Club de Lectura Hai Mulleres – María Novas Ferradas “Arquitectura y género. Una introducción posible”

13 Abril 2022

O vindeiro mércores 20 de abril, ás 20,00 horas, terá lugar a primeira sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que que falaremos ca arquitecta María Novas Ferradas sobre a súa obra “Arquitectura y género. Una introducción posible”. Está sesión será emitida por streaming dende a páxina de Instagram de @haimulleres.

Cada terceiro mércores de cada mes a través dun directo de instagram/facebook falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta, Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa  obra e promoverase a participación das espectadoras  para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

Esta actividade abrirá o COAG a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de contar crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.

Posteriormente todos os vídeos  permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse  nelas ao longo do ano.

 

Compartir