{"id":37572,"date":"2020-12-30T20:15:03","date_gmt":"2020-12-30T19:15:03","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/licitacion-dos-documentos-tecnicos-e-a-tramitacion-urbanistica-e-ambiental-das-seguintes-fases-do-novo-complexo-hospitalario-universitario-da-coruna-chuac\/"},"modified":"2020-12-30T20:15:03","modified_gmt":"2020-12-30T19:15:03","slug":"licitacion-dos-documentos-tecnicos-e-a-tramitacion-urbanistica-e-ambiental-das-seguintes-fases-do-novo-complexo-hospitalario-universitario-da-coruna-chuac","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/sin-categorizar\/licitacion-dos-documentos-tecnicos-e-a-tramitacion-urbanistica-e-ambiental-das-seguintes-fases-do-novo-complexo-hospitalario-universitario-da-coruna-chuac\/","title":{"rendered":"Licitaci\u00f3n dos documentos t\u00e9cnicos e a tramitaci\u00f3n urban\u00edstica e ambiental das seguintes fases do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coru\u00f1a (CHUAC)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A Xunta licitou hoxe por 7,6 mill\u00f3ns de euros os documentos t\u00e9cnicos e a tramitaci\u00f3n urban\u00edstica e ambiental que permitir\u00e1n iniciar as seguintes fase do novo hospital p\u00fablico da Coru\u00f1a, Novo CHUAC, en 24 meses.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel V\u00e1zquez, o conselleiro de Sanidade, Julio Garc\u00eda Comesa\u00f1a, xunto do delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, e o xerente da \u00e1rea sanitaria da Coru\u00f1a, Luis Verde, explicaron esta ma\u00f1\u00e1 o contrato para a posta en marcha das pr\u00f3ximas fases do novo CHUAC, que supor\u00e1 un investimento global da Xunta de m\u00e1is de 431 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">M\u00e1is concretamente, o contrato licitado hoxe consiste na elaboraci\u00f3n do proxecto urban\u00edstico e ambiental, na redacci\u00f3n dos anteproxectos e dos proxectos b\u00e1sicos e de execuci\u00f3n, do proxecto de construci\u00f3n de viario e accesos, dos proxectos de demolici\u00f3n e na direcci\u00f3n, control e vixilancia das obras nas s\u00faas distintas fases. As empresas interesadas te\u00f1en agora de prazo ata o vindeiro 15 de marzo para presentar as s\u00faas ofertas. A previsi\u00f3n \u00e9 poder adxudicar os traballos na primavera de 2021.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O obxectivo da Xunta \u00e9 seguir mellorando a sanidade p\u00fablica na \u00e1rea da Coru\u00f1a, estar preparados para adaptarse aos cambios asistenciais e tecnol\u00f3xicos e atender as demandas dos profesionais, pacientes e colectivos. En palabras da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, tr\u00e1tase de \u201cblindar\u201d o futuro da sanidade p\u00fablica na \u00e1rea da Coru\u00f1a, desenvolvendo \u201cunha infraestrutura hospitalaria de vangarda\u201d que ofreza m\u00e1is espazos e m\u00e1is comodidade, mellora da accesibilidade e novos servizos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Novo CHUAC \u00e9 a maior infraestrutura sanitaria que vai acometer a Xunta nesta lexislatura. Segundo destacou o conselleiro de Sanidade, co Novo CHUAC dobrarase a superficie constru\u00edda, ata acadar os 225.000 metros cadrados de superficie. Isto sup\u00f3n o incremento do 108% de salas e postos de urxencias, o incremento do 50% de consultas e postos de observaci\u00f3n de Urxencias e cun 15% m\u00e1is de camas dispo\u00f1ibles e un 50% de habitaci\u00f3ns individuais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Habilitaranse novas zonas de aparcadoiro \u00e1 disposici\u00f3n dos traballadores e usuarios, 30.000 metros cadrados e 2.600 prazas, ordenadas e seguras, das cales se reservar\u00e1n o 3% para persoas con discapacidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O proxecto incl\u00fae a reordenaci\u00f3n e execuci\u00f3n das v\u00edas necesarias para dotar o complexo hospitalario p\u00fablico da Coru\u00f1a dos accesos axeitados. Esta reordenaci\u00f3n viaria ter\u00e1, ademais, unha importante funcionalidade para a cidade, na medida en que dar\u00e1 servizo ao barrio de Eir\u00eds e \u00e1 futura Cidade das TIC.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A licitaci\u00f3n prev\u00e9 que se dese\u00f1en os proxectos t\u00e9cnicos de tal forma que sexa posible po\u00f1er en funcionamento por fases diferentes unidades de obra, de xeito que se poida ir mellorando e ampliando servizos o antes posible.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nos proxectos terase especialmente en conta a integraci\u00f3n paisax\u00edstica, para que o Novo CHUAC sexa unha referencia arquitect\u00f3nica na cidade, as\u00ed como outros aspectos como a eficiencia enerx\u00e9tica, a depuraci\u00f3n de augas para paliar a concentraci\u00f3n de medicamentos, a accesibilidade, a funcionalidade da asistencia sanitaria e os materiais e subministro de proximidade ou de \u201cquil\u00f3metro 0\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, nunha primeira fase dos traballos, para a que se prev\u00e9 un prazo de 24 meses, est\u00e1 previsto levar a cabo a tramitaci\u00f3n ambiental e tam\u00e9n a tramitaci\u00f3n urban\u00edstica. Sobre esta \u00faltima, o contrato prev\u00e9 d\u00faas alternativas, ben como proxecto de interese auton\u00f3mico, ben por Lei 3\/2016, como consecuencia da indefinici\u00f3n e das d\u00fabidas do Concello.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n se proceder\u00e1 \u00e1 redacci\u00f3n dos proxectos de execuci\u00f3n, levaranse a cabo as actuaci\u00f3ns previas preparatorias, as obras de demolici\u00f3n comezando, previsiblemente, pola demolici\u00f3n do hotel de pacientes, e activaranse as fases intermedias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na seguinte fase, cun per\u00edodo estimado de 6 meses, realizarase o proceso de licitaci\u00f3n das obras principais, finaliz\u00e1ndose as obras de demolici\u00f3n e xa tam\u00e9n dalgunha fase.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na fase final executaranse e remataranse as \u00faltimas obras de edificaci\u00f3n, tam\u00e9n as \u00faltimas obras de urbanizaci\u00f3n e os \u00faltimos traballos do viario e dos accesos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">C\u00f3mpre lembrar, neste sentido, que a Fase 0, que supor\u00e1 un investimento de m\u00e1is de 13 mill\u00f3ns de euros, est\u00e1 xa en marcha, pendente do inicio das obras a que o Concello outorgue a licenza municipal correspondente. A Fase 0 supor\u00e1 a ampliaci\u00f3n das \u00e1reas dos servizos de urxencias, a creaci\u00f3n de novos hospitais de d\u00eda e tam\u00e9n novos espazos destinados a farmacia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os documentos t\u00e9cnicos cuxa elaboraci\u00f3n se licita hoxe concretar\u00e1n o establecido no Plan funcional e de espazos do Plan director do Complexo Hospitalario Universitario da Coru\u00f1a, elaborado en di\u00e1logo co persoal sanitario e no que se estudaron alternativas distintas de situaci\u00f3n, cos obxectivos de aumentar a superficie hospitalaria e incorporar novos e mellores servizos asistenciais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A conselleira Ethel V\u00e1zquez destacou que o Novo CHUAC \u00e9 un dos proxectos \u201cm\u00e1is importantes e prioritarios\u201d que est\u00e1 a impulsar a Xunta no conxunto de Galicia e \u201co m\u00e1is importante e prioritario que estamos a desenvolver na \u00e1rea da Coru\u00f1a\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Lembrou o \u201ccompromiso firme da Xunta\u201d co novo hospital p\u00fablico da Coru\u00f1a, como veu demostrando ao longo dos \u00faltimos meses, tam\u00e9n coa proposta de acordo de colaboraci\u00f3n remitido ao Concello da Coru\u00f1a o pasado 5 de maio e que, sete meses despois, a\u00ednda non est\u00e1 pechado por parte da administraci\u00f3n local.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ethel V\u00e1zquez e Julio Garc\u00eda Comesa\u00f1a incidiron en que o Novo CHUAC \u00e9 unha obra de calado e importancia para a cidade que non debe demorase m\u00e1is. \u201cNon admite nin m\u00e1is demoras nin m\u00e1is d\u00fabidas\u201d, por iso hoxe a Xunta d\u00e1 un novo paso para a s\u00faa materializaci\u00f3n, coa licitaci\u00f3n dos documentos t\u00e9cnicos e das obras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fonte <a href=\"https:\/\/saladecomunicacion.sergas.gal\/Paginas\/DetalleNova.aspx?idNova=10936&amp;idioma=ga\">Sala de comunicaci\u00f3n do SERGAS<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"https:\/\/www.contratosdegalicia.gal\/licitacion?OP=50&amp;N=801247&amp;lang=gl\">Enlace p\u00e1xina de contrataci\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta licitou hoxe por 7,6 mill\u00f3ns de euros os documentos t\u00e9cnicos e a tramitaci\u00f3n urban\u00edstica e ambiental que permitir\u00e1n iniciar as seguintes fase do novo hospital p\u00fablico da Coru\u00f1a, Novo CHUAC, en 24 meses.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":35411,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[970,952],"tags":[],"class_list":["post-37572","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concursos-es","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37572","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37572"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37572\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35411"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37572"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37572"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37572"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}