número 10 7 / febreiro / 2002
CONCELLO DE SOUTOMAIOR (Pontevedra)
CONCURSO Anteproxectos para a futura construcción de ampliación da Casa do Concello
Na Sección de Concursos Urxentes da web
do COAG e con data de 3 de setembro de 2001, publicouse o concurso convocado
polo Concello de Soutomaior (Pontevedra) para presentación de “Anteproxectos
para a futura construcción de ampliación da Casa do Concello” (B.O.P 14/08/01
e D.O.G 5/09/01). Dito concurso foi declarado parcialmente deserto, segundo
acordo da Comisión de Goberno Municipal de data 5/12/01, outorgándose unicamente
2 accésits. Por tal motivo o Concello de Soutomaior acorda unha nova convocatoria
do concurso, esta vez coa colaboración da Delegación do COAG en Pontevedra.
ENTIDADE CONVOCANTE
Convoca o Ilmo. Concello de Soutomaior en colaboración coa
Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en adiante COAG, en
Pontevedra.
OBXETO
A finalidade do presente concurso é a selección
dunha proposta para a ampliación do actual edificio da Casa Consistorial do
Concello de Soutomaior, conectando a mesma coa edificación xa existente e incluso
modificando, mellorando a entrada e acceso á citada instalación municipal actual,
redistribuindo interiormente esta (incluso as estancias existentes si se estimase
necesario para mellora-lo aproveitamento do edificio); dita reforma de plantexarse,
deberá estar incluida na cuantía total do orzamento da obra máximo indicado
nestas bases.
Se valorará positivamente a integración da proposta dentro do entorno arquitectónico no que se encontra a súa conexión co edificio existente, así como o exhaustivo cumplimiento da Regulamentación en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Así como a resolución máis adecuada para a identificación, acceso e aparcamento do conxunto edificado.
Se valorará tamén a resolución de espacios polivalentes, fácilmente ampliable e que se adapten para un amoblamento polivalente e práctico.
CONCURSANTES
Poderán presentarse todos os arquitectos colexiados, ben individualmente
ou en grupo, que non se atopen incursos en ningun do supostos contemplados na
Lei 53/89 de 26 de dicembre, sobre incompatibilidade de persoal ó servicio da
Administración Pública, non podendo concursar aqueles que mantivesen relación
algunha cos membros do xurado.
CALENDARIO
INSCRIPCIÓN
O prazo de inscripción dos concursantes finalizará o día
22 de Febreiro de 2002.
A solicitude de inscripción se realizará mediante instancia, dirixida ó Sr. Alcalde – Presidente do Ilmo. Concello de Soutomaior, segúndo modelo adxunto, tramitado a través da Delegación do COAG en Pontevedra.
En dita instancia o solicitante, deberá inclui-lo nome de dous arquitectos, por orde de preferencia, con residencia en Galicia, que se desina como representante dos concursantes no Xurado.
Fíxanse os gastos de inscripción en 30 Euros, a ingresar no Banco Simeón conta nº 0048-3002-47-0100654187 da Delegación do COAG en Pontevedra.
LISTA DE ADMITIDOS
A Delegación do COAG en Pontevedra enviará a todos os admitidos
a lista de éstos, no prazo de cinco días naturais.
PREMIOS
O presente concurso está dotado dos seguintes premios
PRIMEIRO PREMIO: O encargo da redacción do proxecto, básico e de execución en misión completa, podendo se-la dirección de obra compartida, según acordo municipal. Para a estimación dos honorarios se aplicará os vixentes Baremos do COAG, sendo o importe máximo dos mesmos de 15.625 €. O encargo do Proxecto se realizará mediante procedimento negociado sen publicidade.
ACCESIST: Tres Accesist de 2.000 Euros cada un.
O Concello procederá ó abono dos premios en metálico nun prazo máximo de 60 días, a contar desde o seguinte ó da publicación da decisión do premio e procederá a formaliza-lo correspondiente contrato de consultoría e asistencia o gañador/a do mesmo.
O concursante gañador/a se compromete a entrega-lo proxecto
básico e de execución nun prazo máximo de 2 meses, a contar desde o día seguinte
ó da notificación da adxudicación do contrato polo organismo de contratación
administrativa.
As bases están a disposición dos Sres. colexidos nas Delegacións e na páxima web do COAG.