Resolución 9/2019, de 26 de decembro, do Pleno da Comisión Galega da Competencia pola que se declara a terminación convencional do expediente s 5/2016-Arquitectos de Galicia

4 Febreiro 2020

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia tiña a disposición dos colexiados no apartado web relativo a “visado” e dentro del, no subapartado “marco regulador”, entre outros contidos, o “Antiguo Baremo Colexial e Histórico de Módulos y Ca”.

A Comisión Galega da Competencia, iniciou un expediente sancionador ao COAG por manter dito texto a disposición dos colexiados e en maio de 2017 o COAG procedeu a retirar dita publicación.

Dito expediente sancionador finalizou de xeito convencional mediante Resolución do Pleno da Comisión Galega da Competencia de data de data 26 de decembro de 2019 ( en adiante, “Resolución”), Resolución da que se infire que está prohibido o acceso ao Antigo Baremo Colexial e Histórico de Módulos e Ca, non vixente, aínda a efectos “históricos” ou de “lexislación no vixente”, por ser contrario ao disposto na vixente normativa reguladora da competencia (Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da Competencia)”. 

En relación coa devandita resolución do Pleno da Comisión Galega da Competencia,  A Xunta de Goberno, na súa sesión 1/2020 de 23 de xaneiro, adoptou os seguintes ACORDOS:

  1. TOMAR COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN 9/2019 DE 26 DE DECEMBRO, DO PLENO DA COMISIÓN GALEGA DA COMPETENCIA, POLA QUE, TRAS ACEPTAR OS COMPROMISOS PROPOSTOS POLO COAG, SE DECLARA A TERMINACIÓN CONVENCIONAL DO EXPEDIENTE S 5/2016-ARQUITECTOS DE GALICIA.
  2. EXECUTAR OS COMPROMISOS Nº 1 E Nº 2 NOS TERMOS RECOLLIDOS NA DEVANDITA RESOLUCIÓN, DETERMINÁNDOSE O SEGUINTE:
    • PUBLICAR NA WEB COLEXIAL UNA MENCIÓN EXPLÍCITA Á RESOLUCIÓN DE TERMINACIÓN CONVENCIONAL DO EXPEDIENTE SANCIONADOR, NOS TERMOS EXPRESADOS NA RESOLUCIÓN.
    • INFORMAR AOS COLEXIADOS MEDIANTE CIRCULAR COLEXIAL QUE A ORIXE DO EXPEDIENTE SANCIONADOR ATOPÁBASE NO MANTEMENTO, AÍNDA CO TEXTO RELATIVO Á SÚA NON VIXENCIA, DO CORRESPONDENTE ENLACE DA WEB, RECORDANDO A PROHIBICIÓN LEGAL DE QUE OS COLEXIOS ESTABLEZAN BAREMOS ORIENTATIVOS DE HONORARIOS, NOS TERMOS EXPRESADOS NA RESOLUCIÓN.
  3. TOMAR COÑECEMENTO DE QUE, CONFORME AO PREVISTO NA DEVANDITA RESOLUCIÓN, O PRAZO MÁXIMO PARA PUBLICAR A MENCIÓN NA WEB, PARA O ENVÍO DA CIRCULAR COLEXIAL A TODOS OS COLEXIADOS E PARA REMITIR PROBA DE CUMPRIMENTO Á COMISIÓN GALEGA DA COMPETENCIA É DE 15 DÍAS HÁBILES DESDE A ADOPTACIÓN DO PRESENTE ACORDO.

Conforme ao disposto nos devanditos acordos, infórmase da mención explícita na web colexial á Resolución e que, a continuación, refírese a información aos colexiados explicando que, a orixe do expediente sancionador, atopábase no mantemento dun enlace ao “Antiguo Baremo Colexial e Histórico de Módulos y Ca”, recordando a prohibición legal de que os colexios establezan baremos orientativos de honorarios, nos termos expresados na resolución.

A información sobre a Resolución é a seguinte:

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia tiña a disposición dos colexiados no apartado web relativo a “visado” e dentro del, no subapartado “marco regulador”, entre outros contidos, o “Antiguo Baremo Colexial e Histórico de Módulos y Ca” xunto co seguinte aviso:

Aviso: La Ley estatal 25/2009 de 22 de diciembre de modificación de diversas leyes para su adaptación a la Ley sobre el libre acceso a las actividades de servicios y su ejercicio, en su modificación de la Ley 2/1974 sobre Colegios Profesionales con su “Artículo 14. “Prohibición de recomendaciones sobre honorarios” establece que “Los Colegios Profesionales y sus organizaciones colegiales no podrán establecer baremos orientativos ni cualquier otra orientación, recomendación, directriz, norma o regla sobre honorarios profesionales”. Hasta ese momento, el Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ofrecía a sus colegiados un baremo orientativo que cada año se completaba con los Módulos y Ca correspondientes, a los efectos del cálculo de las cuotas correspondientes al servicio de visado de los trabajos profesionales. Hoy en día este Baremo NO ESTÁ VIGENTE por lo que, únicamente a los efectos de consulta histórica, dichos documentos siguen disponibles a continuación”. 

A referencia a unha normativa derrogada na web colexial mantívose porque é habitual no Colexio a indicación da derrogación normativa aos efectos de que os colexiados saiban que unha norma xa non é de aplicación e no entendemento de que a parte do seu contido relativa ao cálculo do presuposto de execución material dunha obra (PEM), que constitúe un contido preceptivo do proxecto de execución dunha obra de edificación e ademais utilizase para o calculo da base do ICIO, constituía unha información profesional e técnica de interese para os colexiados e que telo á súa disposición estaba amparado pola función de colexial de apoyar a los arquitectos en el ejercicio profesional instituyendo y prestando todo tipo de servicios, incluidos los de información profesional y técnica y de formación permanente” (art. 7.4 b) dos estatutos). 

A Comisión Galega da Competencia, iniciou un expediente sancionador ao COAG por manter dito texto a disposición dos colexiados e en maio de 2017 o COAG procedeu a retirar dita publicación.

A orixe de dito expediente sancionador trae causa no feito de que o mantemento (aínda coas cautelas incorporadas que estaban consignadas xunto ao enlace ao texto, relativas a que se trataba dunha normativa colexial derrogada ex lege en virtude da Ley estatal 25/2009 de 22 de diciembre de modificación de diversas leyes para su adaptación a la Ley sobre el libre acceso a las actividades de servicios y su ejercicio, en su modificación de la Ley 2/1974 sobre Colegios Profesionales en cuxo “Artículo 14. “Prohibición de recomendaciones sobre honorarios” establece que “Los Colegios Profesionales y sus organizaciones colegiales no podrán establecer baremos orientativos ni cualquier otra orientación, recomendación, directriz, norma o regla sobre honorarios profesionales, salvo lo establecido en la Disposición adicional cuarta) de tal enlace na web colexial, mentres estivo ata maio de 2017 -data no que foi retirado- tiña un potencial risco de que o citado baremo puidera ser empregado polos profesionais, o que vulneraría a liberdade de fixación de prezos que é precisamente o obxectivo da súa prohibición por parte da lexislación de Colexios Profesionais.

O expediente sancionador finalizou de xeito convencional mediante Resolución do Pleno da Comisión Galega da Competencia de data 26 de decembro de 2019, resolución da que se infire que está prohibido o acceso ao Antigo Baremo Colexial e Histórico de Módulos e Ca, non vixente, aínda a efectos “históricos” ou de “lexislación no vixente”, por ser contrario ao disposto na vixente normativa reguladora da competencia (Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da Competencia).

 Así, procede recordar a todos os colexiados que:

  • A cuestión dos honorarios profesionais é un tema que pertence á autonomía da vontade contractual e sobre a base da liberdade dos mesmos, os honorarios serán os que no seu caso se pacten de mutuo acordo co cliente.
  • Así mesmo, procede recordar que no pacto contractual de honorarios cos clientes non se pode facer referencia a ningún baremo colexial de honorarios dada a súa inexistencia como consecuencia da prohibición legal establecida na normativa de Colexios Profesionais, que dispón que os Colexios profesionais non poden establecer baremos orientativos nin calquera outra orientación, recomendación, directriz, norma ou regra sobre honorarios profesionais (artigo 14 Ley 2/1974 de Colegios Profesionales)”.

Circular 01 2020 Secretaria

Compartir