{"id":36549,"date":"2021-10-20T12:23:12","date_gmt":"2021-10-20T10:23:12","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/convocatoria-arquitecto-a-colaborador-a-das-actividades-culturais-da-delegacion-de-vigo\/"},"modified":"2022-02-17T12:11:40","modified_gmt":"2022-02-17T11:11:40","slug":"convocatoria-arquitecto-a-colaborador-a-das-actividades-culturais-da-delegacion-de-vigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/cultura-es\/convocatoria-arquitecto-a-colaborador-a-das-actividades-culturais-da-delegacion-de-vigo\/","title":{"rendered":"Convocatoria arquitecto\/a colaborador\/a das actividades culturais da Delegaci\u00f3n de Vigo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Convocatoria para a selecci\u00f3n de COLEXIADO\/A COLABORADOR\/A para dar apoio nas acci\u00f3ns culturais que se celebren na delegaci\u00f3n de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizadas pola s\u00faa Xunta Directiva.<!--more--><\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">OBXECTO DA COLABORACI\u00d3N<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COLABORADOR contar\u00e1 co apoio da organizaci\u00f3n colexial e desenvolver\u00e1 as seguintes funci\u00f3ns:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">1. En relaci\u00f3n \u00e1 planificaci\u00f3n dos eventos:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">a. Comprobar a dispo\u00f1ibilidade das salas para as datas programadas e a s\u00faa adecuaci\u00f3n para cada evento.<br \/>\nb. Incorporaci\u00f3n de cada un dos eventos no calendario correspondente.<br \/>\nc. Redacci\u00f3n da informaci\u00f3n sobre os eventos para s\u00faa difusi\u00f3n entre os colexiados a trav\u00e9s de web, correos electr\u00f3nicos e redes sociais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">2. En relaci\u00f3n ao desenvolvemento dos eventos:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">a. En canto \u00e1 xesti\u00f3n das salas para realizar eventos:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 80px;\">i. No caso de que se realicen en espazos da delegaci\u00f3n de Vigo, encargarase de abrir e pechar as salas coa antelaci\u00f3n suficiente.<br \/>\nii. No caso de que se celebren en salas externas, xestionar a dispo\u00f1ibilidade e requisitos das mesmas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">b. Verificar que as salas dispo\u00f1en do equipamento necesario e que se atopa en boas condici\u00f3ns de funcionamento. En caso contrario, deber\u00e1n informar con antelaci\u00f3n suficiente para que poida emendarse.<br \/>\nc. Controlar a asistencia: a trav\u00e9s do procedemento de firmas establecido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O\/a seleccionado\/a recibir\u00e1 como <strong>beneficio<\/strong>:<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li style=\"list-style-type: none;\">\n<ul>\n<li>Acceso gratu\u00edto a calquera actividade formativa organizada polo COAG no periodo de colaboraci\u00f3n coas seguinte condici\u00f3ns:\n<ul>\n<li>A actividade formativa non poder\u00e1 superar as 80 horas, en caso de superar dito l\u00edmite, o\/a colaborador\/a deber\u00e1 abonar o importe que corresponda da matr\u00edcula.<\/li>\n<li>Cando a actividade non interfira na prestaci\u00f3n do obxecto da colaboraci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li>Subscrici\u00f3n gratu\u00edta de todos os servizo voluntarios adicionais \u00e1 cota b\u00e1sica, durante o tempo que dure a colaboraci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">CONDICI\u00d3NS DA COLABORACI\u00d3N<\/h4>\n<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\">O\/A ARQUITECTO\/A COLABORADOR\/A comprom\u00e9tese a realizar as tarefas descritas anteriormente en todas as actividades culturais que se celebren na delegaci\u00f3n de Vigo organizadas pola s\u00faa Xunta Directiva.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A Xunta Directiva de Vigo ser\u00e1 o \u00f3rgano encargado de organizar e coordinar a actividade do arquitecto colaborador traslad\u00e1ndolle as indicaci\u00f3ns oportunas a tal efecto.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A Xunta Directiva de Vigo facilitar\u00e1 ao\/\u00e1 arquitecto\/a colaborador\/a os materiais, a documentaci\u00f3n e informaci\u00f3n que puideran ser necesarios para tal fin.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">O\/a arquitecto\/a colaborador\/a non poder\u00e1 delegar o exercicio das funci\u00f3ns asignadas, salvo autorizaci\u00f3n expresa da Xunta Directiva de Vigo.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A realizaci\u00f3n das tarefas pode implicar e facer necesario o acceso autorizado a datos de car\u00e1cter persoal e outra informaci\u00f3n confidencial que xere deber de gardar segredo e consignaranse documentalmente os deberes e as obrigas legais que colaborador te\u00f1a, no seu caso, como encargado do tratamento as\u00ed como o seu compromiso de confidencialidade.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A colaboraci\u00f3n prolongarase dende o momento da selecci\u00f3n ata o 31 de xullo de 2022.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">O COAG, por acordo da Xunta de Goberno ou da persoa ou organismo en quen delegue poder\u00e1 cancelar a colaboraci\u00f3n en calquera momento, se non se cumpren as condici\u00f3ns da colaboraci\u00f3n.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Unha vez rematado o per\u00edodo de colaboraci\u00f3n, o\/a arquitecto\/a colaborador\/a deber\u00e1 proceder \u00e1 devoluci\u00f3n daquela documentaci\u00f3n ou materiais facilitados ao efecto.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">En caso de cancelaci\u00f3n anticipada da colaboraci\u00f3n por solicitude do arquitecto\/a colaborador\/a ou polo COAG motivada no incumprimento das tarefas e condici\u00f3ns da colaboraci\u00f3n, regularizaranse as contraprestaci\u00f3ns recibidas da seguinte forma:\n<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\">No que respecta aos servizos voluntarios da cota colexial, perderase a gratuidade dos trimestres que resten ata a finalizaci\u00f3n da colaboraci\u00f3n.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">No que respecta \u00e1s activades formativas, perderase a gratuidade das actividades formativas do per\u00edodo restante e, se no momento da cancelaci\u00f3n estase desenvolvendo algunha actividade formativa, valorarase de xeito espec\u00edfico.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">PROCESO DE SELECCI\u00d3N: SORTEO E ENTREVISTA PERSOAL<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">Sorteo<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha vez rematada a inscrici\u00f3n no prazo que se indica, realizarase un sorteo para seleccionar 3 candidatos que pasar\u00e1n \u00e1 fase de entrevista persoal, conforme ao procedemento colexial aplicado en supostos similares. Estes 3 candidatos ser\u00e1n seleccionados por sorteo entre os colexiados que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concorrer a esta convocatoria e cumprir os requisitos indicados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O sorteo realizarase cunha aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica que utiliza o algoritmo \u00abFisher\u2013 Yates\u00bb, o cal xera unha permutaci\u00f3n aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con car\u00e1cter previo o COAG comprobar\u00e1 o cumprimento dos requisitos para a inscrici\u00f3n.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">Entrevista persoal<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os\/as 3 candidatos\/as resultantes por sorteo para optar \u00e1 praza, ser\u00e1n convocados de xeito individual para realizar unha entrevista persoal que ter\u00e1 lugar nos dez d\u00edas seguintes \u00e1 realizaci\u00f3n do sorteo. A data e hora da entrevista acordarase persoalmente cos\/as seleccionados\/as.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As entrevistas ser\u00e1n realizadas pola Xunta Directiva da Delegaci\u00f3n de Vigo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Xunta Directiva poder\u00e1 reunirse, a estes efectos, presencialmente ou en sesi\u00f3n telem\u00e1tica, en funci\u00f3n do que se considere oportuno segundo as condici\u00f3ns sanitarias do momento. Existir\u00e1 qu\u00f3rum para adoptar acordos sempre e cando estean presentes dous dos seus membros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na entrevista aclararanse cos candidatos t\u00f3dalas posibles d\u00fabidas relacionadas co alcance das tarefas a desenvolver polo candidato para poder confirmar a s\u00faa dispo\u00f1ibilidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, na entrevista valoraranse as seguintes cuesti\u00f3ns:<\/p>\n<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\">Residencia no \u00e1mbito da delegaci\u00f3n de Vigo.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A dispo\u00f1ibilidade para realizar as tarefas da colaboraci\u00f3n obxecto da convocatoria.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Habilidades de comunicaci\u00f3n, capacidade para traballar en equipo, as\u00ed como unha actitude colaboradora e resolutiva. Ademais, teranse en conta co\u00f1ecementos de inform\u00e1tica e montaxe de equipos inform\u00e1ticos, as\u00ed como a experiencia en xesti\u00f3n de actividades culturais.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os\/as demais candidatos\/as entrevistados\/as pasaran a formar un listado de suplentes, ordenados de maior a menor puntuaci\u00f3n de xeito que, en caso necesario, poida contactarse con eles\/as pola orde de prelaci\u00f3n indicado. En caso necesario, convocarase aos\/as colexiados\/as inscritos\/as na convocatoria, segundo a orde resultante no sorteo.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">INSCRICI\u00d3N: REQUISITOS, FORMA E PRAZO<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Poder\u00e1n inscribirse na convocatoria todos os\/as arquitectos\/as colexiados\/as na Delegaci\u00f3n de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados e ao corrente das s\u00faas obrigas colexiais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A inscrici\u00f3n nesta convocatoria implica o co\u00f1ecemento e aceptaci\u00f3n das bases da Inconvocatoria, as\u00ed como as indicaci\u00f3ns recollidas no formulario de inscrici\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os interesados en participar na convocatoria deber\u00e1n aportar unha carta dirixida aos membros da Xunta Directiva da Delegaci\u00f3n de Vigo expo\u00f1endo os motivos do seu interese.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"font-family: Arial, serif;\"><span lang=\"gl-ES\">A inscrici\u00f3n deber\u00e1 realizarse a trav\u00e9s do\u00a0<\/span><\/span><span lang=\"gl-ES\">seguinte<\/span><span lang=\"gl-ES\">\u00a0<\/span><a href=\"https:\/\/form.jotform.com\/212312277566960\"><span lang=\"gl-ES\"><b>FORMULARIO<\/b><\/span><\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O prazo de inscrici\u00f3n e aportaci\u00f3n de documentaci\u00f3n acreditativa (carta motivada) <strong>rematar\u00e1 \u00e1s 13:00 horas do xoves 4 de novembro de 2021.<\/strong><\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">INFORMACI\u00d3N SOBRE TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza da Quintana, 1, 2\u00ba, 15704 Santiago de Compostela, \u00e9 a entidade responsable do tratamento dos datos de car\u00e1cter persoal consignados na s\u00faa solicitude de participaci\u00f3n e na documentaci\u00f3n que acompa\u00f1e, as\u00ed como dos que sexan xerados a consecuencia da s\u00faa participaci\u00f3n no proceso de selecci\u00f3n. A finalidade do tratamento \u00e9 a xesti\u00f3n do proceso de selecci\u00f3n e contrataci\u00f3n, e a publicidade do mesmo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os datos solicitados a trav\u00e9s do formulario de inscrici\u00f3n no proceso de selecci\u00f3n resultan necesarios para a comprobaci\u00f3n do cumprimento dos requisitos da convocatoria, as\u00ed como a s\u00faa acreditaci\u00f3n mediante a documentaci\u00f3n oportuna, se o interesado non facilita estes datos poder\u00eda ver rexeitada a s\u00faa solicitude de participaci\u00f3n no proceso selectivo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A base de lexitimaci\u00f3n do tratamento \u00e9 a petici\u00f3n do participante no proceso de selecci\u00f3n, como medida precontractual, e o seu consentimento expl\u00edcito para a publicidade da avaliaci\u00f3n obtida a trav\u00e9s da zona privada do portal web do COAG.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, se lle informa de que o COAG recorre a servizos de terceiros para la realizaci\u00f3n servizos que implican el tratamento de datos por conta de aquel, por lo que, como encargados del tratamento, estes terceiros poder\u00e1n ter aceso \u00f3s seus datos nos seguintes casos: Asesoramento xur\u00eddico, Provisi\u00f3n de ferramentas ou tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n (comunicaci\u00f3ns electr\u00f3nicas e formularios, aloxamento de servidores, provisi\u00f3n y mantemento de software).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A prestaci\u00f3n de determinados servizos de comunicaci\u00f3ns electr\u00f3nicas e servizos TIC son proporcionados por determinados encargados do tratamento (INTELLIGENCE PARTNER, S.L (Google), The Rocket Science Group LLC d\/b\/a MailChimp) que implica ou pode implicar a transferencia dos seus datos persoais a terceiros pa\u00edses que te\u00f1an ofrecido garant\u00edas adecuadas, mediante la autorizaci\u00f3n de la AEPD y\/o la adscrici\u00f3n \u00f3 marco de Privacy Shield que garante que os interesados conten con dereitos esixibles e acci\u00f3ns legais efectivas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os datos conservaranse mentres se realice o proceso selectivo polo COAG e posteriormente, durante o prazo de exercicio de acci\u00f3ns legais o xudiciais derivadas de la citada relaci\u00f3n e para dar cumprimento as obrigas de arquivo o rexistro do COAG.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Calquera persoa ten dereito a obter confirmaci\u00f3n sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA est\u00e1 a tratar datos persoais que lle concirnan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As persoas interesadas te\u00f1en dereito a acceder a os seus datos persoais, as\u00ed como a solicitar a rectificaci\u00f3n dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresi\u00f3n cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para los fines para os que foron recollidos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En determinadas circunstancias, os interesados poder\u00e1n solicitar a limitaci\u00f3n do tratamento dos seus datos, neste caso, unicamente se conservar\u00e1n para o exercicio ou a defensa de reclamaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa s\u00faa situaci\u00f3n particular, os interesados poder\u00e1n oporse \u00f3 tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixar\u00e1 de trata-los datos, salvo por motivos lex\u00edtimos como o cumprimento de funci\u00f3ns ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio o la defensa de posibles reclamaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COAG ten designado un Delegado de Protecci\u00f3n de Datos co que pode p\u00f3rse en contacto a trav\u00e9s da direcci\u00f3n de correo electr\u00f3nico dpd@coag.es<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No caso de que o interesado estime que non se est\u00e1 a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamaci\u00f3n ante o Delegado de Protecci\u00f3n de Datos designado polo COAG ou ante a Axencia Espa\u00f1ola de Protecci\u00f3n de Datos (www.aepd.es).<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">CONSULTAS<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">As consultas sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte<span style=\"font-family: Arial, serif;\"><span style=\"font-size: small;\"><span lang=\"gl-ES\">\u00a0<\/span><\/span><\/span><a href=\"http:\/\/www.coag.es\/profesion\/atenciontelematica\/default.aspx?tipoconsulta=outro\"><span style=\"color: #0000ff;\"><span style=\"font-family: Arial, serif;\"><span style=\"font-size: small;\"><span lang=\"gl-ES\"><u>ENLACE<\/u><\/span><\/span><\/span><\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Convocatoria para a selecci\u00f3n de COLEXIADO\/A COLABORADOR\/A para dar apoio nas acci\u00f3ns culturais que se celebren na delegaci\u00f3n de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizadas pola s\u00faa Xunta Directiva.<\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":35987,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[1016,973,982],"tags":[],"class_list":["post-36549","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-coag-es","category-cultura-es","category-delegacion-vigo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36549","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=36549"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36549\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":42898,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36549\/revisions\/42898"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35987"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=36549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=36549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=36549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}