INFORMACION COLEXIAL 

NÚMERO 25                                                                                              25 / MARZO / 2002

CONCURSO SEDE DA DELEGACION DO 

COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA EN A CORUÑA

 
Base 1ª. Obxecto

Selección do PROXECTO BASICO máis adecuado segundo o xuizo do xurado para a habilitación dos locais nos que estarán situados os servicios da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en A Coruña.

 
Base 2ª. Procedimento

O concurso constará de dúas fases: A primeira consistirá na selección dun máximo de tres anteproxectos para a habilitación dos locais da Delegación do Colexio Na segunda, desenrolaranse os anteproxectos preseleccionados, elixíndose o proxecto básico máis adecuado para as citadas oficinas.

  
Base 3ª. Entidade convocante

Convoca este concurso o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación de A Coruña (R/ Linares Rivas. 28/32 10º. 15005. A Coruña. Tel: 981 122255).

 
Base 4ª. Emprazamento

Os locais que deben ser habilitados atópanse nun edificio de nova construcción, situado en A Coruña entre a rúa Federico Tapia e a rúa Emilia Pardo Bazán, e, con acceso dende as dúas, ocupando o andar baixo e máis o entrechán en varias alturas.

 
Base 5ª. Concursantes

Poderán participar no concurso, arquitectos residentes en Galicia, individualmente ou formando equipos.

Cada concursante somente poderá presentar unha proposta e de facelo en equipo, somente poderá formar parte dun, figurando no primeiro lugar o nome do colexiado director do equipo a tódolos efectos.

Os concursantes deberán estar en situación de colexiación regulamentaria para redacta-los proxectos básico e de execución derivados do anteproxecto presentado, e para exerce-la dirección facultativa das obras; así como estar ó corrente dos pagamentos legalmente establecidos nos estatutos colexiais.

Serán incompatibles para participar neste concurso os seguintes grupos de Arquitectos:

– Os membros do xurado.

– Os que por razón da súa relación de servicio como funcionarios ou contratados, ou pola súa condición de cargos públicos elixidos ou designados, deban ter intervención no posterior proceso de concesión de licencia de obras.

– Calesquera outros que resultaren afectados de incompatibilidade por aplicación da normativa deontolóxica da profesión aprobada polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.

– Os socios, colaboradores habituais, empregados e familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade dos tres anteriores grupos.


Base 6ª. Inscrición

Os concursantes poderán inscribirse no concurso ata o día 12 de Abril do 2002.

As solicitudes de inscrición serán enviadas á atención do Secretario da Delegación do COAG en A Coruña por calquera dos seguintes medios:

– Entregadas persoalmente na Delegación: Linares Rivas. 28/32 10º. A Coruña.

– Por correo electrónico á dirección: toya.coruna@coag.es

– Por fax dirixido ó número  981 12 23 44.

– Por servicio de mensaxería, ó mesmo enderezo.

– Por correo ordinario ou certificado, ó mesmo enderezo.

Nos catro primeiros casos os envíos deberán ter entrada na Delegación antes das 15,00 horas do día final do prazo (día 12 de Abril). No quinto caso deberá figurar esa data ou anterior no carimbo estampado polo Servicio de Correos do lugar do envío.  

 
Base 7ª. Cota de inscrición

A cota de inscrición por concursante ou equipo será de 6 ¤ (1.000 pesetas) en concepto de compensación dos gastos de información, envío e tramitación.

O seu pagamento deberá facerse por transferencia bancaria ou ingreso en efectivo, facendo constar “CONCURSO DELEGACIÓN CORUÑA”, nunha das contas:

BANKINTER                                0128 6103 15 0101881163

BANCO DE GALICIA                     0097 8930 52 0600563375  

 

O xustificante do pagamento deberá achegarse á solicitude de inscrición. Nas solicitudes enviadas por correo electrónico consignaranse os datos do pagamento de xeito que permitan a súa identificación (ordenante do ingreso ou transferencia, entidade bancaria e sucursal, data, etc.).

Na solicitude, cada arquitecto ou equipo notificará o nome dun arquitecto para formar parte do xurado.  

 
Base 8ª. Admisión

Os que cumpran coas condicións de compatibilidade e cos requisitos de inscrición serán admitidos no Concurso por resolución do Sr. Presidente da Delegación.

Os sete días de pecharse o prazo, o día 19 de Abril, farase pública a lista de concursantes inscritos, e a todos eles, por envío certificado, remitiráselles:

1. CD cos planos e fotografías do edificio.  
 

2. Dispoñibilidade económica, á que debe axustarse o presuposto.  
 

3. Programa de necesidades.  
 

4. Normativa de aplicación (Ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña).  
 

5. Composición nominal do xurado.  
 

6. Lista de concursantes admitidos.  
 

7. Datas concertadas para visitar ó local obxecto do concurso.

 
A documentación gráfica poderá tamén ser baixada, a partires da data da páxina web da Delegación:
http://coruna.coag.es  

 
Base 9ª. Consultas

Os concursantes admitidos poderán, ata o día 26 de Abril, formular consultas, dirixíndose ó Sr. Secretario, por escrito nas oficinas da Delegación, ou vía e-mail na dirección de correo electrónico: toya@coag.es

As respostas ás consultas serán remitidas a tódolos concursantes e publicadas na páxina web da Delegación, antes de día 10 de Maio.  

 
Base 10ª. Presentación dos traballos

O prazo de presentación dos traballos a nivel de anteproxecto rematará o día 21 de Xuño de 2002.

O lugar de presentación será, ata as 15,00 horas dese mesmo día, nas oficinas da Delegación do COAG en A Coruña (r/ Linares Rivas. 28/32 10º.)

Admitiranse tamén os que sexan enviados, con acuse de recibo, por correo certificado ou servicio de mensaxería, sempre que foran depositados nas respectivas oficinas de recepción antes ou dentro da data e hora antes dita, e así conste na documentación de envío, seguindo o establecido na Lei 30/1992 (Mod. 4/1999).  

 
Base 11ª. Documentación dos traballos

Os concursantes entregarán:

– Un exemplar do anteproxecto, coa documentación completa requirida para esta fase dos traballos pola normativa colexial vixente, encadernado a tamaño UNE-A4.

– Un máximo de dous paneis lixeiros de tamaño UNE-A1 contendo a documentación gráfica da proposta e un resume da memoria.

Non se admitirán maquetas nin presentacións videográficas.

Os envoltorios externos e tódala documentación presentada levará como único signo ou marca de identificación un lema de libre elección e a indicación “CONCURSO SEDE DA DELEGACIÓN DO COAG EN A CORUÑA”.

Acompañarase cun sobre opaco, pechado, que levará no exterior o mesmo lema e indicación e no interior o nome do autor ou autores do anteproxecto.

Na Delegación estenderase recibo da entrega que servirá, no seu caso, para posterior retirada da documentación presentada.

O incumprimento da norma do anonimato será causa de exclusión do traballo presentado, polo cal deberá poñerse especial atención para non a infrinxir no caso de envíos certificados.  

 
Base 12ª. O xurado: Composición, deliberación e fallo

O xurado do concurso estará formado polas seguintes persoas:  
 

PRESIDENTE:

– O Ilmo. Sr. Decano-Presidente do COAG o persoa en quen delegue  
 

VOCAIS:

– O Sr. Presidente da Delegación de A CORUÑA.  
 

– O responsable da Comisión de Cultura da Delegación de A CORUÑA.  
 

– Un arquitecto designado pola Xunta Directiva da Delegación de A CORUÑA.  
 

– Un Arquitecto designado polos concursantes.

Será Secretario do xurado, con voz pero sen voto, o Sr. Secretario da Xunta Directiva da Delegación de A Coruña.

O xurado será convocado polo seu Presidente, e seleccionará un máximo de 3 anteproxectos, facéndose público o fallo no mes de Xullo, que será publicado na Circular colexial e comunicado por correo certificado a tódolos concursantes inscritos.

Nas deliberacións examinaranse expresamente:

– A calidade arquitectónica das propostas.

A adecuación ó programa de necesidades.

– O cumprimento da normativa de aplicación.

– A viabilidade económica.

O xurado razoará debidamente o fallo, e poderá facer recomendacións de modificacións sobre os anteproxectos seleccionados.

Fallada a primeira fase do concurso, cada autor/res dos traballos elixidos realizará o proxecto básico derivado do anteproxecto seleccionado. Este proxecto básico será entregado nas oficinas da Delegación, finalizando o prazo de entrega o día 30 de setembro.

Os proxectos básicos axustaranse ós anteproxectos elixidos, debendo incorporar as modificacións recomendadas polo xurado, así como definir acabados, detalles constructivos, preinstalacions e o presuposto de execución material. Cada concursante comprometerase cun presuposto e un prazo para executa-las obras que será valorado polo xurado e incluído na firma do contrato definitivo de dirección das obras.

O xurado da segunda fase será convocado novamente para elixir un dos tres traballos preseleccionados, facéndose público o seu fallo no mes de outubro.

O fallo do xurado será inapelable.  

 
Base 13ª. Premios

· 3 Anteproxectos seleccionados: 4.507.59 euros ( 750.000 ptas ) e o pagamento do proxecto básico desenrolado con arreglo os baremos orientativos do COAG para a determinación de honorarios estimativos.

· 1º Premio: Encargo do resto do traballo en misión completa, co mesmo criterio de determinación de honorarios.

Queda a decisión do xurado a posibilidade de outorgar menciones na primeira fase.

Os premios non poderán ser declarados desertos.

O pagamento dos premios farase nun prazo máximo de 30 días, contados dende o seguinte ó da emisión do fallo.  

 
Base 14ª. Encargo definitivo

O concursante gañador subscribirá, unha vez emitido o fallo do xurado, un contrato de asistencia técnica co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.  

 
Base 15ª. Propiedade intelectual

Os concursantes conservarán tódolos seus dereitos de propiedade intelectual sobre os traballos presentados.

A documentación dos traballos premiados pasará a ser de propiedade do COAG.

O COAG terá dereito a reproducir e publica-la totalidade dos traballos presentados e a organizar unha exposición pública dos mesmos, unha vez emitido o fallo do xurado. Tanto na publicación como na exposición manterase o anonimato dos traballos non premiados, salvo que os autores soliciten o contrario.

Celebrada a exposición pública, os concursantes non premiados poderán retira-los seus traballos presentando o recibo da entrega.  

 
Base 16ª. Aceptación das bases do concurso

A presentación ó concurso implica coñecemento e aceptación íntegra das presentes bases.

 

 

 

 

  

 

 

 

FORMULARIO   DE   INSCRICIÓN  

Apelidos e Nome:__________________________________________________________________  

 
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Número de colexiado:_____________________________

 
Enderezo postal:___________________________________________________________________

 
Localidade:____________________________________________C.P.________________________

 
Teléfono:_________________Fax:________________Correo Electrónico:
________________________

 

Coñezo e acepto íntegramente as bases do CONCURSO DE PROXECTOS PARA A SEDE DA DELEGACIÓN DE A CORUÑA, convocado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na súa circular número 25 de marzo de 2002 e solicito ser inscrito/a como concursante.

 
Propoño como vocal representante dos concursantes no Xurado a:

   _________________________________________________________________________________

 
 

Datos do pagamento da cota de inscrición  
 

Ordenante:________________________________________________________________________

 
a través da entidade:_______________________________________________________________

 
sucursal:_________________________________________________________________________

 
data do ingreso ou da orde de pagamento:_____________________________________________

 
(Lugar, data e sinatura)

 
 

 

2002 Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia
www.coag.es