUE SE POIDAN REALIZAR DE XEITO INDEPENDENTE.
A escala será libre, axeitada ó formato de presentación.
Poderán presentarse calquera outra documentación gráfica que, a xuízo do concursantes, sirva para explicar con máis detalle a súa proposta.
9.- FORMA DE PRESENTACIÓN
• Documentación escrita, en formato DIN A-4
• Documentación gráfica, en formato DIN A-1 sobre soporte ríxido ou semiríxido (tipo cartón pluma).
As propostas presentaranse baixo LEMA LIBRE, con dous sobres:
Sobre NUMERO 1:
Conterá a identidade do concursante ou concursantes autor/es da proposta.
Sobre NUMERO 2:
Nome do seu representante no Xurado.
Para maior facilidade de convocatoria, será un/unha Arquitecto/a colexiado/a residente no COAG.
Nos planos, documentación escrita e no exterior de ámbolos dous sobres figurará:
1. O LEMA
2. O TEXTO: CONCURSO DE IDEAS CONCELLO DE CANGAS
10.- PREMIOS
O presente concurso estará dotado dos seguintes premios:
PRIMEIRO PREMIO: 500.000 Ptas.
SEGUNDO PREMIO: 400.000 Ptas.
DOUS ACCESITS: 150.000 Ptas. cada un
O Primeiro Premio non poderá declarase deserto.
O Xurado terá potestade de agrupa-los premios e accesits en función da calidade das propostas presentadas e repartilos doutro xeito.
NOTA: A obtención do Primeiro Premio implica o encargo da imaxe corporativa
presentada, a través da empresa adxudicataria do contrato, nos términos contractuais
previstos para estes traballos, sendo a propiedade intelectual do premiado ou premiados.
11.- COMPOSICIÓN DO XURADO
O Xurado estará formado por:
– O Alcalde-Presidente do Concello de Cangas ou persoa en quen delegue;
– O Concelleiro-Delegado de Urbanismo;
– Un/unha Concelleiro/a máis, nomeado/a polo Alcalde entre os membros da Corporación Municipal de Cangas;
– Un/unha Arquitecto/a, representante da Subdelegación do COAG en Vigo;
– Un/unha Arquitecto/a, proposto/a polos Concursantes;
– A Arquitecta redactora do PEPRI;
– Un/unha Técnico/a Municipal.
12.- PROPIEDADE DOS TRABALLOS.
OBRIGACIÓNS DOS CONCURSANTES
Os traballos premiados quedarán en propiedade do Concello de Cangas, quen poderá autorizar á Subdelegación do COAG en Vigo a expoñer ou publicar tanto éstes como os non premiados, sen necesidade de autorización expresa dos seus autores, aínda que se preserve o anonimato dos que así o desexen.
O Concello estará obrigado a devolvé-los traballos presentados ó Concurso, que non fosen premiados.
Os concursantes, polo simple feito da súa presentación, aceptan as presentes Bases.
MODELO DE INSTANCIA
CONCURSO DE IDEAS PARA O DESEÑO DA IMAXE CORPORATIVA DO CASCO ANTIGO DE CANGAS
D./Dª.
N.I.F.
ARQUITECTO/A COLEXIADO/A Nº
DOMICILIO:
R/ Nº
Localidade C.P.
Provincia
Teléfono
E X P O N
Que tendo noticia do Concurso de Ideas para o deseño da imaxe corporativa do Casco Antigo de Cangas, convocado polo Concello de Cangas, en colaboración coa Subdelegación en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e reunindo as condicións profesionais esixidas, comprométese a acepta-las bases que rexen o desenvolvemento do presente Concurso de Ideas, polo que
S O L I C I T A
Sexa tomada en consideración a presente instancia a efectos da inscrición no concurso de referencia.
Acompáñase:
Documento bancario
Cheque
a de de 1997
Asdo.: ………………………………………............
SR. PRESIDENTE DA SUBDELEGACIÓN DO COAG EN VIGO
© 1997 Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia
www.coag.es