|
|||
|
|||
CONCURSO
DE ANTEPROXECTOS PARA
A CONSTRUCCIÓN DA CASA DA CULTURA DE MOAÑA Convoca
o Ilmo. Concello de Moaña en colaboración coa Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en
Vigo. Obxecto:
A finalidade do presente concurso é a SELECCIÓN DUNHA PROPOSTA PARA A
CONSTRUCCIÓN DA CASA DA CULTURA DE MEIRA NO TÉRMINO MUNICIPAL DE MOAÑA. Prazo
de inscrición: finalizará o día 4 de outubro de 2002. A
solicitude de inscrición se realizará mediante instancia, dirixida ó
Sr. Alcalde – Presidente do Ilmo. Concello de Moaña, segundo modelo
adxunto, tramitado a través da Delegación do COAG en Vigo. En
dita instancia o solicitante, deberá incluí-lo nome de dous arquitectos,
por orde de preferencia, con residencia en Galicia, que se desina como
representante dos concursantes no Xurado. Fíxanse
os gastos de inscrición en 40 Euros, a ingresar na Caixa Galicia conta nº
2091 0511 33 3040028719 da Delegación do COAG en Vigo. Prazo
de presentación dos traballos: finaliza o día 4 de decembro de 2002. Premios: PRIMEIRO
PREMIO:
O encargo da redacción do proxecto, básico e de execución en misión
completa, podendo se-la dirección de obra compartida, segundo acordo
municipal. Para a estimación dos honorarios aplicaranse os vixentes
Baremos do COAG, sendo o importe máximo dos mesmos de 74.040 Euros. O
encargo do Proxecto se realizará mediante procedemento negociado sen
publicidade. SEGUNDO
PREMIO
de 1.800 Euros. ACCÉSITS:
Tres Accésits de 900 Euros cada un. AS
BASES DO CONCURSO PODERÁN SER CONSULTADAS NAS DELEGACIÓNS DO COAG. (O
resto da documentación será entregada ós concursantes unha vez
inscritos).
|