{"id":266507,"date":"2025-10-31T12:29:12","date_gmt":"2025-10-31T11:29:12","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/noticias-es-2\/comunicacion-do-coag-sobre-a-casa-benedicto\/"},"modified":"2025-10-31T14:12:11","modified_gmt":"2025-10-31T13:12:11","slug":"comunicacion-do-coag-sobre-a-casa-benedicto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/declaracions-es\/comunicacion-do-coag-sobre-a-casa-benedicto\/","title":{"rendered":"Comunicaci\u00f3n do COAG sobre a \u201cCasa Benedicto\u201d"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na s\u00faa sesi\u00f3n 21\/2025 de 16 de outubro acordou actualizar a s\u00faa posici\u00f3n con respecto \u00e1 conservaci\u00f3n da \u201cCasa Benedicto\u201d no Concello de Navia de Suarna, a trav\u00e9s dun escrito enviado a diversas administraci\u00f3ns (Asociaci\u00f3n Cultural Patrimonio Naviego, \u00e1 Deputaci\u00f3n de Lugo, ao Concello de Navia de Suarna e \u00e1 Direcci\u00f3n xeral de Patrimonio Cultural) en coherencia co <a href=\"https:\/\/portal.coag.es\/es\/coagactua-es\/declaracion-do-coag-para-salvar-do-derrubo-a-casa-benedicto-en-navia-de-suarna\/\">acordo xa adoptado na sesi\u00f3n 10\/2017 celebrada o 28 de setembro de 2017 en Santiago de Compostela<\/a>.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Colexio, consciente das novas informaci\u00f3ns sobre a intenci\u00f3n do Concello para proceder \u00e1 demolici\u00f3n do edificio coa finalidade de ampliar a praza principal da vila, manifesta a s\u00faa preocupaci\u00f3n ante esta posibilidade e solicita reconsiderar esta actuaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O COAG entende que existen alternativas m\u00e1is axeitadas, viables e sostibles que permitir\u00edan acadar os mesmos obxectivos de mellora urbana sen renunciar \u00e1 preservaci\u00f3n dun ben de significativo valor patrimonial e arquitect\u00f3nico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A memoria dos espazos est\u00e1 formada polos usos e costumes desenvolvidos no mesmo en base \u00e1s arquitecturas que o conforman. A \u201cdestruci\u00f3n\u201d dunha arquitectura singular e identitaria como \u201cCasa Benedicto\u201d impactar\u00eda de xeito substancial no patrimonio inmaterial e material de vila e polo tanto nun recurso tractor de desenvolvemento tur\u00edstico e cultural unicamente para ga\u00f1ar un espazo de uso rodado do que non existe un plan que xustifique unha necesidade obxectiva e real (en base a carga de tr\u00e1fico ou accesibilidade de veh\u00edculos de emerxencias). Neste sentido cabe recordar o obxectivo fundamental da Axenda Urbana Espa\u00f1ola no eido da rehabilitaci\u00f3n \u201c transformar os entornos urbanos en lugares m\u00e1is sostibles, inclusivos, resilientes e accesibles\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A historia dos nosos pobos est\u00e1 chea de elementos exentos e diferenciais que, por contra ao que se poida pensar, son os que dan car\u00e1cter \u00e1 paisaxe urbana, a s\u00faa supresi\u00f3n termina por descaracterizar e homoxeneizar as escena urbanas hist\u00f3ricas. Un exemplo cercano temporal e xeograficamente a acci\u00f3n \u201cLimpeza\u201d das arquitecturas encostadas na muralla de Lugo acometida ate 1973 polo mestre restaurador Pons Sorolla non ser\u00eda acometida e promovida nin sequera por el mesmo, pois o, en aparencia discordante dalgunhas arquitecturas diversas, son os obxectos que retratan os diferentes valores da secuencia dos tempos. O Colexio de Arquitectos de Galicia hoxe abunda na crenza de que a diversidade dos tecidos e o respecto pola singularidade de determinados bens \u00e9 unha sorte e non un peso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como xa se citou na declaraci\u00f3n anterior da Xunta de Goberno do COAG (2017), a Casa Benedicto representa unha singular mostra da arquitectura modernista nos Ancares, cunha presenza destacada no centro da vila e unha relaci\u00f3n harm\u00f3nica coa Ponte Vella e o Castelo, configurando un conxunto de gran valor paisax\u00edstico e hist\u00f3rico. A s\u00faa conservaci\u00f3n contribuir\u00eda \u00e1 identidade e atractivo do n\u00facleo hist\u00f3rico, reforzando o seu car\u00e1cter e autenticidade evitando como citamos unha homoxeneizaci\u00f3n con outras vilas que xa non te\u00f1en a oportunidade de voltar atr\u00e1s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non se trata de procurar usos forzados a estes edificios parte da nosa historia urbana, sen\u00f3n de desenvolver un uso axeitado \u00e1 s\u00faa escala mediante unha posta en valor sostible e inclusiva (punto de informaci\u00f3n tur\u00edstica, centro de interpretaci\u00f3n, local para colectivos sociais e culturais da vila&#8230;).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Navia de Suarna \u00e9 un concello de grande valor xeol\u00f3xico e hist\u00f3rico dentro da Reserva da Biosfera dos Ancares e do Espazo Natural Protexido Ancares-O Courel, reco\u00f1ecido pola UNESCO. \u00c1s normas e protocolos de protecci\u00f3n e regulaci\u00f3n deste espazo que afectan ao d\u00eda a d\u00eda da veci\u00f1anza (nos usos, ocupaci\u00f3n e actividade econ\u00f3mica no territorio) \u00e9 necesario que se acompa\u00f1e de pedagox\u00eda e boas pr\u00e1cticas por parte das administraci\u00f3ns p\u00fablicas sendo a pretensi\u00f3n de extinci\u00f3n desta arquitectura hist\u00f3rica o exemplo contrario da finalidade \u00faltima de preservar e protexer estes territorios de maneira integral (patrimonio natural e patrimonio cultural material e inmaterial) por parte das administraci\u00f3ns p\u00fablicas e da veci\u00f1anza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por outra banda, o Colexio de Arquitectos quere destacar a necesidade de que as estratexias de desenvolvemento e transformaci\u00f3n do espazo p\u00fablico das vilas e concellos de Espa\u00f1a deben estar ali\u00f1adas coas directrices europeas e estatais que contemplan os procesos participativos e de consulta como parte imprescindible de ditas estratexias (v\u00e9xase os PMUS, a Axenda Local 2030 ou a Axenda Urbana). A d\u00eda de hoxe non consta o pronunciamento e valoraci\u00f3n da veci\u00f1anza sobre a ampliaci\u00f3n da praza mediante a eliminaci\u00f3n dunha construci\u00f3n hist\u00f3rica e cultural.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pon \u00e1 disposici\u00f3n do Concello e das administraci\u00f3ns competentes a s\u00faa colaboraci\u00f3n t\u00e9cnica e institucional para explorar soluci\u00f3ns alternativas, eficientes e quen ofrezan soluci\u00f3ns a problem\u00e1tica real dese espazo (necesidade de humanizaci\u00f3n accesible e sostible) que compatibilicen a mellora urbana coa conservaci\u00f3n dos elementos arquitect\u00f3nicos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con esta comunicaci\u00f3n, a Xunta de Goberno do COAG renova o seu compromiso coa defensa dos valores arquitect\u00f3nicos e culturais de Galicia, e solicita \u00e1s administraci\u00f3ns implicadas o seu apoio e sensibilidade para garantir a protecci\u00f3n e posta en valor deste ben singular.<\/p>\n<p>A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na s\u00faa sesi\u00f3n 21\/2025 de 16 de outubro acordou actualizar a s\u00faa posici\u00f3n con respecto \u00e1 conservaci\u00f3n da \u201cCasa Benedicto\u201d no Concello de Navia de Suarna, a trav\u00e9s dun escrito enviado a diversas administraci\u00f3ns (Asociaci\u00f3n Cultural Patrimonio Naviego, \u00e1 Deputaci\u00f3n de Lugo, ao Concello [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":266505,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[2171,1016,975,1004],"tags":[],"class_list":["post-266507","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidade-es","category-coag-es","category-declaracions-es","category-publicada-en-portada-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/266507","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=266507"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/266507\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":266511,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/266507\/revisions\/266511"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/266505"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=266507"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=266507"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=266507"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}