Premios GranDeArea 2017

,


ir a portada premios

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no marco dos premios “GRAN DE AREA de aportación a arquitectura”, recoñece unha vez máis os proxectos e obras dos arquitectos realizados no ámbitos das delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo.Este ano presentáronse 58 candidaturas que dan resposta ás necesidades da sociedade e que reflicten un compromiso dos autores e demais axentes involucrados no proceso construtivo coa arquitectura responsable.

A selección realizada vai encamiñada a amosar que a Arquitectura é posible e cercana. Que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e á escala da intervención, poden axudar á mellora do entorno, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos desta sociedade e deste tempo.

Os premios “Gran de Area de aportación á Arquitectura” pretenderon sempre ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.

Este ano concorreron propostas de moi diversas escalas e localizacións. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redobrado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna. O xurado quere salientar a calidade dos proxectos e obras presentadas, recoñecendo o esforzo dos participantes.

Candidaturas presentadas

Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:

Acceder a obras presentadas

Composición do xurado e fallo

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:

    • Alberto de Paula Prieto, Presidente da delegación en Ourense do COAG, presidente do xurado
    • Manuel Abelleira Argibay, Presidente da delegación de Pontevedra do COAG.
    • Antonio Davila Alonso, Presidente da delegación de Vigo do COAG.
    • Sonia López Calvo, colexiada da delegación de Ourense, premiada na anterior edición de GDA.
    • Manuel Martínez Carazo, colexiado da Delegación de Vigo.
    • Pedro Diéguez Iglesias, colexiado da Delegación de Ourense.
    • Sara Besada Porto, colexiada da delegación de Pontevedra.
    • Emma Noriega García, Secretaria da delegación de Ourense, en representación de los
      Secretarios das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra, Secretaria do Xurado.

O xurado selecciona como premiados 11 proxectos, non outorgándolles orde nin prevalenza no fallo, considerando todos eles premiados no mesmo rango e valoración:

Título proxecto Arquitectos/as
Heladería “Bico de Xeado” – Ourense Andrea Fernández Fernández, Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro
“Nemonon” -Espacio multidisciplinar- Pontevedra Mauro Lomba Martínez
“Casa da Viña” – Allariz  Juan Seara Oro
Remodelación de vivienda -A Lonia- Ourense Manuel Jorreto Díaz
Edar Lagares-Ricardo Mella-Vigo Cendón-Vázquez Arquitectos SCP
Ponteledesma -Fase II- Vila de Cruces-Pontevedra Elisabeth Abalo Díaz, Gonzalo Alonso Núñez
Centro de día de Mayores -Leiro- Ourense Estefanía Vázquez Mullër, Roi Feijoo Rey
Piscina y urbanización exterior “Finca das Rozadas”– Nigrán- Vigo Severo Fernández Castro
Rehabilitación nave lateral Monasterio San Clodio Spa Vinoterapia. Leiro-Ourense Oscar López Alba
Casa Albor -A Guarda- Vigo Jordi Pérez Castro, María González Ferro
Reestructuración de 4 viviendas – Casco Vello Vigo Eva María Castro Álvarez

A acta da reunión do xurado pódese consultar a continuación.

Entrega de premios

O acto de entrega de premios tivo lugar o venres 20 de outubro ás 19:00h no Liceo Recreo Orensano, sito na rúa Lamas Carvajal, 5 de Ourense.

Skills

Posted on

11 febreiro 2018