INFORMACION COLEXIAL 
NÚMERO  107

20 / decembro / 2002

 

4 CONCURSOS DE ANTEPROXECTOS

PARA A ORDENACIÓN DE ESPACIOS PÚBLICOS NO CONCELLO DE POIO

ZONA 1: A BARCA – ZONA 2: LOURIDO – ZONA 3: CAMPELO – ZONA 4: RAXÓ

 

ENTIDADE CONVOCANTE

Convoca os 4 concursos de anteproxectos o Ilmo. Concello de Poio en colaboración coa Delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia.

 

OBXECTO

A finalidade dos presentes concursos é a selección  das propostas de ordenación mais axeitadas para os catro ámbitos definidos pertencentes ó Concello de Poio, tendo en conta que dentro de cada ámbito se situan equipamentos e que se terá que resolver a sua ordenación e conexión  coas zonas verdes da proposta.

Os emprazamentos das catro actuacións previstas son os seguintes:

ZONA 1. SAN SALVADOR (A BARCA): axardinamento e dotación de zonas deportivas descubertas en solo de zona verde/ espacio libre público previsto no PXOM.

ZONA 2. LOURIDO: ordenación de solo rústico de protección de costas como paseo marítimo e zonas deportivas.

ZONA 3. CAMPELO: ordenación de praza pública en solo de zona verde/ espacios libres públicos previsto no PXOM. 

ZONA 4. RAXÓ: ampliación do cemiterio existente e Casa da Cultura, ordenando os accesos e os viais perimetrais

 

CONCURSANTES

Poderán presentarse todos os arquitectos colexiados en España que non se atopen incursos en ningún dos supostos contemplados na Lei 53/89 de 26 de Decembro, sobre incompatibilidades de personal ó servicio da Administración pública. Nos participantes non pode incurrir relación alguha cos membros do xurado.

Os concursantes poderanse presentar ben individualmente ou formando parte de equipos. Cada compoñente unicamente poderá formar parte dun equipo.

Os equipos participantes só poderán presentar unha proposta por cada zona.

 

CALENDARIO

Convocatoria única

Os canais de difusión da convocatoria do concurso serán os medios de difusión en prensa, boletíns e circulares do COAG e a páxina web oficial do Colexio.

Inscripción única ata as 14.00 horas do 10 de Xaneiro de 2003

A Inscripción formalizarase coa entrega en persona, por correo ou fax dos seguintes documentos:

Instancia (según modelo anexo), dirixida ó Excmo. Alcalde do Concello de Poio.

Datos do representante do equipo concursante.

Xustificante do ingreso no banco dos dereitos de inscripción.

Nome dun arquitecto superior elexido como representante dos concursantes no xurado (inclúese no modelo de instancia).

Poderáse solicitar a inscripción en todas as zonas ou en algunha/s dela/s, debéndose indicar claramente no modelo de instancia adxunta. A cota de inscripción será de 60,00 euros por cada zona, a aboar na conta nº 0048-3002-47-0100654187 do Banco Simeón.

O antedito sobre enviarase á Delegación en Pontevedra do COAG:

C/ Riestra, 11,1º.36001 Pontevedra

Tfno: 986 859162/ 986 859158

Fax: 986 845126

Envio de documentación, bases e lista provisional de admitidos 20 de Xaneiro de 2003

A tódolos concursantes admitidos lles será enviado nas datas indicadas a seguinte documentación:

Bases do concurso

Relación de admitidos no concurso

Plano de situación do concello a escala 1/50.000

Plano do contorno do/s ámbito/s escollido/s a escala 1/1000: estado actual e determinacións do PXOM.

Reportaxe fotográfica do/s ámbito/s escollido/s.

Recepción de consultas ata o 4 de Febrero de 2003

As posibles consultas remitiranse no prazo fixado á Delegación en Pontevedra do COAG. Concluido o prazo de recepción de consultas, a tódolos concursantes admitidos lles será enviado un escrito coas respostas á totalidade das consultas formuladas nun plazo máximo de 15 dias.

Presentación dos traballos en función das zonas

Data límite de presentación dos traballos: escalónase en duas datas diferentes:

ZONAS 1 e 2: 10 de Marzo de 2003.

ZONAS 3 e 4: 11 de Abril de 2003.

Os equipos participantes só poderán presentar unha proposta por cada inscripción ou zona. A entrega faráse en man ou correo certificado, no Rexistro Xeral do Ilmo. Concello de Poio ata as 14.00 horas do dia fixado como límite.

Resolución do concurso (data única) 25 de Abril de 2003

Na data indicada terá lugar o fallo do Xurado, do cal se dará inmediato traslado ós premiados, publicándose o mesmo en circular do COAG.

Recollida dos traballos non premiados: dende o 10 de Xunio de 2003

Os traballos non premiados poderán retirarse personalmente ou por delegación por escrito no Concello. Entenderáse que os autores dos traballos non recollidos nos prazos estipulados renuncian implícitamente a eles.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Cada concursante ou equipo poderá presentar unha proposta por cada zona. En caso de presentarse a varias zonas farase con expedientes e lemas distintos entre sí. A documentación a presentar polos concursantes será a seguinte:

Breve memoria descriptiva en formato DIN A-4 na que se xustifique a idoneidade da proposta, incluíndo un cadro de superficies útiles. En cada unha das páxinas aparecerá o título do concurso e o lema escollido.

Documentación gráfica:

Plano de emprazamento e relación co contorno.

Plano de ordenación xeral.

Planos de planta, alzado, e sección necesarios para o correcto entendemento da proposta.

Perspectivas e/ou render.

Non se admitirán maquetas, pero sí fotografías das mesmas.

Os planos irán montados en soporte ríxido, plano e resistente de tamaño A-1, cun máximo de 2 paneles por proposta.

En cada un dos paneis figurarán o título do concurso e o lema escollido.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

Por cada proposta se adxuntará un sobre pechado no exterior do cal figurarán o título do concurso e o lema escollido, e no seu interior o nome do/s concursante/s e a sua dirección e teléfono de contacto. 

 

PREMIOS

Primeiros Premios

Otorgaráse catro primeiros premios, un por cada unha das zonas, de 3005,06 euros (500.000 pts) cada un, en concepto de entrega a conta dos honorarios dos proxectos de desenvolvemento se o Concello decide executalos. Non poden quedar desertos.

Accésit

Otorgaráse catro accésit, un por cada unha das zonas, de 1502,53 euros (250.000 pts) cada un.

 

XURADO

O Xurado para a selección dos catro anteproxectos de ordenación dos terreos estará integrado polos seguintes membros:

Para todos os catro anteproxectos de ordenación dos terreos de A Barca, Lourido, Campelo e Raxó:

Presidente:

– O alcalde- Presidente do Concello de Poio ou persoa na que delegue.

Vocais:

– A presidenta da Delegación do COAG en Pontevedra ou persoa na que delegue.

– O aparellador municipal do concello de Pöio

– Un arquitecto designado polo Concello

– O enxeñeiro municipal

– Catro Concelleiros: un  por cada un dos grupos políticos do Concello de Poio

– Un arquitecto nomeado polos concursantes

Secretario:

– O secretario do Concello de Poio ou persoa na que delegue.

– Para a selección do anteproxecto dos terreos de A Barca (ZONA 1) e Lourido (ZONA 2) formará tamén parte do Xurado un arquitecto designado polo servicio de Costas do Estado, do Ministerio de Medio Ambiente de Pontevedra.

– Para a selección do anteproxecto do terreos de Campelo  (ZONA 3)  e de Raxó (ZONA 4) formará parte tamén do Xurado un arquitecto designado polo Arcebispado de Santiago de Compostela.

– Tamén formarán parte en cada un dos terreos a ordenar un representante de cada unha das asociacións de veciños de Lourido, A Barca, Campelo e Raxó, designados polas mesmas, e no de Raxó ademais un representante da Asociación Cultural e Deportiva de Raxó, con voz pero sen voto.

 

PROPIEDADE DOS TRABALLOS. OBRIGAS DOS CONCURSANTES

Os traballos presentados serán de propiedade municipal. O Concello poderá expoñelos e publicalos sen necesidade de autorización expresa dos autores, sen prexuízo de que tamén poidan ser utilizados por pola Delegación en Pontevedra do COAG en exposicións e publicacións.

O presente concurso, así como as relacións entre o/s concursante/s seleccionado/s e o Concello de Poio rexeránse polas presentes bases e os preceptos aplicables do Real Decreto Lexislativo 2/2000 de 16 de Xullo, especialmente nos artigos 216 e seguintes, así como demáis normativa aplicable ás contratacións públicas.

Os concursantes quedan obrigados, polo mero feito de da sua inscripción, á aceptación das presentes bases; en caso de incurrir en indefinicións ou erros na definición destas bases, será de aplicación o Reglamento de Concursos publlicado polo Consejo Superior de Arquitectos.

O ganador de cada concurso se compromete á entrega dos proxectos básico e de execución nos prazos que determine o Concello, e a sometelos a visado na Delegación de Pontevedra do COAG.

 

Bases e documentación deste concurso na páxina web e nas Delegacións do COAG.

 

 

 

4 CONCURSOS DE ANTEPROXECTOS

PARA A ORDENACIÓN DE ESPACIOS PÚBLICOS NO CONCELLO DE POIO

MODELO DE INSTANCIA

Sr. Alcalde- Presidente do Ilmo. Concello de Poio

NOME:                                                                                     .   

COLEXIADO Nº                 DELEGACIÓN COAG:                                   .

DIRECCIÓN:                                                         C.P.                     .

TELÉFONO:                      FAX                      E-CORREO                       .

Solicito a miña inclusión no

CONCURSO DE ANTEPROXECTOS DE ORDENACIÓN DOS TERREOS EN ....................................................... ................................................, aceptando todas as bases  que figuran anexas a esta instancia,

e designo ó arquitecto colexiado residente no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia como meu representante no concurso a D/Dª..................................................................................................

Asimesmo, comprométome ó visado do proxecto básico e de execución na Delegación de Pontevedra en caso de que me sexa encomendada a sua redacción.

Data: 

 

Firmado: 

 

 

Enviar a:

Delegación en Pontevedra do COAG

C/ Riestra, 11,1º.36001 Pontevedra

Tfnos: 986 859162 / 986 859158

Fax: 986 845126

adxuntando talón nominativo ou resgardo de ingreso por importe de 60.00 Euros por cada unha das zonas escollidas, a aboar na conta nº 0048-3002-47-0100654187 do Banco Simeón.

 
2002 Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia

www.coag.es