{"id":37464,"date":"2021-03-23T08:25:16","date_gmt":"2021-03-23T07:25:16","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/asinado-un-convenio-co-concello-de-bueu-para-promover-un-concurso-de-ideas-no-barrio-da-banda-do-rio\/"},"modified":"2021-03-23T08:25:16","modified_gmt":"2021-03-23T07:25:16","slug":"asinado-un-convenio-co-concello-de-bueu-para-promover-un-concurso-de-ideas-no-barrio-da-banda-do-rio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/concursos-es\/asinado-un-convenio-co-concello-de-bueu-para-promover-un-concurso-de-ideas-no-barrio-da-banda-do-rio\/","title":{"rendered":"Asinado un convenio co Concello de Bueu para promover un concurso de ideas no barrio da Banda do R\u00edo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O pasado 18 de marzo tivo lugar o acto oficial no que se asinou o documento por parte do alcalde e do presidente da COAG de Pontevedra, que vai permitir que se convoque o tan desexado concurso de ideas. O goberno local salienta que \u201cisto sup\u00f3n un paso importante, logo de moitos meses de negociaci\u00f3n coas diversas sensibilidades do barrio\u201d e permitir\u00e1 \u201ccontar con propostas para que este c\u00e9ntrico espazo se sit\u00fae \u00e1 vangarda\u201d.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Concello de Bueu e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) asinaron este xoves un convenio de colaboraci\u00f3n para a convocatoria dun concurso de ideas que permitir\u00e1 revitalizar e mellorar as condici\u00f3ns de vida do barrio mari\u00f1eiro da Banda do R\u00edo. O acto tivo lugar ao mediod\u00eda no sal\u00f3n de plenos da Casa Consistorial e nel estiveron presentes F\u00e9lix Juncal, alcalde de Bueu, Mart\u00edn Villanueva, concelleiro de urbanismo, e Anselmo Villanueva, presidente da delegaci\u00f3n do COAG en Pontevedra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tal e como destacan Juncal e Villanueva, \u201cisto sup\u00f3n un paso importante, logo de moitos meses de negociaci\u00f3n coas diversas sensibilidades do barrio\u201d e permitir\u00e1 \u201ccontar con propostas para que este c\u00e9ntrico espazo se sit\u00fae \u00e1 vangarda no fomento de pol\u00edticas de accesibilidade e mobilidade\u201d. Anselmo Villanueva salientou que \u201c\u00e9 unha honra para n\u00f3s participar deste proxecto, sobre todo cando gran parte da historia de Bueu discorre por este barrio, polo que \u00e9 un reto moi ambicioso\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este convenio chega tras m\u00faltiples reuni\u00f3ns celebradas con representantes da Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al da Banda do R\u00edo e da Plataforma Veci\u00f1al da Banda do R\u00edo, dous colectivos que integraron as diversas mesas de seguemento xunto \u00e1 corporaci\u00f3n municipal, co fin de achegar posturas e sensibilidades arredor do que deber\u00eda ser a filosof\u00eda das propostas de mellora neste barrio hist\u00f3rico. Precisamente, os escritos presentados por estes colectivos, xunto a outra documentaci\u00f3n e fotos hist\u00f3ricas, servir\u00e1n de base para que os arquitectos e arquitectas establezan as s\u00faas propostas de mellora no marco da convocatoria do concurso. Entre as principais li\u00f1as de actuaci\u00f3n a ter en conta est\u00e1n a seguridade viaria, un maior tratamento dos aparcadoiros, a renovaci\u00f3n das edificaci\u00f3ns, de servizos, de iluminaci\u00f3n e tratamento do contacto coas v\u00edas e coa praia etc.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha vez asinado este convenio, o persoal do COAG e do Concello traballar\u00e1n xa na preparaci\u00f3n de todos os documentos para a convocatoria do concurso de ideas, no que van poder participar equipos compostos por profesionais con competencias na materia de ordenaci\u00f3n urban\u00edstica e medioambiental. O xurado estar\u00e1 composto por persoas vinculadas ao sector da arquitectura e da enxe\u00f1er\u00eda, polo que se valorar\u00e1n as propostas dende o punto de vista t\u00e9cnico. E o \u00e1mbito de localizaci\u00f3n comprende o cuadril\u00e1tero delimitado polas r\u00faas Joh\u00e1n Carballeira, ata Can do Penedo, inclu\u00edndo ambos os lados da Avda Montero R\u00edos e da r\u00faa Pazos Fontenla, cunha superficie aproximada de 61.500 metros cadrados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Concello investir\u00e1 38.000 \u20ac en premios, sendo a proposta ga\u00f1adora a que se encargar\u00eda da redacci\u00f3n do proxecto e que se far\u00eda con 20.000 \u20ac. O segundo premio estar\u00e1 dotado con 10.000 \u20ac; e o terceiro, con 5.000 \u20ac. Ademais cont\u00e9mplanse dous acc\u00e9sits, cuxas cont\u00edas ser\u00e1n de 2.000 \u20ac e de 1.000 \u20ac, respectivamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O goberno bueu\u00e9s considera que \u201c\u00e9 un momento de cambio e de que por fin se aborde un tema de grande interese social\u201d, motivo polo cal, o obxectivo \u00e9 que o concurso poida estar resolto antes de que remate o ano. De feito, e dada a transcendencia p\u00fablica, o Concello expo\u00f1er\u00e1 ao p\u00fablico a totalidade dos traballos presentados para que a cidadan\u00eda os poida co\u00f1ecer.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fonte: Concello de Bueu.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado 18 de marzo tivo lugar o acto oficial no que se asinou o documento por parte do alcalde e do presidente da COAG de Pontevedra, que vai permitir que se convoque o tan desexado concurso de ideas. O goberno local salienta que \u201cisto sup\u00f3n un paso importante, logo de moitos meses de negociaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":35618,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[1016,970,980],"tags":[],"class_list":["post-37464","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-coag-es","category-concursos-es","category-delegacion-pontevedra"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37464","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37464"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37464\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35618"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37464"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37464"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37464"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}