Premio de Arquitectura e Rehabilitación Galicia 2016

,


ir a portada premios

Candidaturas presentadas

Propostas presentadas ao premio polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia:

Premio especial á sustentabilidade 9
Premio galego de arquitectura 26
Premio galego de rehabilitación 39

Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos finalistas e premiados a través do seguinte enlace:

Acceder a obras presentadas

Fallo

A Xunta de Galicia publicou as propostas seleccionadas como premiadas nos Premios Galegos de Arquitectura e Rehabilitación 2016.

As propostas que resultaron  premiadas son as seguintes:

  • Premio Galego de Arquitectura, concedeuse á Casa Chao, situada na localidade coruñesa de Corcubión e que foi levada a cabo polos arquitectos: Juan Creus e Covadonga Carrasco.
  • Premio Galego de Rehabilitación, recaeu na rehabilitación dos catro edificios da sede do Rexistro da Propiedade de Vigo, na Rúa Real, cos arquitectos: Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso
  • Premio especial á sustentabilidade foi para o Camping Illa de Ons, elaborado polos arquitectos: Juan Zaballa Malcorra e Daniel Guisande Lago.
  • Premio especial á traxectoria profesional, concedido a Andrés Fernández-Albalat Lois.

Tamén se concederon mencións a outras doce propostas. Para consultar o palmarés completo, deberase consultar o seguinte enlace.

A Xunta de Goberno quere trasladar as súas felicitacións ás propostas premiadas, así como a todas as propostas presentadas debido ao alto nivel de calidade de todas elas.

Habilidades

Publicado el

12 febrero 2018

Enviar comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *