Premios GranDeArea 2020

,


ir a portada premios

Os premios «Gran de Area de aportación a Arquitectura» son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

A selección realizada vai encamiñada a mostrar que a Arquitectura é posible e próxima. Que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden aportar a que o entorno sexa mellor, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos de esta sociedade e este tempo.

Os premios «Gran de Area de aportación á Arquitectura» pretenderon, sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna próxima, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.

Este ano son 69 propostas, de moi diversas escalas e localizacións, as presentadas.

Candidaturas presentadas

Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:

Acceder a obras presentadas

Composición do xurado e fallo

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:

  • D. Rafael Castro Armesto, en calidade de Presidente da Delegación en Ourense do COAG.
  • D. Anselmo Villanueva Peón, en calidade de Presidente da Delegación en Pontevedra do COAG.
  • D. Manuel Martínez Carazo, en calidade de Presidente da Delegación en Vigo do COAG.
  • D.ª Berta Peleteiro Varela , colexiada da Delegación de Ourense seleccionado pola Xunta Directiva de Ourense.
  • D.ª Ana Isabel Couto Pérez, colexiada da Delegación de Pontevedra seleccionada pola Xunta Directiva de Pontevedra.
  • D. José Javier Villacé Rodríguez, colexiado da Delegación de Vigo seleccionado pola Xunta Directiva de Vigo.
  • D.ª María Sonia López Calvo , colexiada seleccionada entre os premiados nos Premios “Gran de Area” das edicións anteriores, consensuado polas tres Delegacións.
  • D. Abel Mares González, en calidade de Secretario da Delegación de Ourense do COAG, que actúa como secretario do Xurado, con voz pero sen voto.

O xurado selecciona como premiados 15 proxectos, non outorgándolles orde nin prevalenza no fallo, considerando todos eles premiados no mesmo rango e valoración:

Proxecto Autor(es)
REFORMA INTERIOR DE UNHA VIVENDA, REESTRUCTURACIÓN DE CUBERTA E LIMPEZA DE FACHADA.

RUA GAMBOA 10, 36202 VIGO

EVA MARIA CASTRO ALVAREZ (3113)
LUCIANO GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ (4338

MIGUEL ESTÉVEZ GÓMEZ (4339)

ACONDICIONAMIENTO DE LOS ESPACIOS PÚBLICOS DE LA EXPLANADA DEL HORIZONTE.

O ROSAL

MARÍA FANDIÑO IGLESIAS (4881)
REHABILITACIÓN DE VIVIENDA

PLAZA PESCADORES 4, 36202 VIGO

ALFONSO PENELA FERNANDEZ (680)
VIVIENDA UNIFAMIILAR

POLÍGONO 11 PARCELA 620 MANGUELA, CANGAS

ALFONSO PENELA FERNANDEZ (680)
REHABILITACIÓN DE EDIFICIO PARA LOS NUEVOS JUZGADOS DE TUI

PLAZA DE GALICIA S/N 36700 TUI

2C ARQUITECTOS S.L.P. (30036)
ANGEL CID CARBALLO (1531)
REHABILITACIÓN DE INMOBLE PARA UNHA VIVENDA DE PROMOCIÓN PÚBLICA

RÚA DO VILAR 3, OURENSE

ESTEFANÍA VÁZQUEZ MÜLLER COL. 3587
ROI FEIJOO REY COL. 3637
BERBÉS UVIGO

VIGO

ELIZABETH ABALO DÍAZ (2179)
GONZALO ALONSO NÚÑEZ (2269)
OCHD WORKSPACE

IRMANDIÑOS 8, BAIXO, VIGO

MIGUEL MEIJIDO BEIRO (4943)
APARTAMENTO E TRÍPLEX EN RÚA SANTIAGO, VIGO

RÚA SANTIAGO 5, 36202 VIGO

ÓSCAR ANDRÉS QUINTELA (2095)
IVÁN ANDRÉS QUINTELA (3493)
ARROKABE ARQUITECTOS SLP (20210)
REHABILITACIÓN DE VIVIENDA ENTRE MEDIANERAS

RÚA PEZ 9, 36202 VIGO

ALBERTO QUINTANS ARRONDO (2924)
CRISTINA MARGARITA ANSEDE VIZ (3010)
REHABILITACIÓN DE PISO EN EL PASEO DE ALFONSO, VIGO

PASEO DE ALFONSO, VIGO

ALBERTO QUINTÁNS ARRONDO (2924)
CRISTINA ANSEDE VIZ (3010)
REHABILITACIÓN DEL CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE OURENSE COMO ARCHIVO HISTÓRICO PROVINCIAL

CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE OURENSE, RÚA EMILIA PARDO BAZÁN 45, 32004 OURENSE

XOSÉ MANUEL CASABELLA LÓPEZ (104)
JOSÉ LUIS MARTÍNEZ RAÍDO (2268)
PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA CONTORNA DO PETO DE ÁNIMAS DE PIÑEIRO. GONDOMAR

PIÑEIRO, PEITIEIROS. GONDOMAR

SANTOS VILA GONZÁLEZ (4464)
REHABILITACIÓN Y ACONDICIONAMIENTO DE EDIFICACIÓN PARA CAFÉ EN EL PEPCHAB. BAIONA

DIEGO CARMONA PÉREZ Nº 19. 36393 BAIONA

ANGEL JAIME SANTORIO CUARTERO (2883)
CASA AMÉRICA

RÍO NEGRO, NIGRÁN

JORDI CASTRO ANDRADE (3210)
MARÍA GONZÁLEZ FERRO (3087)

A acta da reunión do xurado está dispoñible no seguinte ENLACE.

Habilidades

Publicado el

20 noviembre 2020