{"id":37447,"date":"2021-04-07T14:40:18","date_gmt":"2021-04-07T12:40:18","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/convocatoria-do-proceso-de-seleccion-de-propostas-aos-premios-mies-van-der-rohe-2022\/"},"modified":"2021-04-07T14:40:18","modified_gmt":"2021-04-07T12:40:18","slug":"convocatoria-do-proceso-de-seleccion-de-propostas-aos-premios-mies-van-der-rohe-2022","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/premios-es\/convocatoria-do-proceso-de-seleccion-de-propostas-aos-premios-mies-van-der-rohe-2022\/","title":{"rendered":"Convocatoria do proceso de selecci\u00f3n de propostas aos Premios Mies van der Rohe 2022"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Desde o Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de Espa\u00f1a (CSCAE) nos informan de que a Fundaci\u00f3n Mies van der Rohe-Barcelona abre o prazo para a presentaci\u00f3n de candidaturas do PREMIO DE ARQUITECTURA CONTEMPOR\u00c1NEA DE LA UNI\u00d3N EUROPEA &#8211; PREMIO MIES VAN DER ROHE 2022, e invitar formalmente ao CSCAE a colaborar no proceso mediante a presentaci\u00f3n de candidaturas.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, o CSCAE solicitou aos distintos Colexios de Espa\u00f1a que aportemos as nosas propostas de candidaturas. Unha vez recibidas todas as que aportemos os Colexios, o CSCAE proceder\u00e1 a realizar unha selecci\u00f3n, para presentar as que considere oportunas como candidatos ante a Fundaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Conforme ao anterior, o COAG establece a presente convocatoria para que os seus colexiados presenten os traballos que desexan que se valoren como propostas do COAG ao CSCAE como candidatas aos Premios indicados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>En relaci\u00f3n cos termos da mesma, indicamos que o prazo establecido para a presentaci\u00f3n de candidaturas ven determinado polos prazos que establece o CSCAE para que lle fagamos chegar as s\u00faas propostas e \u00e1 s\u00faa vez aos establecidos pola la Fundaci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As obras presentadas deben ter sido rematadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de abril de 2021 (ambos inclusive)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Antecedentes<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Premio ten car\u00e1cter bienal e o seu prop\u00f3sito principal \u00e9 reco\u00f1ecer e recompensar a calidade da produci\u00f3n arquitect\u00f3nica en Europa, \u00a0e destacar a importante contribuci\u00f3n dos arquitectos europeos ao desenvolvemento de novas ideas e tecnolox\u00edas, animando a unha maior comprensi\u00f3n, por parte dos cidad\u00e1ns e das instituci\u00f3ns p\u00fablicas, da funci\u00f3n cultural da arquitectura na construci\u00f3n das cidades europeas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En cada edici\u00f3n bienal, o Xurado selecciona entre todas as candidaturas d\u00faas obras: unha para outorgar o Premio de Arquitectura Contempor\u00e1nea da Uni\u00f3n Europea \u2013 Premio Mies van der Rohe, en consideraci\u00f3n \u00e1 s\u00faa calidade conceptual, t\u00e9cnica e construtiva, e outra que recibe a Menci\u00f3n Especial Arquitecto Emergente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Premio Mies van der Rohe ten unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de 60.000 \u20ac, e a Menci\u00f3n Especial Arquitecto Emergente est\u00e1 dotado con 20.000 \u20ac. Os ga\u00f1adores dos dous galard\u00f3ns recibir\u00e1n, ademais, unha escultura que evoca o Pavill\u00f3n Mies Van der Rohe.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Informaci\u00f3n Premios: <a href=\"http:\/\/miesbcn.com\/es\/premio\/\">miesbcn.com\/es\/premio\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Requisitos e condici\u00f3ns das candidaturas e dos candidatos.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Poder\u00e1n participar nesta convocatoria, os proxectos redactados ou obras finalizadas, con emprazamento no \u00e1mbito da comunidade aut\u00f3noma de Galicia a, que te\u00f1an sido rematadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de abril de 2021 (ambos inclusive)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No caso de que a obra en cuesti\u00f3n non estea rematada pero est\u00e9 prevista a s\u00faa finalizaci\u00f3n antes do vindeiro 30 de abril de 2021, poder\u00e1n participar pero deber\u00e1n acreditar posteriormente a data de remate.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por outra parte, poder\u00e1n presentar as propostas de candidaturas para que sexan presentadas polo COAG, as persoas f\u00edsicas o xur\u00eddicas que cumpran os seguintes requisitos:<\/p>\n<ul style=\"margin-bottom: 0cm; margin-top: 0cm; text-align: justify;\" type=\"disc\">\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Figurar como colexiado\/a no COAG como persoa f\u00edsica ou inscrito no Rexistro de Sociedades profesionais do COAG<\/li>\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Atoparse ao corrente das s\u00faas obrigaci\u00f3ns colexiais e en plenitude dos seus dereitos como colexiados.<\/li>\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Ser os autores ou coautores dos proxectos ou obras presentadas como candidatos. En caso de coautor\u00eda, la candidatura deber\u00e1 ser presentada por todos los autores<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cada arquitecto poder\u00e1 presentar tantas obras como estime oportunas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Documentaci\u00f3n a presentar<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Deberase aportar a documentaci\u00f3n referida a continuaci\u00f3n:<\/p>\n<ul style=\"margin-bottom: 0cm; margin-top: 0cm; text-align: justify;\" type=\"disc\">\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Un <strong>breve dossier ou memoria descritiva e xustificativa<\/strong> da obra ou traballo presentado, coa documentaci\u00f3n gr\u00e1fica e escrita do proxecto necesaria para a comprensi\u00f3n do mesmo, xustificando os valores da proposta a xu\u00edzo dos autores, as\u00ed como m\u00e9ritos que xustifiquen dicha candidatura (p\u00e1rrafo que non exceda de 4-5 li\u00f1as) . Este documento deber\u00e1 presentarse en formato PDF, cunha extensi\u00f3n m\u00e1xima de 4 p\u00e1xinas en tama\u00f1o A3.Tama\u00f1o m\u00e1ximo do arquivo \u00e9 de 10 MB<\/li>\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">O <strong>modelo de solicitude de participaci\u00f3n e autorizaci\u00f3n para o tratamento de datos persoais <\/strong>(<a style=\"font-weight: 900!important;\" href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Modelo-participacion-PremiosMies2022_ANEXO-I-MODELO-DE-SOLICITUDE-DE-PARTICIPACION-E-AUTORIZACION-PARA-O-TRATAMENTO-DE-DATOS-PERSOAIS-PUBLICACION-E-DIFUSION.pdf\">ANEXO I<\/a>) debidamente cuberto e asinado con sinatura dixital v\u00e1lida (DNI, FNMT\u2026).<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Procedemento de selecci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os colexiados\/as interesados en que se valore unha posible obra para a presentaci\u00f3n por parte do COAG ao Consejo Superior, deber\u00e1n remitir a documentaci\u00f3n indicada \u00e1 Comisi\u00f3n de Cultura colexial, que proceder\u00e1 \u00e1 s\u00faa revisi\u00f3n e valoraci\u00f3n, decidindo cales se remitir\u00e1n ao CSCAE.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Prazo e forma de presentaci\u00f3n.\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O prazo de presentaci\u00f3n rematar\u00e1 \u00e1s <strong>13:00 horas do 14 de abril.\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>As propostas deber\u00e1n ser achegadas por correo electr\u00f3nico a:<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong><a href=\"mailto:cultura@colexiodearquitectos.org\">cultura@colexiodearquitectos.org<\/a><\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Xurado<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O xurado para a avaliaci\u00f3n das obras presentadas, ser\u00e1 a Comisi\u00f3n de Cultura do COAG.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os membros do xurado non poder\u00e1n participar neste proceso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Xurado poder\u00e1 asumir o rexeitamento daquelas obras ou proxecto que cualifique de non rematados por completo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Xurado res\u00e9rvase tam\u00e9n a potestade de aceptar ou rexeitar aquelas obras que poidan ter un defecto de forma na s\u00faa candidatura que considere menor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Consultas e reclamaci\u00f3ns\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As consultas e reclamaci\u00f3ns sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte <a href=\"http:\/\/www.coag.es\/profesion\/atenciontelematica\/default.aspx?tipoconsulta=outro\">ENLACE<\/a><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Propiedade intelectual e dereitos de terceiros<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os participantes deber\u00e1n ser titulares dos dereitos de propiedade intelectual sobre os traballos, proxectos, fotograf\u00edas e\/ou planos presentados, e\/ou contar con todos os dereitos e\/ou facultades para o \u00a0uso, reproduci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e difusi\u00f3n dos mesmos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os participantes fanse responsables da documentaci\u00f3n facilitada, manifestando que a mesma non infrinxe dereitos de propiedade intelectual nin de imaxe de terceiras persoas, nin calquera outro dereito de terceiros e, as\u00ed mesmo, exoneran ao COAG de calquera responsabilidade respecto diso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por tanto, o participante responder\u00e1 directamente ante calquera reclamaci\u00f3n, queixa ou demanda de terceiros con relaci\u00f3n \u00e1 vulneraci\u00f3n ou infracci\u00f3n dos posibles dereitos que puidesen derivarse da \u00a0documentaci\u00f3n entregada ou como consecuencia da presentaci\u00f3n da mesma \u00e1 presente convocatoria mantendo indemne ao COAG.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Publicaci\u00f3n e difusi\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os autores das obras ou proxectos participantes autorizan ao COAG e ao CSCAE para o uso, distribuci\u00f3n, comunicaci\u00f3n p\u00fablica, exhibici\u00f3n, \u00a0reproduci\u00f3n, publicaci\u00f3n e difusi\u00f3n por calquera medio, conxunta ou individualmente, das candidaturas presentadas e toda a documentaci\u00f3n e imaxes que a integran, podendo, en consecuencia, aparecer en calquera tipo de soporte, editado, impreso ou dixital, vinculado co COAG e a difusi\u00f3n das s\u00faas actividades, inclu\u00eddo Internet, e cedendo ao COAG todos os dereitos de explotaci\u00f3n da propiedade intelectual que das publicaci\u00f3ns resultantes puidesen xerarse, sen limitaci\u00f3ns de tipo territorial nin temporal e sen que os cedentes poidan reclamar contraprestaci\u00f3n algunha, nin dineraria nin de ningunha outra clase.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non se poder\u00e1n utilizar os traballos e documentaci\u00f3n presentados, salvo acordo e consentimento expreso dos seus autores, para outros fins distintos aos vinculados \u00e1 publicidade e difusi\u00f3n das actividades do COAG.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Informaci\u00f3n sobre tratamento de datos persoais<\/strong>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza Quintana, 1, 2\u00ba, 15704 Santiago de Compostela, \u00e9 a entidade responsable do tratamento dos datos de car\u00e1cter persoal consignados na s\u00faa solicitude de participaci\u00f3n e na documentaci\u00f3n que acompa\u00f1e, as\u00ed como dos que sexan xerados a consecuencia da s\u00faa participaci\u00f3n no proceso de selecci\u00f3n de propostas aos Premios Mies van der Rohe 2022<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COAG ten designado un Delegado de Protecci\u00f3n de Datos co que pode p\u00f3rse en contacto a trav\u00e9s da la direcci\u00f3n de correo electr\u00f3nico <a href=\"mailto:dpd@coag.es\">dpd@coag.es<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COAG tratar\u00e1 os seus datos para o cumprimento das funci\u00f3ns e obrigas que ten legalmente asignadas, e, en particular, para a xesti\u00f3n, tramitaci\u00f3n e publicidade do proceso de selecci\u00f3n de propostas aos Premios Mies van der Rohe 2022<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os datos solicitados no formulario de participaci\u00f3n e a documentaci\u00f3n solicitada resultan necesarios para a comprobaci\u00f3n do cumprimento dos requisitos de participaci\u00f3n e a valoraci\u00f3n da s\u00faa candidatura polo xurado, si o interesado non facilita estes datos, poder\u00eda ver rexeitada a s\u00faa solicitude de participaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En canto aos datos de terceiras persoas que o participante poda proporcionar na documentaci\u00f3n que aporte, ser\u00e1 obriga do participante informar debidamente \u00f3s terceiros, de acordo coa normativa sobre protecci\u00f3n de datos, da comunicaci\u00f3n dos seus datos \u00f3 COAG a estes efectos, e, no seu caso, recabalo seu consentimento expl\u00edcito para tal tratamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A base legal para o tratamento dos seus datos como participante no proceso de selecci\u00f3n \u00e9 o seu consentimento, ademais, para o cumprimento das funci\u00f3ns e obrigas legalmente impostas \u00f3 COAG poden realizarse tratamentos lexitimados pola lei, entre outras, nas seguintes normas:<\/p>\n<ul style=\"margin-bottom: 0cm; margin-top: 0cm; text-align: justify;\" type=\"disc\">\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Ley 2\/1974, de 13 de febrero, sobre Colegios Profesionales<\/li>\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Real Decreto 129\/2018, de 16 de marzo, por el que se aprueban los Estatutos Generales de los Colegios de Arquitectos y de su Consejo Superior.<\/li>\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia<\/li>\n<li style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">Ley 19\/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la informaci\u00f3n p\u00fablica y buen gobierno.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os datos que proporcione o participante comunicaranse aos membros da comisi\u00f3n de cultura colexial, a outros participantes no certame e \u00f3s colexiados, as\u00ed mesmo, os datos da candidatura comunicaranse \u00f3 p\u00fablico mediante a s\u00faa publicaci\u00f3n na Internet, no sitio web do COAG, e a trav\u00e9s da s\u00faa posible difusi\u00f3n polos medios de comunicaci\u00f3n. Os datos ser\u00e1n comunicados o CSCAE para a selecci\u00f3n das obras, e, no caso de ser seleccionadas, \u00e1 Fundaci\u00f3n Mies van der Rohe-Barcelona. Os datos tam\u00e9n poder\u00edan comunicarse en cumprimento das obrigas legais do COAG, en particular, as relativas a transparencia e bo goberno.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, inf\u00f3rmase de que o COAG recorre a terceiros para a prestaci\u00f3n de servizos que implican o tratamento de datos por conta de aquel, polo que, como encargados do tratamento, estes terceiros poder\u00e1n ter acceso \u00f3s datos. Entre eles, a prestaci\u00f3n de determinados servizos de comunicaci\u00f3ns electr\u00f3nicas e servizos TIC son proporcionados por determinados encargados do tratamento (INTELLIGENCE PARTNER, S.L (Google), The Rocket Science Group LLC d\/b\/a MailChimp) que implica ou pode implicar a transferencia dos seus datos persoais a terceiros pa\u00edses que ofreceron garant\u00edas adecuadas, mediante alg\u00fan dos instrumentos establecidos no Regulamento Xeral de Protecci\u00f3n de Datos; se desexa co\u00f1ecer cales son estas garant\u00edas, pode dirixirse \u00e1 direcci\u00f3n de correo electr\u00f3nico: secretaria@colexiodearquitectos.org .<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os datos conservaranse mentres sexan necesarios para a xesti\u00f3n do certame e a s\u00faa difusi\u00f3n, e posteriormente para a s\u00faa publicidade e para dar cumprimento as obrigas de arquivo o rexistro p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Calquera persoa ten dereito a obter confirmaci\u00f3n sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA est\u00e1 tratando datos persoais que o concirnan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As persoas interesadas te\u00f1en dereito a acceder \u00f3s seus datos persoais, as\u00ed como a solicitar a rectificaci\u00f3n dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a s\u00faa supresi\u00f3n cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fines para os que foron recollidos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En determinadas circunstancias, os interesados poder\u00e1n solicitar a limitaci\u00f3n do tratamento dos seus datos, en tal caso unicamente se conservar\u00e1n para o exercicio ou a defensa de reclamaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa s\u00faa situaci\u00f3n particular, os interesados poder\u00e1n oporse \u00f3 tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixar\u00e1 de tratar os datos, salvo por motivos lex\u00edtimos como o cumprimento das funci\u00f3ns ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O interesado poder\u00e1 exercitar estes dereitos dirix\u00edndose \u00e1 direcci\u00f3n de correo electr\u00f3nico: secretaria@colexiodearquitectos.org<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No caso de que o interesado estime que non se est\u00e1 a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamaci\u00f3n ante o Delegado de Protecci\u00f3n de Datos designado (dpd@coag.es) ou ante a Agencia Espa\u00f1ola de Protecci\u00f3n de Datos (www.aepd.es).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Aceptaci\u00f3n das bases.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A participaci\u00f3n na presente convocatoria sup\u00f3n a aceptaci\u00f3n da s\u00faas bases.<\/p>\n<p style=\"line-height: 107%; font-size: 15px; font-family: 'Calibri',sans-serif; text-align: justify; margin: 0cm 0cm 8.0pt 0cm;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde o Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de Espa\u00f1a (CSCAE) nos informan de que a Fundaci\u00f3n Mies van der Rohe-Barcelona abre o prazo para a presentaci\u00f3n de candidaturas do PREMIO DE ARQUITECTURA CONTEMPOR\u00c1NEA DE LA UNI\u00d3N EUROPEA &#8211; PREMIO MIES VAN DER ROHE 2022, e invitar formalmente ao CSCAE a colaborar no proceso mediante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":35633,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[1000],"tags":[],"class_list":["post-37447","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-premios-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37447","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37447"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37447\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35633"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37447"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37447"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37447"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}