{"id":37591,"date":"2020-12-12T20:06:05","date_gmt":"2020-12-12T19:06:05","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/asinado-un-convenio-coa-deputacion-da-coruna-para-axilizar-a-tramitacion-de-licenzas-urbanisticas-nos-concellos-da-provincia\/"},"modified":"2020-12-12T20:06:05","modified_gmt":"2020-12-12T19:06:05","slug":"asinado-un-convenio-coa-deputacion-da-coruna-para-axilizar-a-tramitacion-de-licenzas-urbanisticas-nos-concellos-da-provincia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/sin-categorizar\/asinado-un-convenio-coa-deputacion-da-coruna-para-axilizar-a-tramitacion-de-licenzas-urbanisticas-nos-concellos-da-provincia\/","title":{"rendered":"Asinado un convenio coa Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para axilizar a tramitaci\u00f3n de licenzas urban\u00edsticas nos concellos da provincia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Comezar\u00e1 a aplicarse inicialmente en Betanzos, Rianxo, Abegondo e Cambre, e supor\u00e1 una minoraci\u00f3n de custos econ\u00f3micos e de cargas administrativas para as persoas tanto f\u00edsicas coma xur\u00eddicas usuarias do servizo.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia Aixendri, asinaron un convenio de colaboraci\u00f3n que permitir\u00e1 simplificar a tramitaci\u00f3n das licenzas e outros actos urban\u00edsticos ao permitir que os concellos da provincia da Coru\u00f1a descarguen a documentaci\u00f3n t\u00e9cnica dos solicitantes a trav\u00e9s da plataforma dixital do COAG. O acto contou tam\u00e9n coa asistencia do deputado de Econom\u00eda e Facenda da instituci\u00f3n provincial, Antonio Leira Pi\u00f1eiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O convenio, que ten vixencia durante catro anos, supor\u00e1 una minoraci\u00f3n de custos econ\u00f3micos e de cargas administrativas para as persoas tanto f\u00edsicas como xur\u00eddicas solicitantes, xa que non ter\u00e1n que achegar nin incorporar nas petici\u00f3ns de licencias e outras autorizaci\u00f3ns que xa estean tramitadas polo COAG, ademais de reducir tam\u00e9n a carga do traballo do rexistro presencial dos concellos da provincia. O operativo ofrecer\u00e1 validez legal \u00e1 documentaci\u00f3n que se incorpora nos expedientes administrativos, e certificar\u00e1 a seguridade xur\u00eddica de todos os actos administrativos. Inicialmente, o convenio<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Gonz\u00e1lez Formoso destacou que o acordo permitir\u00e1 \u00abreducir tr\u00e1mites burocr\u00e1ticos\u00bb e avanzar nunha administraci\u00f3n \u00abm\u00e1is \u00e1xil e eficiente ao servizo da cidadan\u00eda\u00bb. O presidente explicou que o convenio comezarase a aplicar inicialmente nos concellos de Betanzos, Rianxo, Abegondo e Cambre, e estenderase proximamente ao resto dos concellos da provincia aos que d\u00e1 soporte a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Elena Ampudia explicou que o uso da plataforma colexial, como \u00abgran contedor de documentaci\u00f3n\u00bb, garante a implantaci\u00f3n e desenvolvemento da tramitaci\u00f3n telem\u00e1tica nas administraci\u00f3ns de maneira \u00abeficiente\u00bb con independencia do grao de desenvolvemento tecnol\u00f3xico do administrado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O convenio tam\u00e9n permitir\u00e1 a normalizaci\u00f3n da documentaci\u00f3n t\u00e9cnica e administrativa de car\u00e1cter xeral. Esta documentaci\u00f3n, tramitada nos concellos, atoparase tipificada, estruturada e asinada conforme ao modelo normalizado que o Colexio de Arquitectos se encarga de ter axeitadamente actualizado segundo as disposici\u00f3ns legais vixentes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, o acordo asegura a garant\u00eda sobre a identidade e habilitaci\u00f3n dos t\u00e9cnicos redactores no caso de traballos visados e sobre a identidade e colexiaci\u00f3n noutros casos. O procedemento de tramitaci\u00f3n colexial incl\u00fae estas verificaci\u00f3ns dos t\u00e9cnicos asinantes, polo que se evitar\u00e1 a solicitude e xesti\u00f3n de documentaci\u00f3n adicional para a s\u00faa verificaci\u00f3n por parte dos concellos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, habilitarase un mecanismo telem\u00e1tico que permitir\u00e1 aos concellos da provicia da Coru\u00f1a, coa conformidade do solicitante da licenza urban\u00edstica ou tramitaci\u00f3n urban\u00edstica, as\u00ed como dos t\u00e9cnicos redactores do traballo profesional vinculado, obter en formato electr\u00f3nico unha copia da documentaci\u00f3n t\u00e9cnica e administrativa tramitada no Colexio de Arquitectos. As\u00ed, eximirase aos solicitantes da licenza urban\u00edstica ou tramitaci\u00f3n urban\u00edstica da obriga de achegar dita documentaci\u00f3n en papel ou dixital aos diferentes departamentos administrativos dos concellos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fonte: <a href=\"https:\/\/www.dacoruna.gal\/novas\/ficha-noticia-reducida?id_evento=8037&amp;utm_source=Enlace&amp;utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&amp;utm_medium=Web\">Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comezar\u00e1 a aplicarse inicialmente en Betanzos, Rianxo, Abegondo e Cambre, e supor\u00e1 una minoraci\u00f3n de custos econ\u00f3micos e de cargas administrativas para as persoas tanto f\u00edsicas coma xur\u00eddicas usuarias do servizo.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":35358,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[965,1016,994,952],"tags":[],"class_list":["post-37591","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-campanas-coag-es","category-coag-es","category-linas-de-traballo-es","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37591","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37591"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37591\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35358"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37591"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37591"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37591"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}