{"id":37944,"date":"2020-04-04T07:00:47","date_gmt":"2020-04-04T05:00:47","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/dia-das-artes-galegas-2020-domingo-de-andrade\/"},"modified":"2020-04-04T07:00:47","modified_gmt":"2020-04-04T05:00:47","slug":"dia-das-artes-galegas-2020-domingo-de-andrade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/sin-categorizar\/dia-das-artes-galegas-2020-domingo-de-andrade\/","title":{"rendered":"D\u00eda das Artes Galegas 2020 | Domingo de Andrade"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O arquitecto barroco Domingo de Andrade \u00e9 homenaxeado no \u201cD\u00eda das Artes 2020\u201d pola s\u00faa proxecci\u00f3n universal, con obras tan monumentais como a Torre do Reloxo de Santiago<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Real Academia Galega de Belas Artes dedicar\u00e1 ao longo do ano unha serie de actos e actividades para enxalzar a figura deste mestre ceense.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade no D\u00eda das Artes Galegas 2020, que se conmemora o 1 de abril. O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes, na s\u00faa sesi\u00f3n ordinaria do 29 de xu\u00f1o de 2019, decidiu elixir a candidatura do arquitecto barroco para esta efem\u00e9ride.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao longo do ano celebraranse unha serie de actividades e xornadas para difundir e po\u00f1er en valor a vida e obra de Domingo de Andrade. Pendente da elaboraci\u00f3n dun calendario con datas para a celebraci\u00f3n do programa de actividades, dada a situaci\u00f3n actual do Estado de Alarma pola pandemia do coronavirus, a Real Academia Galega de Belas Artes celebrar\u00e1 m\u00e1is adiante o D\u00eda das Artes Galegas cun acto acad\u00e9mico na Capela do Hostal dos Reis Cat\u00f3licos de Santiago. En colaboraci\u00f3n coa Fundaci\u00f3n Catedral, organizarase tam\u00e9n un acto para o descubrimento dunha placa conmemorativa na tumba de Andrade, situada na Capela da Concepci\u00f3n da Catedral de Santiago. Xa de maneira espec\u00edfica, organizarase un acto no Concello de Cee, lugar de nacemento de Andrade, onde o acad\u00e9mico numerario da secci\u00f3n de arquitectura, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Soraluce, ofrecer\u00e1 unha conferencia para louvar a obra do gran arquitecto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n, en colaboraci\u00f3n coa Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), organizarase unha exposici\u00f3n itinerante sobre a obra de Andrade, na que xa est\u00e1n traballando os seus comisarios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outra das acci\u00f3ns previstas para 2020 \u00e9 a celebraci\u00f3n dun ciclo de conferencias nos lugares onde Andrade realizou obra, como son as Catedrais de Lugo, Ourense e Tui, as\u00ed como a futura edici\u00f3n de diferentes publicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O cartel do \u201cD\u00eda das Artes Galegas\u201d en homenaxe a Domingo de Andrade foi dese\u00f1ado polo acad\u00e9mico numerario da secci\u00f3n de artes da imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes, Xos\u00e9 D\u00edaz Arias de Castro, a partir do retrato de Domingo de Andrade que est\u00e1 exposto na Facultade de Xeograf\u00eda e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), obra do pintor e acad\u00e9mico Felipe Criado (1928-2013), quen foi membro numerario da secci\u00f3n de pintura e gravado desta mesma Instituci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>A Casa da Parra e a Casa da Conga, arquitectura urbana de Andrade<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Domingo Antonio de Andrade (Cee,1639 \u2013 Santiago de Compostela, 1712) foi un arquitecto galego de proxecci\u00f3n universal. En 1654, comezou os seus estudos na Facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela, a\u00ednda que os abandonou por unha enfermidade. En 1668 casou con Isabel Areas Canosa, con quen tivo dez fillos, dos cales cinco faleceron de pequenos, mentres que dos restantes dous foron franciscanos en Santiago e tres agustinas en Lugo e Betanzos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Comezou a traballar na capital compostel\u00e1 en 1662 e f\u00edxoo como entallador de oficio, preocupado principalmente pola estrutura compositiva de retablos en madeira. Algunhas das s\u00faas obras son o tabern\u00e1culo da Catedral de Santiago, estrutura que repetir\u00e1 no baldaquino da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense e o baldaquino do Altar Maior da igrexa do mosteiro de Oseira. As\u00ed, en 1669 era Aparellador Maior da Catedral e en 1676 foi nomeado Mestre de Obras da Catedral, onde comezou coa obra da Torre do Reloxo (1680) da Catedral de Santiago de Compostela, co\u00f1ecida popularmente como Torre da Berenguela. Foi a s\u00faa primeira construci\u00f3n significativa, e quizais a s\u00faa obra mestra, que caracterizada pola s\u00faa monumentalidade e solidez en harmon\u00eda co conxunto catedralicio, fan desta unha obra barroca de prestixio internacional.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En 1696, o cabido santiagu\u00e9s enc\u00e1rgalle a nova sancrist\u00eda (hoxe Capela da Nosa Se\u00f1ora do Pilar) da que fixo as trazas e foi substitu\u00eddo por Casas N\u00f3voa en 1711. Antes, en 1699, Domingo de Andrade ordenouse como presb\u00edtero ao quedar vi\u00favo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En 1700 realizou o P\u00f3rtico Real da Quintana, horizontalidade en contraste coa esbeltez da Torre do Reloxo. As\u00ed mesmo, traballou no convento de Santo Domingo de Bonaval en tres partes principais: a fachada da porter\u00eda, os cuartos e o claustro onde aparecen as s\u00faas caracter\u00edsticas sartas de froitas e o virtuosismo da afamada escaleira de caracol.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Resultan destacables, como mostra de arquitectura urbana, a Casa da Parra (1683) e a Casa da Conga (1709) que el comezou, a\u00ednda que finalmente a realizaci\u00f3n se lle atrib\u00fae a Casas N\u00f3voa. Ademais, f\u00f3ra de Compostela realizou, entre outras, a sala capitular e a sancrist\u00eda da Catedral de Lugo, interiores tam\u00e9n co seu caracter\u00edstico encalado en branco, e outras obras diversas na Catedral de Ourense.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Andrade contaba cunha personalidade posuidora dunha gran cultura, debido a s\u00faa relaci\u00f3n desde 1658 co can\u00f3nigo fabriqueiro Jos\u00e9 de Vega y Verdugo, e a s\u00faa obra \u201cExcelencias, antig\u00fcedad y nobleza de la Arquitectura\u201d (Santiago, 1695) onde demostra a s\u00faa erudici\u00f3n e expresa a s\u00faa teor\u00eda arquitect\u00f3nica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A iniciativa desta efem\u00e9ride naceu da RAGBA no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1 de abril de 1188 dirixiu a colocaci\u00f3n dos linteis do P\u00f3rtico da Gloria na Catedral compostel\u00e1, segundo consta nos mesmos. Na pasada edici\u00f3n de 2019 a figura homenaxeada foi Luis Seoane, te\u00f3rico da arte, creador, dese\u00f1ador, caricaturista, debuxante ou pintor, esencial no Laboratorio de Formas de Galicia. Mentres en anos anteriores homenaxe\u00e1ronse figuras como a de Alejandro de la Sota (2018), Maruja Mallo (2017), e Alfonso Daniel Rodr\u00edguez Castelao (2016).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<hr style=\"border-top: 2px solid #0A5B77;\" \/>\n<h3><a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Dia-das-artes-galegas-2020.html\">BOLETIN ESPECIAL<\/a><\/h3>\n<hr style=\"border-top: 2px solid #0A5B77;\" \/>\n<p>Fotos: Clara Gonz\u00e1lez Gil<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-34864 size-full\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/20181211_085833_opt-e1585987812440.jpg\" alt=\"\" width=\"750\" height=\"auto\" srcset=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/20181211_085833_opt-e1585987812440.jpg 563w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/20181211_085833_opt-e1585987812440-225x300.jpg 225w\" sizes=\"(max-width: 563px) 100vw, 563px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-34863 size-full\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/02_opt.jpg\" alt=\"\" width=\"1333\" height=\"750\" srcset=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/02_opt.jpg 1333w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/02_opt-300x169.jpg 300w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/02_opt-768x432.jpg 768w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/02_opt-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/02_opt-553x311.jpg 553w\" sizes=\"(max-width: 1333px) 100vw, 1333px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-34865 size-full\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20190802_145745_775_opt.jpg\" alt=\"\" width=\"750\" height=\"422\" srcset=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20190802_145745_775_opt.jpg 750w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20190802_145745_775_opt-300x169.jpg 300w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20190802_145745_775_opt-553x311.jpg 553w\" sizes=\"(max-width: 750px) 100vw, 750px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-34870 size-full\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/01_opt.jpg\" alt=\"\" width=\"750\" height=\"750\" srcset=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/01_opt.jpg 750w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/01_opt-150x150.jpg 150w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/01_opt-300x300.jpg 300w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/01_opt-50x50.jpg 50w\" sizes=\"(max-width: 750px) 100vw, 750px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-34862 size-full\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20170710_223753_033_opt.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"750\" srcset=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20170710_223753_033_opt.jpg 600w, https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/IMG_20170710_223753_033_opt-240x300.jpg 240w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O arquitecto barroco Domingo de Andrade \u00e9 homenaxeado no \u201cD\u00eda das Artes 2020\u201d pola s\u00faa proxecci\u00f3n universal, con obras tan monumentais como a Torre do Reloxo de Santiago A Real Academia Galega de Belas Artes dedicar\u00e1 ao longo do ano unha serie de actos e actividades para enxalzar a figura deste mestre ceense.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":34756,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[973,952],"tags":[],"class_list":["post-37944","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura-es","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37944","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37944"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37944\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/34756"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37944"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37944"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37944"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}