| |
NÚMERO 38 3 / MAIO / 2002
CONCURSO
DE IDEAS PARA A ORDENACIÓN DO
CONTORNO DO ESPIGÓN DO PEIRAO DE PASAXEIROS DO PORTO DE CANGAS
Convoca
Concello de Cangas coa colaboración da Delegación do COAG en Pontevedra e
Portos de Galicia
Obxecto
do concurso
Presentación de ideas mediante a redacción dos correspondentes anteproxectos
para a adecuación ambiental do peirao de pasaxeiros do Porto de Cangas.
Concursantes
Poderanse presentar, individualmente ou en equipo, tódolos/as arquitectos/as
superiores e enxeñeiros de camiños, canles e portos, colexiados/as nos seus
respectivos Colexios Profesionais do Estado, e que non se atopen incursos en
ningún suposto de incompatibilidade dos contemplados na Lei e que estean ó
corrente nas súas aportacións colexiais. En caso de que o traballo se efectúe
en equipo haberá de especificarse a formación do mesmo. Cada concursante
poderá presentar unha ou varias solucións; en caso de que sexan varias,
farase baixo lemas diferentes.
Calendario
Inscrición
Ata
o 15 de maio de 2002, nas oficinas da Delegación do COAG en
Pontevedra. A inscrición efectuarase mediante o envío da instancia, da cal o
modelo está nas Delegacións e na páxina web do COAG, xunto cun cheque
nominativo a favor do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Delegación
en Pontevedra, por valor de 30 euros, ou copia de ingreso do mesmo importe na
C/C nº 0048 3002 47 0100654187 da Entidade Banco Simeón de Pontevedra.
Remitirase polo COAG ós concursantes inscritos a documentación (as bases que
regulan o concurso, plano de situación actual do ámbito a escala 1:1000, e
reportaxe fotográfica) así coma a lista de admitidos antes de finaliza-lo
prazo de entrega das propostas.
Entrega
de anteproxectos
O
prazo de entrega será ata as 14 horas do día 17 de xuño de 2002 nas
oficinas da Secretaría Xeral do Concello de Cangas.
Consultas
Durante
os 10 primeiros días, a partir da publicación da lista de admitidos/as, na
Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na
oficina do Servicio de Urbanismo do Concello de Cangas, contestaranse as dúbidas
que poidan suscitarse ós concursantes.
Premios
Primeiro
premio: encargo de redacción do proxecto de execución e dirección de obra.
Segundo
premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 3.000 euros.