{"id":269842,"date":"2026-05-12T13:57:08","date_gmt":"2026-05-12T11:57:08","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/project\/premios-proximos-2026\/"},"modified":"2026-05-12T14:00:16","modified_gmt":"2026-05-12T12:00:16","slug":"premios-proximos-2026","status":"publish","type":"project","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/proyecto\/premios-proximos-2026\/","title":{"rendered":"Premios Pr\u00f3ximos 2026"},"content":{"rendered":"<p>[et_pb_section fb_built=\u00bb1&#8243; _builder_version=\u00bb4.16&#8243; global_colors_info=\u00bb{}\u00bb][et_pb_row _builder_version=\u00bb4.16&#8243; background_size=\u00bbinitial\u00bb background_position=\u00bbtop_left\u00bb background_repeat=\u00bbrepeat\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb][et_pb_column type=\u00bb4_4&#8243; _builder_version=\u00bb4.16&#8243; custom_padding=\u00bb|||\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb custom_padding__hover=\u00bb|||\u00bb][et_pb_code _builder_version=\u00bb4.27.6&#8243; _module_preset=\u00bbdefault\u00bb text_orientation=\u00bbright\u00bb module_alignment=\u00bbright\u00bb custom_margin=\u00bb1em||2em||false|false\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb]<span><a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/es\/premios\/\">ir a portada premios<\/a><\/span>[\/et_pb_code][et_pb_text _builder_version=\u00bb4.27.6&#8243; background_size=\u00bbinitial\u00bb background_position=\u00bbtop_left\u00bb background_repeat=\u00bbrepeat\u00bb custom_margin=\u00bb||2em||false|false\u00bb hover_enabled=\u00bb0&#8243; global_colors_info=\u00bb{}\u00bb sticky_enabled=\u00bb0&#8243;]<\/p>\n<p><span style=\"position: absolute; top: 10px; right: 0;\"><a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/es\/premios\/\">ir a portada premios<\/a><\/span><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<p><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-249847 size-large alignnone\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/PREMIOS-PROXIMOS-Premiados-Web-2026-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" \/><\/p>\n<hr \/>\n<div>\u00a0<\/div>\n<p>Co nome de Premios \u201cPr\u00f3ximos\u201d qu\u00e9rese facer referencia ao esp\u00edrito do ciclo de conferencias que, ao longo dos \u00faltimos anos, ven organizando a Delegaci\u00f3n de Santiago co obxectivo de dar a co\u00f1ecer traballos arquitect\u00f3nicos pr\u00f3ximos a nosa delegaci\u00f3n determinados polo emprazamento das obras.<\/p>\n<p>Conforme \u00e1 convocatoria realizada a finais do mes de febreiro, un total de 40 propostas foron presentadas \u00e1 edici\u00f3n do ano 2026 dos Premios PR\u00d3XIMOS. O xurado da presente edici\u00f3n emitiu o seu fallo polo cal destaca 11 das candidaturas presentadas.<span id=\"more-269789\"><\/span><\/p>\n<p>MEMBROS DO XURADO:<br \/>Sergio Sebasti\u00e1n Franco \u00e9 doutor arquitecto pola ETSAM e profesor de Proxectos Arquitect\u00f3nicos na Universidade de Zaragoza. Compaxina a docencia coa actividade profesional no estudo Sebasti\u00e1n Arquitectos. A s\u00faa obra foi amplamente reco\u00f1ecida con numerosos premios, entre eles o Premio FAD de intervenci\u00f3n no patrimonio, o premio da UIA, da XVI Bienal Espa\u00f1ola de Arquitectura y Urbanismo, e a Medalla de Ouro DOMUS Restauro e Conservazione.<\/p>\n<p>Cristina Garc\u00eda Font\u00e1n \u00e9 doutora arquitecta e M\u00e1ster en Advanced Architecture polo Berlage Institute de Rotterdam. \u00c9 Profesora Contratada Doutora na Universidade da Coru\u00f1a, onde imparte docencia en Arquitectura e Paisaxe. Exerce tam\u00e9n a profesi\u00f3n desde 2002 con proxectos de paisaxe, rehabilitaci\u00f3n e edificaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Ricardo S\u00e1nchez Lampreave \u00e9 doutor arquitecto pola ETSAM e profesor titular na Escola de Arquitectura da Universidade da Coru\u00f1a, onde tam\u00e9n \u00e9 subdirector de Cultura. \u00c9 autor do libro O\u00edza, ingenio de diferencias e de numerosos artigos en medios especializados. Foi pensionado na Academia Espa\u00f1ola de Roma e director da Fundaci\u00f3n Miguel Fisac.<\/p>\n<p>Secretario:<br \/>Diego Cisterna Arias, Secretario da Delegaci\u00f3n de Santiago de Compostela do COAG.<\/p>\n<p>ACTA DO XURADO:<\/p>\n<p>Sendo as 15.30 horas do d\u00eda 04 de maio do 2026, re\u00fanese o Xurado dos Premios \u201cPR\u00d3XIMOS 2026\u201d. Previamente \u00e1 reuni\u00f3n, facilit\u00f3uselle aos membros do Xurado a documentaci\u00f3n necesaria para a consulta das distitnas candidaturas presentadas.<\/p>\n<p>L\u00e9mbrase o proceso previo de selecci\u00f3n con 40 propostas presentadas, e proc\u00e9dese a analizar a escolla incial por parte dos membros do xurado.<\/p>\n<p>Finalmente o Xurado decidiu conceder os premios aos seguintes traballos:<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/4bbaa4bb\">Rehabilitaci\u00f3n de inmueble con destino hoteleiro<\/a><br \/>R\u00faa Campo Cruceiro Gaio n\u00ba 7, 15705, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>Elizabeth Abalo D\u00edaz | Gonzalo Alonso N\u00fa\u00f1ez<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">Nesta obra destaca a sensibilidade coa que a intervenci\u00f3n adapta un inmoble hist\u00f3rico a un novo uso hoteleiro, integrando as novas necesidades funcionais dende unha arquitectura serena e precisa. A actuaci\u00f3n constr\u00fae unha atmosfera c\u00e1lida onde o contempor\u00e1neo convive con naturalidade coas preexistencias, recuperando ademais a relaci\u00f3n cos espazos axardinados do bordo da Alameda como lugares de estancia e contemplaci\u00f3n da paisaxe urbana.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/81938c99\">Casa 2M e Medio<\/a><br \/>R\u00faa Algalia de Arriba n\u00ba 32, 15704, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>\u00c1lvaro Mar\u00edn Dur\u00e1n | Alfonso Castro Lorenzo | Dosesmas Arquitectos, S.C.P.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">O xurado valora a intelixencia coa que o proxecto resolve un espazo de dimensi\u00f3ns extremadamente reducidas, constru\u00edndo unha vivenda flexible, aberta e chea de continuidade espacial. A intervenci\u00f3n demostra ademais unha notable vixencia, tanto pola claridade das s\u00faas decisi\u00f3ns arquitect\u00f3nicas como polo seu xeito de reinterpretar o patrimonio dom\u00e9stico do centro hist\u00f3rico dende unha mirada contempor\u00e1nea, precisa e contida.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/bd16c13c\">Restauraci\u00f3n das cubertas do templo: nave principal e cruceiro<\/a><br \/>Praza do Obradoiro n\u00ba 3, 15705, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>Juan Orozco Corredoira | Iago Seara Morales<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">A obra aborda a mestr\u00eda da restauraci\u00f3n arquitect\u00f3nica en toda a s\u00faa amplitude: un minucioso estudo e an\u00e1lise previa, a precisi\u00f3n das soluci\u00f3ns t\u00e9cnicas requiridas nos labores conservativos do ben, e finalmente a consideraci\u00f3n natural do car\u00e1cter monumental da actuaci\u00f3n, que dev\u00e9n na transformaci\u00f3n dunha digna cobertura nun novo espazo para a cidade de Santiago.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/91e320c1\">Restauraci\u00f3n do pabill\u00f3n historicista e o muro perimetral de San Marti\u00f1o Pinario<\/a><br \/>Praza da Inmaculada n\u00ba 5, 15704, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>Iago Seara Morales | Juan Orozco Corredoira<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">O xurado valora a capacidade de recuperar e manter o esp\u00edrito e os valores construtivos e espaciais orixinais desde o proxecto de restauraci\u00f3n, dando continuidade ao uso orixinal do espazo coa incorporaci\u00f3n dunha contemporaneidade discreta e atenta a este singular pavill\u00f3n expositivo do s\u00e9culo XIX.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/50826d7f\">Centro de hidroterapia<\/a><br \/>Lugar Albeida 15063A0-9900082, 15287, Outes, A Coru\u00f1a<br \/>Alfonso Salgado Su\u00e1rez | Francisco Xabier Li\u00f1ares T\u00fa\u00f1ez | Salgado e Li\u00f1ares, S.L.P.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">A obra situada nun conxunto preexistente, completa o complexo dende unha intervenci\u00f3n precisa e integrada. Destaca a delicadeza no uso da madeira e a pedra, as\u00ed como a recuperaci\u00f3n da relaci\u00f3n coa auga e a paisaxe a trav\u00e9s dunha atmosfera serena e profundamente vencellada ao lugar.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/9164039a\">Edificio para 34 vivendas, prazas de garaxe e trasteiros<\/a><br \/>Traves\u00eda Poza M14.2 0, 15706, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>Manuel Carbajo Cape\u00e1ns | Celso Barrios Ceide | Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados, S.L.P.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">A vivenda colectiva ha ser un dos grandes e permanentes retos da arquitectura. O proxecto re\u00fane unha interesante secuencia tipol\u00f3xica exposta como l\u00edmite e bordo dunha complexa contorna f\u00edsica, logrando a aparente sinxeleza dunha coherencia visual unitaria.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/daf6fe0a\">Apeadeiro de Ribeira<\/a><br \/>Avenida do Malec\u00f3n, Ribeira, A Coru\u00f1a<br \/>Santiago Rey Conde | Ismael Ameneiros Rodr\u00edguez<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">O xurado valora a competencia da arquitectura para enfrontarse a un programa sinxelo coa ambici\u00f3n de que a s\u00faa singular po\u00e9tica mellore tam\u00e9n a contorna inmediata. Merecen ser destacados o interese por atenuar a ruidosa paisaxe industrial posterior e a elecci\u00f3n do formig\u00f3n armado para asegurar a durabilidade.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/7b02788e\">Oficinas dos Servizos Centrais Finsa<\/a><br \/>Estrada N-550 km 57, Formaris s\/n, 15890, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>Juan Antonio Varela Garc\u00eda | Mar\u00eda del Carmen Escorihuela Vitales | Miguel Alonso Flamarique | Roberto Erviti Mach\u00edn | MRM Alonso Erviti Escorihuela Arquitectos Asociados, S.L.P.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">A obra materializa a posibilidade de recuperar e transformar un complexo industrial desde o \u00e1mbito disciplinar da arquitectura, recorrendo \u00e1 estrutura e \u00e1 construci\u00f3n como claves formativas e determinantes do proxecto. O uso e a experimentaci\u00f3n da madeira est\u00e9ndese \u00e1 creaci\u00f3n dun ambiente espacial confortable e comprometido co medio e o usuario.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/23d3d8ed\">Rehabilitaci\u00f3n do Pazo do Martelo de Rianxo<\/a><br \/>Rianxo, A Coru\u00f1a<br \/>Sandra Gonz\u00e1lez \u00c1lvarez<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">A intervenci\u00f3n destaca pola complexidade t\u00e9cnica de reverter actuaci\u00f3ns incompatibles realizadas sobre un inmoble BIC, recuperando a l\u00f3xica construtiva orixinal dende criterios de sustentabilidade e circularidade. Val\u00f3rase especialmente a sobriedade material do proxecto e o protagonismo da madeira na construci\u00f3n dunha atmosfera interior c\u00e1lida e contempor\u00e1nea, resolvendo con sensibilidade a adaptaci\u00f3n do pazo a un novo uso p\u00fablico e cultural.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/a56fe64a\">Escola infantil de Cacheiras<\/a><br \/>CP-8202, 11, 15883, A Igrexa, A Coru\u00f1a<br \/>\u00d3scar Andr\u00e9s Quintela | Iv\u00e1n Andr\u00e9s Quintela | Arrokabe, S.L.P.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">Destaca na obra presentada a capacidade da arquitectura para responder con mesura e eficacia a un encargo discreto. Como \u201co pequeno \u00e9 fermoso\u201d, o xurado destaca a adaptaci\u00f3n do edificio \u00e1s actuais esixencias medioambientais e a reordenaci\u00f3n da contorna patrimonial favorecendo a s\u00faa peonalizaci\u00f3n.<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obra\/750b9c5a\">Polo Gai\u00e1s AMTEGA<\/a><br \/>Cidade da Cultura, Monte Gai\u00e1s s\/n, Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a<br \/>Alberte P\u00e9rez Rodr\u00edguez | Enrique Iglesias Lima | Carlos Mosquera del Palacio | Tres Pensando, Escoitando e Solucionando, S.L.P.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"padding-left: 40px;\">Proxectar na Cidade da Cultura esixe medir a distancia a interpo\u00f1er entre os edificios constru\u00eddos e o proposto. O dinamismo requirido, propio destes centros que pretenden fomentar a actividade empresarial, est\u00e1 resolto con as\u00e9pticos espazos que, sendo desmontables, permiten con facilidade acoutar o traballo para compartir ou reservar.<\/p>\n<p>O xurado dos Premios PR\u00d3XIMOS 2026 quere destacar o alto nivel das propostas presentadas, pois atesouran en grandes doses canto cabe esixir \u00e1 arquitectura de calidade. A variedade dos programas presentados, dos tipos de intervenci\u00f3n requiridos e das localizaci\u00f3ns e os seus contextos, m\u00e1is al\u00f3 de dificultar a elecci\u00f3n, volveron a demostrar a solvencia e a versatilidade da arquitectura para satisfacer as puxantes necesidades dunha sociedade enfrontada ao futuro dende a s\u00faa historia e a s\u00faa tradici\u00f3n.<\/p>\n<p>Remata a sesi\u00f3n \u00e1s 17:30 h., o cal certifico.<br \/>Asdo: Diego Cisterna Arias<br \/>En calidade de Secretario do Xurado dos Premios PR\u00d3XIMOS 2026<\/p>\n<p>Delegaci\u00f3n de Santiago de Compostela<br \/>Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia<\/p>\n<p>PODE ACCEDERSE \u00c1S OBRAS PREMIADAS E PRESENTADAS A TRAV\u00c9S DO SEGUINTE ENLACE:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obras\/proximos2026\">https:\/\/www.coag.es\/premios\/obras\/proximos2026<\/a><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p>[\/et_pb_text][\/et_pb_column][\/et_pb_row][\/et_pb_section]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ir a portada premios \u00a0 Co nome de Premios \u201cPr\u00f3ximos\u201d qu\u00e9rese facer referencia ao esp\u00edrito do ciclo de conferencias que, ao longo dos \u00faltimos anos, ven organizando a Delegaci\u00f3n de Santiago co obxectivo de dar a co\u00f1ecer traballos arquitect\u00f3nicos pr\u00f3ximos a nosa delegaci\u00f3n determinados polo emprazamento das obras. Conforme \u00e1 convocatoria realizada a finais do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":269837,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"_et_pb_use_builder":"on","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"project_category":[1029],"project_tag":[],"class_list":["post-269842","project","type-project","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","project_category-premios-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project\/269842","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/project"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=269842"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project\/269842\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":269847,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project\/269842\/revisions\/269847"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/269837"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=269842"}],"wp:term":[{"taxonomy":"project_category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project_category?post=269842"},{"taxonomy":"project_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project_tag?post=269842"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}