INFORMACION COLEXIAL 
NÚMERO 40                                         23 / XULLO / 1997

 

FUNDACION FEXDEGA

CONCURSO DE IDEAS PARA ORDENACION DO RECINTO FEIRAL E USOS MULTIPLES EN VILAGARCIA DE AROUSA


n Entidade convocante. Convoca a Fundación de Feiras e Exposicións de Vilagarcía de Arousa, en colaboración coa Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Pontevedra.

n Obxecto. A finalidade do presente concurso é a selección dunha proposta para a ordenación do futuro Recinto Feiral e Usos Múltiples, sito en A Maroma, no Municipio de Vilagarcía de Arousa, para adicalo, como uso principal, á celebración de ferias e exposicións.

n Aspectos que se valorarán na proposta:

a) A flexibilidade de usos para permitir ademais usos deportivos e culturais.

b) Modulación da instalación con posibilidade da súa ampliación.

c) O tratamento dos espacios exteriores ó edificio, fundamentalmente o do aparcamento.

n Concursantes. Poderán presentarse tódolos técnicos con capacidade legal suficiente a nivel individual ou formando equipos multidisciplinares ou sociedades legalmente constituidas, que non se atopen incursos en ningún dos supostos contemplados na Lei 53/89, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración Pública, non podendo concorrer nos participantes relación algunha cos membros do Xurado.

Os concursantes acreditarán unha experiencia profesional relativa a obras de semellante envergadura, características, etc. de alomenos 5 anos. En caso de tratarse dun grupo, bastará que un dos integrantes acredite dita experiencia.

Cada concursante poderá presentar diferentes traballos baixo diferentes lemas.

n Inscripción. O prazo de inscripción dos concursantes será de 15 días naturais dende a publicación do último dos anuncios da convocatoria correspondente nos Diarios Correo Galego, Voz de Galicia ou Faro de Vigo.

n Premios. O presente concurso está dotado dos seguintes premios:

Primeiro premio: Consistirá no encargo da redacción do proxecto básico e de execución do Recinto Feiral en misión completa, entregándose ó gañador a cantidade de 1.000.000 de ptas. a conta dos honorarios correspondentes. A dirección de obras poderá ser coodirixida.

Segundo e terceiro premios: Dous accésits de 500.000 ptas.

O primeiro premio poderá quedar deserto, caso no que poderán otorgarse dous accésits mais de 500.000 ptas. cada un.

A Fundación Feiral de Vilagarcía resérvase o uso das ideas que poidan xurdir nos traballos premiados, caso de quedar deserto o primeiro premio.

 

As bases íntegras do concurso pódense solicitar ás Delegacións e Subdelegacións colexiais.

 

 

 

© 1997 Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia
www.coag.es