{"id":267206,"date":"2025-12-16T13:00:23","date_gmt":"2025-12-16T12:00:23","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/project\/premios-gran-de-area-2025\/"},"modified":"2026-05-12T13:43:29","modified_gmt":"2026-05-12T11:43:29","slug":"premios-gran-de-area-2025","status":"publish","type":"project","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/proyecto\/premios-gran-de-area-2025\/","title":{"rendered":"Premios Gran de Area 2025"},"content":{"rendered":"<p>[et_pb_section fb_built=\u00bb1&#8243; _builder_version=\u00bb4.27.3&#8243; _module_preset=\u00bbdefault\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb][et_pb_row _builder_version=\u00bb4.27.3&#8243; _module_preset=\u00bbdefault\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb][et_pb_column type=\u00bb4_4&#8243; _builder_version=\u00bb4.27.3&#8243; _module_preset=\u00bbdefault\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb][et_pb_code _builder_version=\u00bb4.27.4&#8243; _module_preset=\u00bbdefault\u00bb text_orientation=\u00bbright\u00bb module_alignment=\u00bbright\u00bb custom_margin=\u00bb1em||2em||false|false\u00bb global_colors_info=\u00bb{}\u00bb]<span><a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/es\/premios\/\">ir a portada premios<\/a><\/span>[\/et_pb_code][et_pb_text _builder_version=\u00bb4.27.6&#8243; _module_preset=\u00bbdefault\u00bb hover_enabled=\u00bb0&#8243; global_colors_info=\u00bb{}\u00bb sticky_enabled=\u00bb0&#8243;]<\/p>\n<h4><strong>FALLO DO XURADO DOS PREMIOS GRAN DE AREA 2025 <\/strong><\/h4>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/gda-1.jpg\" width=\"800\" border=\"0\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os premios \u00abGran de Area de aportaci\u00f3n a Arquitectura\u00bb son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o reco\u00f1ecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcaci\u00f3ns de Vigo, Ourense e Pontevedra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Conforme \u00e1 convocatoria realizada na <a href=\"https:\/\/www.coag.es\/circulares\/2025\/julio\/secretaria\/secretaria11-2025.pdf\">circular 11\/2025<\/a>, un total de 60 propostas foron presentadas \u00e1 edici\u00f3n 2025 dos Premios Gran de Area. O xurado da presente edici\u00f3n emitiu o seu fallo polo cal destaca 12 das candidaturas presentadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Transcr\u00edbese de seguido a acta do xurado:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En Vigo, sendo as 10:00 horas do m\u00e9rcores 19 de novembro de 2025, re\u00fanese o xurado dos Premios Gran de Area 2025 coa finalidade de proceder \u00e1 valoraci\u00f3n das propostas presentadas e \u00e1 selecci\u00f3n das obras premiadas nesta edici\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De acordo co previsto nas Bases dos Premios, o xurado est\u00e1 integrado polas seguintes persoas:<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><strong>D\u00aa. Emma Noriega Garc\u00eda<\/strong>, en calidade de Presidenta da Delegaci\u00f3n en Ourense do COAG.<\/li>\n<li><strong>D. Anselmo Villanueva Pe\u00f3n<\/strong>, en calidade de Presidente da Delegaci\u00f3n en Pontevedra do COAG.<\/li>\n<li><strong>\u00aa. Sonia Alvarado Peitieiros,<\/strong> Tesoureira da Delegaci\u00f3n de Vigo do COAG, que act\u00faa como do Xurado, en substituci\u00f3n de Manuel Martinez Carazo Presidente da Delegaci\u00f3n de Vigo do COAG.<\/li>\n<li><strong>D\u00aa. Sandra Gonz\u00e1lez Rodr\u00edguez<\/strong>, colexiada da Delegaci\u00f3n de Ourense seleccionado pola Xunta Directiva de Ourense.<\/li>\n<li><strong>D\u00aa. Carolina Mateos Escudero<\/strong>, colexiada da Delegaci\u00f3n de Pontevedra seleccionada pola Xunta Directiva de Pontevedra.<\/li>\n<li><strong>D\u00aa. Rosa Mouri\u00f1o P\u00e9rez<\/strong>, colexiada da Delegaci\u00f3n de Vigo seleccionada pola Xunta Directiva de Vigo.<\/li>\n<li><strong>D. Jorge Enr\u00edquez M\u00e9ndez<\/strong>, colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios \u201cGran de Area\u201d da edici\u00f3n anterior, consensuado polas tres Delegaci\u00f3ns.<\/li>\n<li><strong>D\u00aa. Mar\u00eda Garc\u00eda Couto<\/strong>, en calidade de Secretaria da Delegaci\u00f3n en Pontevedra do COAG, que act\u00faa como secretaria do Xurado, con voz pero sen voto.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nesta edici\u00f3n recib\u00edronse un total de 60 propostas dentro do prazo establecido. Tras a revisi\u00f3n da documentaci\u00f3n presentada, tres delas quedaron exclu\u00eddas por non cumprir os requisitos esixidos nas bases, quedando finalmente <strong>57 obras admitidas<\/strong> para a s\u00faa valoraci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As propostas recibidas amosaron unha notable diversidade tanto nas s\u00faas caracter\u00edsticas como na s\u00faa escala, inclu\u00edndo proxectos de car\u00e1cter residencial, dotacional e de espazo p\u00fablico, as\u00ed como intervenci\u00f3ns de restauraci\u00f3n, rehabilitaci\u00f3n, dese\u00f1o de interiores e outras actuaci\u00f3ns de distinta entidade e complexidade arquitect\u00f3nica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A sesi\u00f3n deu comezo co visionado e valoraci\u00f3n das cincuenta e sete propostas admitidas. Realizouse unha primeira votaci\u00f3n preliminar e, posteriormente, un debate en profundidade sobre as obras mellor valoradas, ata acadar o consenso final do xurado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Manif\u00e9stase satisfacci\u00f3n pola alta participaci\u00f3n e pola notable calidade e diversidade das obras presentadas, que fixeron especialmente complexa a selecci\u00f3n final. Neste contexto, as obras premiadas destacan como aquelas que achegan contribuci\u00f3ns particularmente valiosas \u00e1 arquitectura, exemplificando rigor, sensibilidade e calidade arquitect\u00f3nica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tras m\u00e1is de oito horas de deliberaci\u00f3n, o xurado acordou finalmente seleccionar <strong>12 das 57<\/strong> obras avaliadas, que resultaron ser as seguintes:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong> 1. ALPENDRE REITORAL SANTIAGO DE R\u00c1BEDA<\/strong><br \/>POL\u00cdGONO 51 PARCELA 460, A TOUZA, TABOADELA, OURENSE<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>CANDELARIA CECILIA L\u00d3PEZ MUI\u00d1OS | JUAN JOS\u00c9 OTERO V\u00c1ZQUEZ<\/strong><\/span><br \/>O xurado destaca a posta en valor dunha tipolox\u00eda frecuentemente esquecida e, ao mesmo tempo, de grande relevancia na paisaxe rural galega: a pequena edificaci\u00f3n agr\u00edcola. Faino mediante a reinterpretaci\u00f3n contempor\u00e1nea de recursos da arquitectura popular, como a fragmentaci\u00f3n volum\u00e9trica, a adaptaci\u00f3n \u00e1 escala vern\u00e1cula e a recuperaci\u00f3n da cuberta a d\u00faas augas. Salienta tam\u00e9n a reutilizaci\u00f3n de materiais e o uso de recursos naturais e locais, especialmente a madeira de pi\u00f1eiro de Galicia.\u00a0 Todo isto permite acadar unha integraci\u00f3n adecuada na contorna, resultando unha intervenci\u00f3n sustentable, coherente e profundamente respectuosa coa memoria construtiva do lugar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong> 2. RECONSTRUCI\u00d3N DE EDIFICACI\u00d3N PARA ALOXAMENTO P\u00daBLICO TEMPORAL<\/strong><br \/>LUGAR MUIMENTA 19, CARBALLEDA DE AVIA, OURENSE<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>PABLO L\u00d3PEZ PROL<\/strong><\/span><br \/>O xurado valora unha intervenci\u00f3n que supera a simple reposici\u00f3n do existente para dotar ao inmoble dun car\u00e1cter propio, respectuoso co orixinal pero plenamente contempor\u00e1neo. A actuaci\u00f3n mant\u00e9n a volumetr\u00eda e escala da edificaci\u00f3n tradicional, ao tempo que introduce decisi\u00f3ns propositivas na elecci\u00f3n de materiais, acabados e organizaci\u00f3n espacial, que actualizan o conxunto sen desvirtuar a s\u00faa identidade. Dest\u00e1case as\u00ed mesmo a recuperaci\u00f3n dunha edificaci\u00f3n arruinada para destinala a aloxamento p\u00fablico temporal, como resposta directa \u00e1 escaseza de vivenda no municipio e parte esencial do programa das Aldeas Modelo, contribu\u00edndo \u00e1 fixaci\u00f3n de poboaci\u00f3n e \u00e1 revitalizaci\u00f3n do territorio. O xurado reco\u00f1ece tam\u00e9n ao Concello de Carballeda de Avia, cuxa iniciativa resulta determinante para facer posible unha actuaci\u00f3n que exemplifica o papel da arquitectura na revitalizaci\u00f3n social do medio rural.<\/p>\n<p><strong>3. MIRADOR DA PEIXEIRA E SUBIDA AO CAMPO DE SAN ROQUE<\/strong><br \/>PORTONOVO, SANXENXO<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>GABRIEL ALARC\u00d3N SABAR\u00cdS | LUCIANO GONZ\u00c1LEZ DOM\u00cdNGUEZ | MIGUEL EST\u00c9VEZ G\u00d3MEZ<\/strong><\/span><br \/>O xurado destaca a capacidade desta intervenci\u00f3n para reparar a relaci\u00f3n entre o mar e a terra, derrubando unha barreira f\u00edsica e simb\u00f3lica, recuperando a morfolox\u00eda costeira orixinal e retecendo o tecido urbano existente. A sustentabilidade e a reutilizaci\u00f3n dos materiais procedentes do propio muro derru\u00eddo conv\u00e9rtense nunha aut\u00e9ntica tect\u00f3nica do lugar, reforzando o significado do derrube e permitindo unha lectura m\u00e1is aberta da fronte mar\u00edtima, ademais de garantir a accesibilidade universal. A incorporaci\u00f3n de vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona contrib\u00fae a consolidar un espazo amable, continuo e plenamente conectado coa paisaxe litoral.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong> 4. PAVILL\u00d3N DE EVENTOS NO PAZO DA TOXEIRI\u00d1A<\/strong><br \/>LUGAR SILVOSO 1, MORA\u00d1A, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>MAURO LOMBA MART\u00cdNEZ<\/strong><\/span><br \/>O xurado distingue esta intervenci\u00f3n pola execuci\u00f3n dun elemento no que a resoluci\u00f3n construtiva manifesta unha orde estrutural clara que se transforma en ornamento. Salienta a precisi\u00f3n no detalle e na resoluci\u00f3n das ensamblaxes, permitindo unha lectura clara da montaxe do pavill\u00f3n. O resultado \u00e9 un espazo interior lixeiro, luminoso e transparente. Val\u00f3rase tam\u00e9n a integraci\u00f3n estudada das instalaci\u00f3ns, resolta mediante unha c\u00e1mara de servizos na cuberta que preserva a limpeza da estrutura vista, as\u00ed como o bo uso da madeira e o co\u00f1ecemento construtivo aplicado nos detalles cr\u00edticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>5. REHABILITACI\u00d3N E AMPLIACI\u00d3N DE EDIFICIO DE VIVENDAS NA R\u00daA PROGRESO 57,59.<\/strong><br \/>R\u00daA PROGRESO 57-59, OURENSE<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>MANUEL JORRETO D\u00cdAZ<\/strong><\/span><br \/>O xurado valora a obra pola s\u00faa capacidade de integrar unha linguaxe contempor\u00e1nea nas plantas ampliadas sobre unha preexistencia hist\u00f3rica nas plantas inferiores, logrando unha lectura coherente do conxunto. A intervenci\u00f3n na fachada, mediante a macla, o recuamento e a combinaci\u00f3n din\u00e1mica de niveis, equil\u00edbrase coa proporci\u00f3n e a ali\u00f1aci\u00f3n de todos os ocos, de xeito que, a\u00ednda podendo realizarse d\u00faas lecturas individuais, o conxunto ofrece unha imaxe harmoniosa e equilibrada. A distribuci\u00f3n interior xera espazos de alta calidade, especialmente na zona de d\u00eda, algo pouco habitual neste tipo de promoci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>6. OBRA NOVA E REHABILITACI\u00d3N DE EDIFICIO PARA VIVENDAS, LOCAIS E GARAXES <\/strong><br \/>R\u00daA DO MARQU\u00c9S DE VALLADARES 39, 41, 43, VIGO, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>JES\u00daS IRISARRI CASTRO | GUADALUPE PI\u00d1ERA MANSO<\/strong><\/span><br \/>O xurado valora esta obra pola s\u00faa capacidade para establecer un di\u00e1logo sensible e respectuoso entre a arquitectura preexistente e a nova intervenci\u00f3n, recuperando o edificio Ribas e restitu\u00edndo a s\u00faa fachada orixinal como parte dunha lectura hist\u00f3rica continua da r\u00faa. A organizaci\u00f3n do edificio ao redor dun \u00fanico patio-paisaxe crea un interior luminoso e continuo que introduce a natureza no coraz\u00f3n do proxecto. A disposici\u00f3n pasante das vivendas, abertas tanto \u00e1 r\u00faa como ao patio, proporciona calidade espacial, ventilaci\u00f3n natural e unha relaci\u00f3n enriquecida co exterior, acadando unha integraci\u00f3n exemplar entre memoria e contemporaneidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>7. RESTAURACI\u00d3N DA FACHADA OESTE DA CATEDRAL DE OURENSE.<\/strong><br \/>PRAZA DE SAN MARTI\u00d1O, OURENSE<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>MAR\u00cdA SONIA L\u00d3PEZ CALVO | MANUEL SEOANE FEIJ\u00d3O<\/strong><\/span><br \/>O xurado valora unha intervenci\u00f3n complexa sobre un monumento catalogado como Ben de Interese Cultural. A obra destaca pola profunda lectura das distintas etapas construtivas e evolutivas da catedral, as\u00ed como pola consideraci\u00f3n dos seus valores hist\u00f3ricos e art\u00edsticos, implicando decisi\u00f3ns de grande complexidade e responsabilidade. A intervenci\u00f3n permitiu po\u00f1er en valor as distintas fases hist\u00f3ricas do edificio, recuperando decisi\u00f3ns proxectuais orixinais que quedaran ocultas baixo modificaci\u00f3ns posteriores. Destaca especialmente a restauraci\u00f3n do conxunto escult\u00f3rico do s\u00e9culo XIII, ligado ao taller do Mestre Mateo, que posibilita a s\u00faa contemplaci\u00f3n \u00edntegra mediante a retirada da trazar\u00eda p\u00e9trea do s\u00e9culo XVI e a incorporaci\u00f3n dunha elegante carpinter\u00eda de lat\u00f3n m\u00e1is lixeira, desprazada cara ao interior, as\u00ed como dunha nova vidreira artesanal que non interfire na lectura do conxunto. A obra exemplifica non s\u00f3 a aplicaci\u00f3n rigorosa de criterios de restauraci\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n a recuperaci\u00f3n sensible dos valores arquitect\u00f3nicos e art\u00edsticos do monumento, respectando a s\u00faa evoluci\u00f3n ao longo do tempo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>8. VIVENDA UNIFAMILIAR ILLADA<\/strong><br \/>VILASOBROSO, MONDARIZ, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>FRANCISCO JAVIER V\u00c1ZQUEZ FERN\u00c1NDEZ | PERFECTO CEND\u00d3N DOM\u00cdNGUEZ | CEND\u00d3N-V\u00c1ZQUEZ ARQUITECTOS, SCP <\/strong><\/span><br \/>O xurado valora esta vivenda pola s\u00faa capacidade de integrar unha arquitectura contempor\u00e1nea nunha paisaxe rural de edificaci\u00f3n dispersa. O proxecto reinterpreta as formas de vida e as necesidades actuais nun contexto tradicional. A s\u00faa volumetr\u00eda, sinxela e fragmentada, adapta a edificaci\u00f3n \u00e1 escala da contorna, mantendo un di\u00e1logo natural coas preexistencias. O emprego consciente de materiais e soluci\u00f3ns construtivas contempor\u00e1neas, alleas ao imaxinario tradicional, conv\u00e9rtese aqu\u00ed nun valor engadido, ao contribu\u00edr a unha integraci\u00f3n respectuosa e honesta coa paisaxe aberta na que se insire a vivenda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>9. CENTRO INTEGRAL DE SA\u00daDE (CIS) DA COMARCA DEZA-LAL\u00cdN<\/strong><br \/>AVENIDA DE OURENSE 4 (ALTO DE VALES), LAL\u00cdN, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>JUAN RAM\u00d3N IGLESIAS BAB\u00cdO | IV\u00c1N L\u00d3PEZ VEIGA | IGLESIAS Y VEIGA ARQUITECTOS SLP <\/strong><\/span><br \/>O xurado valora\u00a0a calidade arquitect\u00f3nica e o rigor coa que se concibe o edificio, as\u00ed como a s\u00faa excelente integraci\u00f3n coa topograf\u00eda e co tecido urbano. A proposta resolve unha parcela complexa mediante unha implantaci\u00f3n clara, funcional e sensible cara ao espazo p\u00fablico. Dest\u00e1case a relaci\u00f3n co entorno, articulada a trav\u00e9s de d\u00faas prazas de acceso que organizan o conxunto e definen un esquema volum\u00e9trico ordenado, garantindo orientaci\u00f3n natural, iluminaci\u00f3n e confort tanto para usuarios como para o persoal sanitario. O resultado trad\u00facese nunha arquitectura p\u00fablica pr\u00f3xima, eficiente e sostible, que entende o servizo sanitario como espazo de benestar para a comunidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>10. CONSERVACI\u00d3N DO MUSEO MASS\u00d3<\/strong><br \/>BUEU, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>ALBERTO REDONDO PORTO | JOS\u00c9 MART\u00cdN VALLADARES DUR\u00c1N | MARCIAL RODR\u00cdGUEZ RODR\u00cdGUEZ<\/strong><\/span><br \/>O xurado destaca esta intervenci\u00f3n polo profundo respecto \u00e1s preexistencias e pola posta en valor das distintas etapas construtivas que conforman este singular conxunto patrimonial industrial. A an\u00e1lise rigorosa da evoluci\u00f3n hist\u00f3rica dos edificios guiou unha actuaci\u00f3n exemplar, na que cada fase da transformaci\u00f3n do conxunto \u00e9 comprendida e preservada. A restauraci\u00f3n dos espazos permitiu adaptar o edificio ao uso muse\u00edstico, aplicando oficios e t\u00e9cnicas tradicionais que aseguran a preservaci\u00f3n da s\u00faa autenticidade. O resultado \u00e9 unha intervenci\u00f3n que exemplifica boas pr\u00e1cticas na conservaci\u00f3n do patrimonio e na interpretaci\u00f3n contempor\u00e1nea da arquitectura industrial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>11. RESTAURACI\u00d3N DA VIVENDA PARTICULAR DE XOS\u00c9 BAR BOO, ARQUITECTO<\/strong><br \/>R\u00faa do MARQU\u00c9S DE VALLADARES 27, VIGO, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>PABLO MEN\u00c9NDEZ PAZ<\/strong><\/span><br \/>O xurado valora\u00a0a extraordinaria sensibilidade coa que se aborda a restauraci\u00f3n da vivenda particular do arquitecto Xos\u00e9 Bar Boo, mostrando un profundo respecto pola obra orixinal e polos valores espaciais, construtivos e materiais que definen a s\u00faa arquitectura. Reco\u00f1\u00e9cese a conservaci\u00f3n da esencia deste patrimonio dom\u00e9stico \u00fanico, preservando a autenticidade dun proxecto que \u00e9 ao tempo biograf\u00eda e legado arquitect\u00f3nico. A intervenci\u00f3n, precisa e contida, afronta a restauraci\u00f3n mantendo a coherencia formal e conceptual coa proposta orixinal de Bar Boo. O xurado salienta tam\u00e9n o papel exemplar do promotor, que asumiu o compromiso de preservar e actualizar este espazo vital cun respecto admirable. O resultado \u00e9 unha restituci\u00f3n serena e respectuosa da vivenda, reafirmando o valor da conservaci\u00f3n fronte \u00e1 transformaci\u00f3n innecesaria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>12. ORDENACI\u00d3N DO RECINTO MONACAL E ENCONTRO COSTEIRO DO REAL MOSTEIRO DE OIA<\/strong><br \/>OIA, PONTEVEDRA<br \/><span style=\"color: #c0504d;\"><strong>RODRIGUEZ+PINTOS ARQUITECTOS, SLP | SANTIAGO PINTOS PENA<\/strong><\/span><br \/>O xurado valora esta proposta pola s\u00faa formulaci\u00f3n respectuosa e polo compromiso de recuperar non s\u00f3 un conxunto patrimonial singular, sen\u00f3n tam\u00e9n o modelo sustentable que sostivo historicamente a relaci\u00f3n do Mosteiro coa vila e coa contorna. A proposta ofrece unha visi\u00f3n integral, incorporando a totalidade do recinto \u2014edificios, hortas, xard\u00edns e zonas forestais\u2014 para reinterpretar, desde criterios de sustentabilidade ambiental, social e econ\u00f3mica, un ecosistema que combina conservaci\u00f3n e novos usos compatibles co lugar. O xurado quere reco\u00f1ecer tam\u00e9n a visi\u00f3n e perseveranza dos promotores, que durante case d\u00faas d\u00e9cadas mantiveron o compromiso de facer viable a recuperaci\u00f3n e xesti\u00f3n deste Ben de Interese Cultural, contribu\u00edndo \u00e1 revitalizaci\u00f3n dun enclave arquitect\u00f3nico e paisax\u00edstico \u00fanico no contexto galego.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Logo de un receso entre as 15.00 e as 16.00 horas da tarde, remata a reuni\u00f3n levant\u00e1ndose a sesi\u00f3n \u00e1s 19.30 horas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mar\u00eda Garc\u00eda Couto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Secretaria do COAG en Pontevedra<\/p>\n<div style=\"margin-top: 2em; margin-bottom: 2em;\"><a style=\"padding: 0.4em 0.8em; border: 1px solid gray; background-color: ghostwhite; margin-top: 2em; margin-bottom: 2em;\" href=\"https:\/\/www.coag.es\/premios\/obras\/gda2025\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Acceder a obras presentadas<\/a><\/div>\n<p>[\/et_pb_text][\/et_pb_column][\/et_pb_row][\/et_pb_section]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>FALLO DO XURADO DOS PREMIOS GRAN DE AREA 2025 Os premios \u00abGran de Area de aportaci\u00f3n a Arquitectura\u00bb son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o reco\u00f1ecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":269827,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"_et_pb_use_builder":"on","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"project_category":[1029,1031],"project_tag":[],"class_list":["post-267206","project","type-project","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","project_category-premios-es","project_category-premios-gran-de-area-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project\/267206","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/project"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=267206"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project\/267206\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":269830,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project\/267206\/revisions\/269830"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/269827"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=267206"}],"wp:term":[{"taxonomy":"project_category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project_category?post=267206"},{"taxonomy":"project_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/project_tag?post=267206"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}