{"id":269782,"date":"2026-05-12T09:25:03","date_gmt":"2026-05-12T07:25:03","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/noticias-es-2\/fallo-do-concurso-para-a-construcion-do-novo-parque-deportivo-inclusivo-porto-do-molle-no-concello-de-nigran-pontevedra-apertura-de-sobre-no-1\/"},"modified":"2026-08-14T13:22:26","modified_gmt":"2026-08-14T11:22:26","slug":"fallo-do-concurso-para-a-construcion-do-novo-parque-deportivo-inclusivo-porto-do-molle-no-concello-de-nigran-pontevedra-apertura-de-sobre-no-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/concursos-es\/fallo-do-concurso-para-a-construcion-do-novo-parque-deportivo-inclusivo-porto-do-molle-no-concello-de-nigran-pontevedra-apertura-de-sobre-no-1\/","title":{"rendered":"Fallo do Concurso para a construci\u00f3n do novo \u201cParque Deportivo Inclusivo Porto do Molle\u201d no concello de Nigr\u00e1n (Pontevedra) &#8211; Apertura de sobre n\u00ba 1"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Publicado na Plataforma de Contrataci\u00f3n do Sector P\u00fablico, con data 11 de maio, o fallo do xurado deste Concurso, no que sa\u00edu premiada a proposta \u00abXEITO 8\u00bb, dos arquitectos Rodrigo Mart\u00ednez Garc\u00eda e Arturo Mendui\u00f1a Hern\u00e1ndez da sociedade Baile Mendui\u00f1a, S.L.P.<!--more--><\/p>\n<p>As\u00ed, as propostas ga\u00f1adoras foron:<\/p>\n<table style=\"border-style: solid; width: 100.075%; border: 1px solid gray; height: 364px;\" width=\"100%\" cellpadding=\"0.5em\">\n<tbody style=\"padding: 0.5em;\">\n<tr style=\"padding: 0.5em;\">\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 30%; border: 1px solid gray;\"><strong>PREMIO<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 20%; border: 1px solid gray;\"><strong>LEMA<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 50%; border: 1px solid gray;\"><strong>IDENTIDADE E EQUIPO<\/strong><\/td>\n<\/tr>\n<tr style=\"padding: 0.5em;\">\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 30%; border: 1px solid gray;\"><strong>Primeiro Premio<\/strong><br \/>\n<strong>(12.100 \u20ac IVE inclu\u00eddo, con car\u00e1cter de pagamento a conta dos honorarios do contrato de servizos)<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 20%; border: 1px solid gray;\"><strong>XEITO 8<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 50%; border: 1px solid gray;\"><strong>Autor:<\/strong> Rodrigo Mart\u00ednez Garc\u00eda.<br \/>\n<strong>Autor:<\/strong> Arturo Mendui\u00f1a Hern\u00e1ndez.<br \/>\n<strong>Sociedade:<\/strong> BAILE MENDUI\u00d1A, SLP.<\/td>\n<\/tr>\n<tr style=\"padding: 0.5em;\">\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 30%; border: 1px solid gray;\"><strong>Segundo Premio<\/strong><br \/>\n<strong>(7.500 \u20ac IVE inclu\u00eddo)<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 20%; border: 1px solid gray;\"><strong>NA1846<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 50%; border: 1px solid gray;\"><strong>Autor: <\/strong>Antonio \u00c1lvarez-Cienfuegos Rubio.<br \/>\n<strong>Sociedade:<\/strong> Estudio arquitectura HAGO, S.L.<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 30%; border: 1px solid gray;\"><strong>Terceiro Premio<\/strong><br \/>\n<strong>(5.000 \u20ac IVE inclu\u00eddo)<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 20%; border: 1px solid gray;\"><strong>BATEA DO BOSQUE<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 50%; border: 1px solid gray;\"><strong>Autora:<\/strong> Mar\u00eda Vittoria Tesei.<br \/>\n<strong>Autor:<\/strong> Flavio Martella.<br \/>\n<strong>Sociedade:<\/strong> MOCA estudio arquitectos, S.L.P.<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 30%; border: 1px solid gray;\"><strong>Primeiro acc\u00e9sit<\/strong><br \/>\n<strong>(2.500 \u20ac IVE inclu\u00eddo)<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 20%; border: 1px solid gray;\"><strong>ACU3DUTO<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 50%; border: 1px solid gray;\"><strong>Autor:<\/strong> Ignacio Senra Fern\u00e1ndez-Miranda.<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 30%; border: 1px solid gray;\"><strong>Segundo acc\u00e9sit<\/strong><br \/>\n<strong>(2.500 \u20ac IVE inclu\u00eddo)<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 20%; border: 1px solid gray;\"><strong>NLTH3<\/strong><\/td>\n<td style=\"padding: 0.5em; width: 50%; border: 1px solid gray;\"><strong>Autor:<\/strong> Pablo Otero S\u00e1nchez.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<hr \/>\n<h4><strong>PRIMEIRO PREMIO: XEITO 8<\/strong><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Est\u00e9tica contundente e a unha intelixencia proxectual que ofrece unha resposta equilibrada ao programa e intervenci\u00f3n obxecto do concurso. O anteproxecto def\u00ednese mediante un volume rotundo que concentra a maior parte do programa baixo unha gran cuberta inclinada a catro augas con acabado de pizarra negra, material altamente sostible, que evoca a tradici\u00f3n construtiva da Galicia m\u00e1is atl\u00e1ntica. Malia a s\u00faa aparente tectonicidade e peso, a cuberta amosa unha sorprendente levedade ao parecer flotar mediante amplos voos sustentados unicamente por oito piares circulares, xesto que lle outorga unha elegancia formal \u00fanica e unha imaxe de gran potencia ic\u00f3nica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Espazo multifuncional de car\u00e1cter semiaberto, destaca pola s\u00faa capacidade para protexer gran parte dos usos simultaneamene baixo cuberto, sen sacrificar a conexi\u00f3n directa coa contorna. A estratexia de implantaci\u00f3n, baseada nunha escavaci\u00f3n controlada, permite resolver a accesibilidade total de forma natural e flu\u00edda, sen necesidade de elementos mec\u00e1nicos de comunicaci\u00f3n vertical.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A nivel t\u00e9cnico, sobresae a aposta pola eficiencia, integrando con acerto o tratamento e reutilizaci\u00f3n das augas pluviais, a ventilaci\u00f3n natural e a autosuficiencia enerx\u00e9tica do conxunto. No seu interior, a proposta mant\u00e9n o rigor e o coidado presente no seu exterior, definindo uns espazos elegantes e sobrios que consolidan este equipamento como unha referencia de arquitectura de alta sensibilidade e eficiencia.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-268371\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/Xeito_01.png\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"484\" \/><br \/>\nPANEL: <a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/1_XEITO-8.pdf\">XEITO 8 &#8211; PANEL<\/a><\/p>\n<hr \/>\n<h4><strong>SEGUNDO PREMIO: NA1846<\/strong><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Destaca pola s\u00faa extraordinaria capacidade de mimetizaci\u00f3n e integraci\u00f3n paisax\u00edstica, definindo unha estratexia de intervenci\u00f3n que aposta polo silencio visual e a contenci\u00f3n formal. A proposta sit\u00faa a pista principal nun nivel deprimido respecto \u00e1 cota de acceso, unha decisi\u00f3n de proxecto que permite estender unha cuberta axardinada en continuidade coa propia pista, garantindo as\u00ed que a visi\u00f3n dos corredores permaneza totalmente despexada e libre de obst\u00e1culos arquitect\u00f3nicos. Esta configuraci\u00f3n soterrada non s\u00f3 minimiza o impacto visual da peza desde o exterior, fac\u00e9ndoa case imperceptible na contorna fluvial, sen\u00f3n que logra crear un microclima singular no seu interior. A intervenci\u00f3n compl\u00e9tase cun rigoroso e interesant\u00edsimo estudo de especies vexetais que aspiran a transformar o recinto nun aut\u00e9ntico reduto de biodiversidade, aportando un valor ecol\u00f3xico que transcende ao uso deportivo. Fronte a outras soluci\u00f3ns semiabertas, NA1846 opta por unha estructura limpa e sinxela que define un espazo pechado de calidade, onde a arquitectura renuncia ao protagonismo para converterse en xeograf\u00eda, consolidando un \u00e1gora como espazo deportivo e de lecer que se percibe como un baleiro esculpido no propio terreo.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-268388\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/NA1846.png\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"611\" \/><br \/>\nPANEL: <a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2_NA1846.pdf\">NA1846 &#8211; PANEL<\/a><\/p>\n<hr \/>\n<h4><strong>TERCEIRO PREMIO: BATEA DO BOSQUE<\/strong><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Destaca pola s\u00faa potencia formal, ao trasladar un elemento da paisaxe mari\u00f1eira galega \u00e1 contorna fluvial a trav\u00e9s dunha linguaxe arquitect\u00f3nica contempor\u00e1nea. A reinterpretaci\u00f3n da \u00abbatea\u00bb non se queda no plano est\u00e9tico, sen\u00f3n que se converte nunha soluci\u00f3n t\u00e9cnica de gran atractivo, proporcionando unha cuberta de gran luz que dota de unidade e escala ao programa deportivo. O proxecto proporciona unha permeabilidade visual que protexe fronte \u00e1 climatolox\u00eda adversa sen renunciar \u00e1 sensaci\u00f3n de exterior, facilitando unha pr\u00e1ctica deportiva inclusiva en contacto directo coa natureza. Singularidade formal que garante o car\u00e1cter de edificio p\u00fablico reco\u00f1ecible, achegando unha calidade est\u00e9tica que dignifica o espazo deportivo. Arquitectura pasiva que procura a eficiencia enerx\u00e9tica, e con vocaci\u00f3n de significaci\u00f3n como unha referenza ic\u00f3nica do municipio.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-268386\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/Batea-do-bosque.png\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"515\" \/><br \/>\nPANEL: <a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/3_BATEA-DO-BOSQUE.pdf\">BATEA DO BOSQUE &#8211; PANEL<\/a><\/p>\n<hr \/>\n<h4><strong>PRIMEIRO ACC\u00c9SIT: ACU3DUTO<\/strong><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O proxecto destaca pola acertada sutura do paseo fluvial do R\u00edo Mui\u00f1os co espazo deportivo proxectado. A disoluci\u00f3n dos l\u00edmites entre recinto deportivo e a fronte fluvial, conformando unha continuidade de uso volcado \u00e1 natureza, outorgan un alto valor integrador \u00e1 proposta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sinxeleza construtiva, respectuosa resoluci\u00f3n do ciclo da auga, implementaci\u00f3n de superficiesdrenantes e vexetaci\u00f3n espec\u00edfica para unha proposta de excelente valor paisax\u00edstico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O desenvolvemento do programa no nivel de acceso o converten nunha actuaci\u00f3n altamente inclusiva e vers\u00e1til, que pode actuar como espazo mixto de lecer e deportivo, transcendendo a s\u00faa funci\u00f3n espec\u00edfica para converterse nunha plataforma de mediaci\u00f3n paisax\u00edstica que pon en valor a fronte de auga como activo p\u00fablico.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-268386\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/Acu3duto.png\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"515\" \/><br \/>\nPANEL: <a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/4_ACU3DUTO.pdf\">ACU3DUTO &#8211; PANEL<\/a><\/p>\n<hr \/>\n<h4><strong>SEGUNDO ACC\u00c9SIT: NLTH3<\/strong><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O xurado valora positivamente a calidade do dese\u00f1o plantexado. Espazo principal cuberto, con presenza no territorio e programa funcional dividido entre usos auxiliares e uso deportivo multifuncional. M\u00ednima intrusi\u00f3n no terreo, que reduce os movementos de terra e favorece a m\u00e1xima accesibilidade do complexo, con rampas e recorridos amables que invitan \u00e1 pr\u00e1ctica de deporte plenamente inclusivo, sen necesidade de instalaci\u00f3n de ascensor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sistema estrutural protagonista, que transmite lixereza e transparencia visual, luminosidade e di\u00e1logo coa natureza da contorna. O anel de atletismo int\u00e9grase creando un espazo p\u00fablico de deporte, convivenza e natureza, que transmite elegancia, sutileza e arquitectura de calidade.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-268386\" src=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/Nlth3.png\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"515\" \/><br \/>\nPANEL: <a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/5_NLTH3.pdf\">NLTH3 &#8211; PANEL<\/a><\/p>\n<hr \/>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.contratosdegalicia.gal\/licitacion?OP=50&amp;N=826503&amp;lang=gl#consulta-resolucion\">ENLACE PLATAFORMA DE CONTRATACI\u00d3N DEL ESTADO<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Publicado na Plataforma de Contrataci\u00f3n do Sector P\u00fablico, con data 11 de maio, o fallo do xurado deste Concurso, no que sa\u00edu premiada a proposta \u00abXEITO 8\u00bb, dos arquitectos Rodrigo Mart\u00ednez Garc\u00eda e Arturo Mendui\u00f1a Hern\u00e1ndez da sociedade Baile Mendui\u00f1a, S.L.P.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":269779,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[970,1088,1004],"tags":[],"class_list":["post-269782","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concursos-es","category-noticias-es-2","category-publicada-en-portada-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/269782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=269782"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/269782\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":271347,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/269782\/revisions\/271347"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/269779"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=269782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=269782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=269782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}