Novas anteriores
Congreso 25 Anos do ProxectoTERRA- Iº Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura
Coa celebración dos 25 anos do ProxectoTERRA, o que pretendemos é presentar os recursos, actividades e os traballos desenvolvidos na cooperación coas distintas etapas da escolarización obrigatoria. As actividades asociadas a esta celebración estarán centradas na 1ª...
Publicación da Lei 2/2026, de 29 de xullo, e a Pasarela ao RETA para Arquitectos Mutualistas
Tras a publicación no BOE da Lei 2/2026, do 29 de xullo, establécese o marco legal para a integración voluntaria dos profesionais mutualistas no sistema público da Seguridade Social. Queremos recordar que a pasarela aínda non está operativa. O Goberno dispón dun prazo...
Premios Gran de Area 2026
Infórmase da convocatoria da edición 2026 dos premios Gran de Area de Arquitectura. O prazo de presentación de candidaturas rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2026. A plataforma de presentación de candidaturas abrirase próximamente. As bases e o enlace para...
Sentenza do Tribunal Supremo que fixa doutrina sobre a competencia profesional para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda.
Infórmase que, tal é como se indicou na circular 12/2026, o Tribunal Supremo ditou a sentenza nº 700/2026, do 4 de xuño, que establece como doctrina a competencia exclusiva de arquitectos para intervencións en edificios cando se cambien os usos característicos, aínda...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2026
No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas,...
Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago
Tras finalizar o proceso de selección para a contratación temporal de persoal técnico na Delegación de Santiago do COAG, infórmase que a colexiada Paula Alfonso Laya resultou seleccionada para cubrir a praza. O proceso completouse coa realización das correspondentes...
Creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG
A frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos adversos, incendios forestais, inundacións e outras situacións de catástrofe no territorio galego ou estatal esixen dunha resposta rápida, técnica e coordinada. Como profesionais da edificación e o urbanismo, as...
Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
Entre o 23 de setembro e o 21 de outubro terá lugar o Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, coorganizado polo COAG e a EGAP. Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os...
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias...
O CSCAE organiza unha listaxe de arquitectos voluntarios para prestar asistencia técnica en situacións de emerxencia
O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) fai un chamamento aos/as profesionais da Arquitectura para constituír unha listaxe de voluntarios/as que permita canalizar a asistencia técnica ante situacións de emerxencia derivadas de desastres...
Curso-Taller práctico para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e o Libro do Edificio Existente (LEEx)
O obxectivo do curso é elaborar, a través de obradoiros prácticos, o Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela. A Lei 1/2019, do 22 de abril, de...
O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación do proceso selectivo do concello de Ponteareas para a contratación laboral temporal dun/dunha Arquitecto/a para a substitución temporal da actual Arquitecta municipal, mediante o procedemento previsto no convenio colectivo do concello.
O proceso selectivo pode consultarse nos seguintes ENLACES: https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/2fa7879b-0aa9-466a-9a27-42f32308b8fd/ https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/a7541b62-2b0b-4129-86f6-b43fe438a586/ Os principais...
Axudas XERA construción en madeira. Apertura de prazo
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos...
Reforma da Lei da Seguridade Social relativa ás mutualidades alternativas.
O COAG valora positivamente a Lei de reforma das mutualidades aprobada no Congreso de xeito definitivo. Máis de dous anos de loita e un ano de presión para a súa tramitación parlamentaria despois, o Congreso aprobou a reforma da Lei xeral da Seguridade Social relativa...
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Natalia Mora
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Natalia Mora Priego, de Cachivache Atelier. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións...
Ampliación do prazo_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta...
Rexistro técnico competente CEE
A partir do xoves 23 de xullo de 2026 será obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder subscribir Certificados de Eficiencia Enerxética. Ese mesmo día está previsto que se habiliten, na Sede electrónica do MITERD, as ligazóns para iniciar a...
Visita de inspección aos terreos do concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
A teor da cláusula 6 das bases administrativas e técnicas para a convocatoria dun concurso de proxectos con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para levar a cabo a construción dun novo edificio de equipamento cultural, destinado principalmente á música e...
Teresa Táboas, nova vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA)
A nosa ex-Decana Teresa Taboas ven de ser nomeada Secretaria da Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Dende o COAG queremos trasmitirlle a nosa máis sincera noraboa e desexarlle grandes éxitos nesta nova etapa. Máis información:...
Criterio interpretativo da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre a necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Comisión Permanente da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación á necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras en...
Concello de Vigo – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 17 de xullo publicase as Bases de selección de persoal funcionario (OPEP 2024) do Concello de Vigo, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a funcionario/a en quenda libre. Enlace ao BOP-Pontevedra.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2026
No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais...
Presentación do libro «Historia construida de la catedral de Santiago de Compostela» o mércores 22 de xullo
Infórmase de que o vindeiro mércores 22 de xullo de 2026 ás 12:00 h a Fundación Catedral de Santiago organiza o acto de presentación do libro «Historia construida de la catedral de Santiago de Compostela. De los orígenes al siglo XIV». O acto terá lugar no no Oratorio...
Atlantía | Dispoñible a gravación coa mesa redonda moderada por Laura Pato, na que interveñen Ana Blanco, Marta Núñez e Lara Lars.
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da mesa redonda moderada por Laura Pato, na que interveñen Ana Blanco, Marta Núñez e Lara Lars. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de...
Gravación dispoñible da Conferencia Fuertes Penedo Arquitectos
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia dos arquitectos Óscar Fuertes Dopico e Iago Fernández Penedo, Fuertes Penedo Arquitectos, que tivo lugar o pasado xoves 9 de xull organizada pola Delegación de Santiago do COAG. ENLACE Á GRAVACIÓN
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 16 | 07 | 26
Actualizado 16 | 07 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios...
Concello de Vigo Instrución n.º 1/2026, relativa á interpretación de determinadas previsións das normas urbanísticas do PXOM
A Xerencia de urbanismo do Concello de Vigo solicitou ao equipo redactor do PXOM informe aclaratorio co fin de resolver algunhas dúbidas de interpretación do vixente Plan Xeral, xeneradas pola técnica de redacción do documento que son susceptibles de dar lugar á...
Exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo” ata o 27 de setembro
Entre o 14 de xullo e o 27 de setembro estará dispoñíble no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, a exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo” organizada polo Colexio e a Delegación de Santiago, o Museo do Pobo Galego e a Escola de Arquitectura da...
Atlantía | Dispoñible a gravación coa Introducción e a intervención de Teresa Táboas Veleiro
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da introdución da secretaria do COAG, María Pierres e de Paula Alfonso e a entrevista con Teresa Táboas. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a...
Presentación de la tercera fase de “RehabilitAcción Ciudadana” y de la nueva Guía vecinal de rehabilitación
La semana que viene presentamos la tercera fase de #RehabilitaAcciónCiudadana y la nueva 'Guía vecinal de rehabilitación'. Se trata de una iniciativa destinada a promover una verdadera cultura de la rehabilitación de viviendas y edificios en nuestro país que, después...
Inauguración da exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo”
O vindeiro martes 14 de xullo, ás 12:30 horas, terá lugar a inauguración desta exposición no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, organizada polo Colexio e a Delegación de Santiago, o Museo do Pobo Galego e a Escola de Arquitectura da Coruña, coa...