Presentación da Guía Técnica para a implantación do Marcado CE en produtos de madeira para a construción

23 Set 2020

Dende PEMADE-USC comprácenos en convidalo/a á xornada online de presentación desta Guía, que se desenvolve dentro do marco do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o cal ten como obxectivo a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

Adxúntase o programa detallado do evento.

30 de setembro de 2020
Xornada online de presentación da Guía Técnica para a implantación do Marcado CE en produtos de madeira para a construción

  • 12:00 h Benvida
    D. José Ignacio Lema Piñeiro, Director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
  • 12:10 h Exposición: Guía Técnica para a implantación do Marcado CE: a importancia para o sector
    D. Manuel Guaita, Director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (USC)
  • 12:20 h Exposición: Contido da Guía e a súa utilización
    D. Belén Feijóo Lombao, Investigadora da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (USC)

A xornada online terá lugar o día 30 de setembro ás 12:00 h. Para a súa asistencia é necesario inscribirse no seguinte formulario: Inscrición

Unha vez inscrito/a recibirá, na dirección de correo electrónico facilitada, o enlace co acceso á xornada online. Este será enviado dous días antes da celebración do evento.

Compartir