NÚMERO 3 | 21 / XANEIRO
/ 2000 |
CONCURSO DE ANTEPROXECTOS. CASA
DA CONGA |
Base 1ª. Obxecto
Selección do anteproxecto mais adecuado, segundo o xuízo do xurado, para a habilitación dos locais nos que estarán situados os servicios da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago de Compostela e a ampliación da Sede Central do Colexio.
Base 2ª. Entidade convocante
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. a xestión do concurso será levada pola Delegación do Colexio en Santiago (Rúa da Rosa, 16, 8º A. 15701 Santiago).
Base 3ª. Emprazamento
Os locais que deben ser habilitados están no edificio coñecido como Casa da Conga ou da Coenga, na Quintana de Mortos da cidade de Santiago de Compostela. Ocupan a planta segunda ou principal e a planta baixo cuberta da metade esquerda do devandito edificio.
A Casa da Conga foi levantada no século XVIII baixo proxecto de Domingo Antonio de Andrade. Na dirección de obra tivo parte tamén Fernando de Casas e Novoa.
A metade direita da edificación foi reestructurada interiormente en 1988-1989 para Sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Base 4ª. Concursantes
Poderán participar arquitectos colexiados en calquera dos Colexios de arquitectos españois, individualmente ou formando equipos.
De facelo en equipo, cada concursante soamente poderá formar parte dun.
Deberán estar en situación de habilitación legal e colexial para redacta-los proxectos básico e de execución derivados do anteproxecto presentado, e para exerce-la dirección facultativa das obras, individualmente ou asociados.
Serán incompatibles para participar neste concurso os seguintes grupos de Arquitectos:
Os membros do xurado.
Os que por razón da súa relación de servicio como funcionarios ou contratados, ou pola súa condición de cargos públicos elixidos ou designados, deban ter intervención no posterior proceso de concesión de licencia de obras.
Calesquera outros que resultaren afectados de incompatibilidade por aplicación da normativa deontolóxica da profesión aprobada polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.
Os socios, colaboradores habituais, empregados e familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade dos tres anteriores grupos.
Base 5ª. Inscripción
Ábrese un prazo para a inscripción de concursantes entre a data de publicación da convocatoria e o día 14 de febreiro de 2000.
As solicitudes de inscripción serán enviadas á Delegación do COAG en Santiago por calquera dos seguintes medios:
Entregadas persoalmente na propia Delegación: Rúa da Rosa,
16-8º A.
Por correo electrónico á dirección <
Nos cinco primeiros casos os envíos deberán ter entrada na Delegación antes das 15,00 horas do día final do prazo. No sexto caso admitiranse se figura esa data ou anterior no carimbo estampado polo Servicio de Correos do lugar do envío.
Base 6ª. Cota de inscripción
A cota de inscripción por concursante ou equipo será de 15.000 pesetas (90.15 euros), en concepto de compensación dos gastos de información e tramitación.
O seu pagamento deberá facerse por transferencia bancaria ou ingreso en efectivo na conta 0065/0026/15/0001029100 do Barclays Bank (sucursal de Santiago), a nome do "Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia - Delegación de Santiago de Compostela", facendo constar "CONCURSO SEDE".
O xustificante do pagamento da cuota deberá ser enviado xunto coa solicitude de inscripción. Nas solicitudes enviadas por correo electrónico consignaranse os datos do pagamento de xeito que permitan a súa identificación (ordenante do ingreso ou transferencia, entidade bancaria e sucursal, data, etc.).
Base 7ª. Admisión
Os que cumpran coas condicións de compatibilidade e cos requisitos de inscripción serán admitidos no Concurso por resolución do Sr. Presidente da Delegación.
Sete días despois (21 de febreiro de 2000) de cerrarse o prazo farase pública a lista de concursantes inscriptos e a todos eles, por envío certificado, remitiraselles:
Planos e fotografías do edificio.
Copia de estudios e artigos publicados sobre o mesmo.
Memoria sobre o seu estado actual.
Programa de necesidades.
Normativa de aplicación (Ordenanzas do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela).
Normativa colexial de presentación de traballos.
Composición nominal do xurado.
Lista de concursantes admitidos.
Un exemplar do libro "Santiago de Compostela, la ciudad histórica como presente", no que se recollen estudios pertinentes sobre a área urbana na que está ubicado o edificio.
Base 8ª. Consultas
Os concursantes admitidos poderán, ata o día 20 de marzo de 2000, formular consultas ou solicitar ampliación da información recibida dirixíndose ó Sr. Presidente da Delegación.
As respostas ás consultas serán remitidas a tódolos inscriptos.
Base 9ª. Presentación dos traballos
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 3 de abril de 2000. O lugar de presentación será, ata as 15,00 horas dese mesmo día, nas oficinas da delegación do COAG en Santiago, na Rúa da Rosa, 16-8º A.
Admitiranse tamén os que sexan enviados, con acuse de recibo, por correo certificado ou servicio de mensaxería, sempre que foran depositados nas respectivas oficinas de recepción antes ou dentro da data antes dita, e así conste na documentación de envío, seguindo o establecido na Lei 30/1992 (Mod. 4/1999).
Base 10ª. Documentación dos traballos
Os concursantes entregarán:
- Un exemplar do anteproxecto, coa documentación completa requerida para esta fase dos traballos pola normativa colexial vixente, encadernado a tamaño UNE-A4.
- Un máximo de dous paneis lixeiros de tamaño UNE-A1 contendo a documentación gráfica fundamental da proposta e un resume da memoria.
Non se admitirán maquetas nin presentacións videográficas.
Os envoltorios externos e toda a documentación presentada levará como único signo ou marca de identificación un lema de libre elección e a indicación "CONCURSO DE ANTEPROXECTOS. CASA DA CONGA. DELEGACIÓN DO COAG EN SANTIAGO DE COMPOSTELA".
Acompañarase cun sobre opaco, pechado, que levará no exterior o mesmo lema e indicación e no interior o nome do autor ou autores do anteproxecto.
Na Delegación extenderase recibo da entrega que servirá, no seu caso, para posterior retirada da documentación presentada.
O incumprimento da norma do anonimato será causa de exclusión do traballo presentado, polo cal deberá poñerse especial atención para non a infrinxir no caso de envíos certificados.
Base 11ª. O xurado: Composición, deliberación e fallo
O xurado do concurso estará formado polas seguintes persoas:
Presidente:
O Ilmo. Sr. Decano-Presidente do COAG. Vocais:
O Sr. Presidente da Delegación de Santiago.
Un Arquitecto designado pola Xunta de Goberno do COAG.
Dous Arquitectos designados pola Xunta Directiva da Delegación de Santiago.
Un Arquitecto designado polos concursantes.
Sr. Arquitecto Municipal responsable da información de licencias de obras na área da Cidade Histórica.
Será Secretario do xurado, con voz pero sen voto, o Sr. Secretario da Xunta Directiva da Delegación de Santiago.
O xurado será convocado polo seu Presidente, deliberará sobre os traballos presentados, e emitirá o seu fallo nun prazo máximo de dúas semanas despois do último día de entrega dos mesmos (antes do 17 de abril de 2000).
Nas deliberacións examinaranse expresamente:
A calidade arquitectónica das propostas.
A adecuación ó programa de necesidades.
O cumprimento da normativa de aplicación.
A viabilidade económica.
O fallo será debidamente razoado e poderá facer recomendacións de modificacións sobre o proxecto gañador. Unha vez emitido será publicado na Circular colexial e comunicado por correo certificado a tódolos concursantes inscriptos.
O fallo do xurado será inapelable.
Base 12ª. Premios
1º Premio: 750.000 pesetas (4.507,59 euros) e o encargo do traballo en misión completa.
2º Premio: 750.000 pesetas (4.507,59 euros).
Catro accésit, cada un de 375.000 pesetas (2.253,80 euros).
Os premios poderán ser declarados desertos. Os accésits únicamente poderán quedar desertos se non se presentasen anteproxectos en número suficiente.
O pagamento dos premios farase nun prazo máximo de 60 días, contados dende o seguinte ó da emisión do fallo.
Base 13ª. Encargo definitivo
O concursante gañador subscribirá, antes do día 5 de maio de 2000, un contrato de asistencia técnica co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia comprometéndose a entrega-lo proxecto básico e de execución antes do día 5 de xullo de 2.000. O importe total dos honorarios de arquitecto, incluida a dirección, liquidación e recepción da obra ascende a 2.500.000 pesetas (15.025,30 euros), que serán aboados do seguinte xeito:
750.000 pesetas, dentro dos 60 días posteriores ó fallo do xurado.
1.000.000 pesetas, unha vez visado o proxecto básico e de execución.
750.000 pesetas, coa emisión do certificado final de obra.
O proxecto básico e de execución axustarase ó anteproxecto premiado e incorporará as modificacións recomendadas polo xurado.
No caso de que o gañador sexa un arquitecto residente fóra de Galicia, a dirección das obras será compartida cun arquitecto da Delegación de Santiago, designado pola Xunta Directiva da Delegación, previa proposta do autor do proxecto, e respectando o réxime de incompatibilidades expresado na base 4ª.
Base 14ª. Propiedade intelectual
Os concursantes conservarán tódolos seus dereitos de propiedade intelectual sobre os traballos presentados.
A documentación dos traballos premiados pasará a ser de propiedade do COAG.
O COAG terá dereito a reproducir e publica-la totalidade dos traballos presentados e a organizar unha exposición pública dos mesmos, unha vez emitido o fallo do xurado. Tanto na publicación como na exposición manterase o anonimato dos traballos non premiados, salvo que os autores soliciten o contrario.
Celebrada a exposición pública, os concursantes non premiados poderán retira-los seus traballos presentando o recibo da entrega.
Base 15ª. Aceptación das bases do concurso
A presentación ó concurso implica coñecemento e aceptación íntegra das presentes bases.
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Apelidos e Nome ................................................................................................
Colexio Oficial de Arquitectos .................................. Número de colexiado ............
Enderezo postal ..................................................................................................
Localidade ............................................................. C.P. .....................................
Teléfono .................. Fax ................ Correo Electrónico ........................................
Coñezo e acepto íntegramente as bases do CONCURSO DE ANTEPROXECTOS. CASA DA CONGA, convocado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na súa circular nº 3 de data 21 de xaneiro de 2000, e solicito ser inscripto/a como concursante.
Propoño como vocal representante dos concursantes no xurado a:
Datos do pagamento da cuota de inscripción
Ordenante: ............................................................................................................
a través da entidade ...............................................................................................
sucursal ................................................................................................................
data do ingreso ou da orde de pagamento ................................................................
(Lugar, data e sinatura)